Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de outubro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados por resultaren descoñecidos os seus domicilios, proposta de resolución dos expedientes VP-C 39/1998 e tres máis.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as propostas dos correspondentes expedientes sancionadores, cos números que se indican, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.c da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Para a dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 200.000 ptas. sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, dese traslado ós interesados concedéndolles un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los docu

mentos e informacións que coiden pertinentes. A presente proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 19 de outubro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 39/1998.

José Antonio Zas Roibal.

Torre, 1-3º D.

Labañou-A Coruña.

VP-C 40/1998.

Ramón Torres Mato.

Torre, 2-6º D.

Labañou-A Coruña.

VP-C 4/1999.

Manuel Fachado Sayar.

Urbanización Sol y Mar.

Bloque 11, portal 3, escaleira 1-1º D.

Oseiro-Arteixo.

VP-C 13/1999.

Carmen Gómez Méndez.

Rúa Dublín, 6-1º C.

Polígono das Fontiñas.

Santiago de Compostela.