Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO de concurso.

Anuncio de licitación.-De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso con procedemento aberto para a contratación da subministración, na modalidade de aluguer, dun camión para o servicio municipal de obras do Concello de Fene, de conformidade co seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a subministración, na modalidade de aluguer, dun camión para o servicio municipal de obras do Concello de Fene.

2. Tipo de licitación: 13.920.000 ptas. IVE incluído, así como o importe de matriculación e rotulación co escudo do concello.

Como parte do pagamento do prezo do contrato entregarase o vehículo das características que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Financiamento: modalidade de arrendamento financeiro (leasing ou renting) mediante renda periódica mensual de 60 cotas constantes comprensivas de amortización e xuros (5 anos), establecéndose a opción de compra para adquisición do ben que se fará efectiva co pagamento da derradeira sesentava cota. Os pagamentos efectuaranse con cargo á partida 1999.511.20400 do estado de gastos do vixente orzamento municipal.

4. Exposición de pregos de cláusulas administrativas: os pregos de cláusulas administrativas particulares, aprobados pola corporación municipal en sesión do 7 de outubro de 1999, estarán de manifesto ó público por espacio de quince días hábiles na secretaría do concello (teléfono 981 49 27 70 e fax 981 49 27 88), contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso para os efectos de reclamacións, simultaneamente co presente edicto de licitación, se ben ese se aprazará no suposto de se formularen reclamacións contra o dito prego.

5. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación (278.400 ptas.).

6. Garantía definitiva: será do 4% do orzamento de licitación (556.800 ptas.).

7. Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral de

Entrada de Documentos, en man, dentro do prazo de vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da data da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, segundo proceda, en horas de 10 a 13, en tres sobres pechados (sobre A, subtitulado «Oferta económica»; sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes» e sobre C, subtitulado «Referencias técnicas», asinados polo licitador ou persoa que o represente, e cada un deles conterá a documentación e requisitos esixidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura do sobre que conteña a proposición económica: terá lugar na sala de comisións do Concello de Fene, ás 11 horas do sétimo día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións, agás que coincidise en sábado, caso no que se trasladará ó seguinte hábil.

9. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica: a solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas e a solvencia técnica por calquera dos sinalados no artigo 17 da mesma lei.

10. Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

«D./Dª..., maior de idade, veciño/a de..., con enderezo en..., titular do DNI nº..., en nome propio (ou en representación de... veciño/a de..., con enderezo en..., DNI ou CIF nº..., conforme acredito con poder verificado na súa suficiencia) toma parte no procedemento aberto, mediante concurso tramitado polo Concello de Fene para adxudica-la subministración de... e comprométese a realizalo, con suxeición ó prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, facendo constar:

1. Que polo vehículo que vai entrega-lo concello, que se describe na cláusula 2ª, ofrece o prezo de... pesetas.

2. Que, en consecuencia, o prezo neto que ofrece, deducido o prezo que ofrece polo vehículo, ascende á contía de... pesetas, e segundo o seguinte cadro de cotas de aluguer comprensivas de amortización e xuros aplicable ó período de arrendamento:...

3. Que realizará a referida subministración no prazo de...

4. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven do prego de condicións do presente contrato.

5. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 19...

O licitador

(Asinado e rubricado)»

11. Gastos de publicidade: os gastos de publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario, así como os de adxudicación, impostos, contribucións, taxas e prezos públicos que pesen sobre o contrato ou, de se-lo caso, sobre o obxecto do contrato.

12. Adxudicación do concurso: a adxudicación do concurso efectuarase ó licitador que obtivera a pun

tuación maior, de conformidade co establecido na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Fene, 18 de outubro de 1999.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde