Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/9-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación Cesantes-O Carballiño.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 156 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. PSY 7.02 ata o C.T. existente do Carballiño, concello de Redondela.

Realizada a información pública e a notificación a cada un dos afectados, presenta alegacións o propietario do predio n. 8, dicindo que a liña pasa por un predio no que pensa edificar.

Trasladada a alegación a Unión Fenosa, S.A. esta contesta que a liña pasa pola esquina sur do seu predio, non impedindo edificar nela, sempre e cando se cumpran as distancias de seguridade establecidas, e que o propietario pode propoñer unha variación da liña acreditando a conformidade previa dos novos propietarios. Deuse traslado do escrito de Fenosa ó afectado, sen que este contestase no prazo concedido para iso.

Considerando que a liña non sobrevoa a parcela senón que a bordea e que a servidume que esixe non afecta á posible construcción, dada a distancia que debe manterse á vía pública.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 4 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra