Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.622

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 15 de novembro de 1999 pola que se modifica a Orde do 30 de maio de 1996, que regula o exercicio da inspección ambiental única e a tramitación de denuncias ambientais.

A experiencia acumulada no exercicio da función inspectora aconsella, co obxecto de simplifica-lo procedemento de inspección a prol dunha maior eficacia e celeridade administrativa, recoller nun só modelo de acta as diferentes inspeccións que se leven a cabo.

Na súa virtude, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, en relación co Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Os modelos das actas recollidos nos anexos IV a VII da Orde do 30 de maio de 1996 que regula o exercicio da inspección ambiental única e a tramitación de denuncias ambientais, son substituídos polo modelo único de acta de inspección ambiental recollido no anexo I desta orde.

2. O modelo de inspección ambiental a que se refire o punto anterior terá os anexos que se recollen nos anexos II e III desta orde para a investigación e comprobación ambientais respectivamente.

3. Nas inspeccións ambientais, cando proceda realizar unha toma de mostra, cubrirase ademais, o anexo recollido no anexo IV desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente