Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/13-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización,

declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Fraga-Seoane II.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 223 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 17 da L.M.T. ó C.T. encoro Zamáns ata o C.T. que se proxecta en Fraga-Seoane II, concello de Vigo. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar

posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 30 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 99/13-4 Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T. Fraga-Seoane IITermo municipal: Vigo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Campo da FonteMonte altoArmando Vila Vila

Apdo. Justo Vila Vila

Seoane-Valadares, 54

36315 Vigo

18288

3Campo da FonteMonte altoAuxilio Fernández CelesCño. Ramón dos Pinos-Beade, 22

36312 Vigo

28330

6Campo da FonteLabradíoElena Pérez VilaRibelas-Matamá, 7

36213 Vigo

550

8LagoMonte baixoSofia Vila VilaCño. Peniva-Valadares, 32

36315 Vigo

32400

12Campo da PortaPradoSofia Vila VilaCño. Peniba-Valadares, 32

36315 Vigo

15150

13Campo da PortaPradoRosa Pérez VilaEstr. Valadares, 380

36315 Vigo

31280