Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 20/1999).

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 8 de novembro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes no ámbito do APE-G9.01, rúa Caballeros, presentado polo Arcebispado de Santiago de Compostela».

O que se publica para xeral coñecemento, significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou a resolución no

prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 11 de novembro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado