Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/3-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Burgo.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 639 m de lonxitude, con conductor tipo PAS 50, sobre apoios de formigón, desde o apoio 11 da L.M.T. existente ó C.T. Piñeiro ata o C.T. que se proxecta no Burgo, concello da Cañiza. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.905 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presenta alegacións o propietario do predio n. 8/a, dicindo que no predio está prevista a construcción dunha nave, polo que suxire que a liña non afecte a esta futura construcción.

Trasladada a alegación a Unión Fenosa, S.A. esta contesta que a liña non impide edificar no predio, sempre e cando se cumpran as distancias de seguridade establecidas, e que o propietario pode propoñer unha variación da liña acreditando a conformidade previa dos novos propietarios. Deuse traslado do escrito de Fenosa ó afectado, sen que este contestase no prazo concedido para iso.

Considerando que a altura da liña no predio referenciado permitirá a construcción dunha nave cunha altura máxima de 7 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos

condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 4 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra