Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.627

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 297/1999, do 19 de novembro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Brasil, Guatemala e Costa Rica, é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1993, do 21 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Brasil, Guatemala e Costa Rica, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o 21 de novembro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, dezanove de novembro de mil novecientos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente