Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Real Aero Club de Vigo.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Real Aero Club de Vigo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-10-1999, subscrito en representación da parte económica, pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 16-9-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de outubro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para a empresa Real Aero Club de Vigo

Condicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará a partir da data da súa entrada en vigor as relacións laborais entre a empresa Real Aero Club de Vigo e os seus productores.

Artigo 2º.-Vixencia.

Sen prexuízo da entrada en vigor por aprobación da autoridade laboral e publicación no BOP, os seus efectos económicos comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 3º.-Duración e prórrogas.

A duración deste convenio será dun ano contado a partir da data da súa entrada en vigor, ata o 31 de decembro de 1999. Este convenio entenderase

denunciado para tódolos efectos a partir do 1 de outubro de 1999, data en que as partes se comprometen a inicia-las negociacións dun novo convenio. Se no transcurso deste ano 1999 se asinase un convenio de ámbito provincial no sector de espectáculos e deportes, a partir desta data sería necesaria unha nova nogociación.

Condicións laborais.

Artigo 4º.-Vacacións.

O persoal comprendido no presente convenio desfrutará dun período anual de vacacións de trinta días naturais.

Artigo 5º.-Días non recuperables.

Os días non recuperables considéranse como horas extras e deberán ser aboados nos meses que corresponda ó 175%. Terán esta mesma consideración os días 24 e 31 de decembro.

Artigo 6º.-Horario laboral.

O horario de traballo nas distintas seccións do club estenderase, con carácter xeral, desde as 8.30 da mañá ata as 12 da noite, de luns a venres, e 1.30 horas da madrugada os sábados. Dentro destas horas desenvolverase a xornada legal de 40 horas semanais por traballador. Para tal efecto e con referencia a cada unha das actividades que o club desenvolve, establécese o cadro horario específico para cada unha daquelas que se lle xunta a este convenio.

Artigo 7º

Os traballadores que presten os seus servicios en domingos terán dereito a desfrutar un domingo de cada tres.

Artigo 8º.-Uniformes.

A empresa dotará o persoal con uniforme completo, incluído calzado adecuado, cada dous anos. Ós traballadores que realicen o seu traballo no campo a empresa proveraos con roupa de abrigo e de auga.

Artigo 9º.-Vestiario e aseos.

A empresa porá ó servicio do persoal vestiarios e aseos dotados de armarios, ducha e demais accesorios propios destes servicios, nas instalacións de Peinador, así como no local da r/ Reconquista.

Artigo 10º.-Excedencias.

O persoal afectado por este convenio, que leve 2 anos ó servicio efectivo na empresa, terá dereito a solicita-la excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un mes nin superior a 5 anos, estando obrigada a empresa ó reingreso do excedente que o solicite, alomenos cun mes de antelación da terminación do tempo de excedencia, e non poderá volver á situación de excedencia voluntaria ata transcorridos dous anos da terminación da anterior, continuando no momento do reingreso ou reincorporación coa mesma antigüidade que tiña no momento de pasar á situación de excedencia. Ben entendido que a obrigatoriedade por conta da empresa de rein

corpora-lo excedente é inescusable, contratándose para estes supostos unha persoa que substitúa o excedente cun contrato da mesma duración da excedencia.

Artigo 11º.-Licencias.

O persoal terá dereito a que se lle conceda permiso, con percepción dos salarios correspondentes, nos seguintes casos e polo tempo que se expresa:

1. Catro días por falecemento do cónxuxe, pais, fillos e pais do cónxuxe.

2. Dous días por falecemento de irmáns, irmáns políticos, netos e avós.

3. Un día por voda de fillos ou irmáns.

4. Catro días por parto de esposa.

5. Vinte días por voda do interesado.

6. Dous días por enfermidade grave, internamento en centro hospitalario ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade. En desprazamentos fóra da provincia, dous días máis.

Artigo 12º.-Revisión médica.

A empresa efectuaralles ós seus traballadores unha revisión médica cada ano, sempre e cando esta veña solicitada a través do delegado de persoal.

Artigo 13º.-Comedores.

A empresa porá á disposición do persoal que teña que comer no centro de traballo un local adecuado.

Condicións económicas.

Artigo 14º.-Retribucións.

Na táboa salarial anexa sinálanse as retribucións correspondentes a cada categoría do persoal. As ditas retribucións serán consideradas como base do cálculo para tódolos efectos.

Artigo 15º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio consistirán en trienios do 10% para o primeiro e o 6% para o segundo, ata un máximo do 60%. O tanto por cento calcúlase sobre o salario base, sempre dentro dos límites que marca a lei.

Artigo 16º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio recibirá anualmente tres pagas extraordinarias, polo importe dunha mensualidade, que serán efectivas nos días 31 de marzo, 17 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 17º.-Incapacidade temporal.

Nos casos de enfermidade ou accidente que produza internamento en centro asistencial, a empresa aboaralles ós traballadores afectados unha cantidade que, engadida ás prestacións que aboa a Seguridade Social, complete o 100% do seu salario real, por incapacidade temporal. Tamén se aboará o dito 100% nos casos de incapacidade laboral en que a xunta directiva e os representantes laborais, logo dos oportunos asesoramentos, así o determinen.

Artigo 18º.-Nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade polos traballos realizados despois das 22 horas, con exclusión dos correspondentes ós serenos, nunha cantidade de 6.883/8.127 ptas. mensuais, que se farán constar na nómina dos traballadores afectados por aquela circunstancia. Este complemento incrementarase cada ano co tanto por cento acordado na táboa salarial.

Artigo 19º.-Manutención.

A empresa aboará por este concepto 26.922 ptas. mensuais. Esta cantidade incrementarase anualmente na mesma porcentaxe en que se incremente a táboa salarial.

Artigo 20.-Bolsas.

A empresa establece para axuda dos estudios dos fillos dos productores 2 bolsas anuais por un importe de 30.000 pesetas cada unha. Para tal efecto durante o mes de agosto de cada ano, os productores interesados presentarán documentación de méritos escolares do beneficiario para quen se solicite e indefectiblemente as notas obtidas no curso anterior. Para poder beneficiarse delas, as notas terán que acadar un nivel mínimo de aprobado.

Artigo 21º.-Premio de xubilación.

Chegada a idade de xubilación e no momento en que o traballador cese na empresa, percibirá un premio equivalente ó importe de dúas mensualidades do seu último salario en activo, no caso de que levase ó servicio efectivo dela máis de 5 anos e menos de 10. Este premio elevarase á cifra de tres mensualidades no suposto de que os anos ó servicio efectivo dela fosen 10.

Se o traballador falecese antes da súa xubilación cumprindo calquera dos prazos de servicio efectivo na empresa que sinala o parágrafo anterior, a indemnización será percibida polo seu cónxuxe, ou no seu defecto polos fillos ou ascendentes maiores de 70 anos. Nestes casos os importes de indemnización serán de tres mensualidades, se o servicio efectivo do traballador na empresa estivese comprendido entre os 5 e os 10 anos; de 6 mensualidades entre 10 e 15 anos; de 9 mensualidades entres os 15 e 20 anos e de 12 mensualidades de 20 en diante.

Artigo 22º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte para o persoal de campo nunha contía de 5.384 pesetas, que se aboarán mensualmente nos doce meses do ano. Este concepto incrementarase anualmente na mesma porcentaxe en que se incremente a táboa salarial.

Artigo 23º.-Bolsa de Nadal.

Os traballadores percibirán da empresa a bolsa de Nadal en decembro.

Disposicións derradeiras

Artigo 24º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto neste convenio haberá que aterse ó que dispón a regulamentación de traballo para os locais de espectáculos e deportes e demais de xeral aplicación.

Artigo 25º

Con idéntico termo de vixencia có convenio, queda constituída unha comisión paritaria co cometido específico de coñecer e pronunciarse sobre cantas cuestións de interpretación sobre o estipulado nel lle sexan formalmente sometidas. A comisión estará composta por dous membros; cada unha das partes designará un. Os ditos membros designados por cada parte deberán pertencer á comisión negociadora do convenio.

Os pronunciamentos da comisión non privarán do dereito ó uso das vías administrativas ou xurisdiccionais.

Artigo 26º

Este convenio está asinado polo delegado de persoal e polo secretario.

Polo delegado de persoalPola empresa

Táboa salarial 1999

Incremento 2,5%

Instructor de voo 124.544

Oficial de 3ª 93.706

Persoal administrativo

Xerente 120.129

Oficial de 1ª administrativo 102.998

Persoal campo

Xardineiro xefe 95.973

Xardineiro 90.131

Peón 90.131

Persoal subalterno

Conserxe 93.705

Sereno 90.131

Persoal limpeza 90.131

Master caddy 90.131

Persoal bar

Cociñeiro 90.131

Camareiro 90.131

Polo delegado de persoalPola empresa

Cadro horario

Sección camareiros Reconquista

Primeira quenda: de 3 a 10.

Segunda quenda: de 4 a 11.

Os descansos son alternos.

Sección conserxería

De 4 da tarde a 11 da noite.

Sección limpeza

Local Reconquista: de 8 a 12 e de 5 a 8 da tarde.

Peinador: de 9 a 12 œ e de 3 a 6 œ.

Sección xardinería

De 8 œ a 12 œ e de 2 a 6 da tarde.

Sección hangar

Verán: de 9 œ a 1 œ e de 16 a 20 da tarde.

Inverno: de 9 œ a 1 œ e de 15 a 19 da tarde.

Sección oficina

De 9 da mañá a 5 da tarde.

Sereno

De 10 da noite a 7 da mañá.

Master caddy

De 10 a 12 œ e de 2 a 7 da tarde.

Persoal bar Peinador

De 9 da mañá a 7 da tarde.

Polo delegado de persoalPola empresa