Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.593

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se outorgan destinos correspondentes ó concurso de traslados do 26 de xullo de 1999, polo que se ofertaban prazas de nova creación dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por resolución do 26 de xullo de 1999 (BOE do 30), para cubri-las prazas vacantes en órganos de nova creación entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial e os artigos 54, 55 e 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados os funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes neste concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Os funcionarios deberán tomar posesión do seu destino o 1 de decembro de 1999, data na que iniciarán a súa actividade os órganos xudiciais a que se refiren os postos de traballo que son obxecto desta resolución, cesando nos seus destinos de orixe tres días antes da indicada data no caso de tratarse da mesma localidade, e a partir do día seguinte ó

da publicación desta resolución no BOE cando supoña cambio de localidade.

Se a resolución comporta o reingreso no servicio activo á Administración de xustiza nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes, o prazo posesorio deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE, mais neste caso o dito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes e, polo tanto, non pode ser computado como de servicios efectivos.

No caso do que os funcionarios reingresados por medio deste concurso se atopen en activo noutro corpo e non desexasen que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino un permiso retribuído dun día cando teña lugar dentro da mesma localidade ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos que teñan que desprazarse a Canarias, Illes Balears, Ceuta ou Melilla; nestes casos o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g do Regulamento orgánico), tendo o cesamento no seu anterior destino data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Esta Comunidade Autónoma ou aquela Administración competente concederalles a excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes co obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co establecido nos artigos 14.2º e 25 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso postestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

ANEXO I

Galicia

Oficiais da Administración de Xustiza

DNIApelidos e nomeDestino actualDestino adxudicadoPuntuaciónAntigüidadeIdiomasInformática

36057350Conde Alfonso, Francisca9252300036440 Pr. Inst. e Instr. Redondela9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra, Vigo18.1699.16963
15143576García Gárate, Mª del Carmen9252600115770 Xdo. do Social nº 1 Santiago de Compostela9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela33.05626.05643
35940741Maseda Rodríguez, Antonio9252500215770 Xdo. do Penal nº 2 Santiago de Compostela9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela17.93611.93660
33815129Mejía Aira, José Luis9252900036030 Xdo. de Paz Baiona9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra. Vigo16.79716.79700
34910084Suárez Álvarez, Dolores9252100936560 Xdo. Prim. Ins. nº 9 Vigo9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra. Vigo14.1699.16923
35906292Villar Trabazos, Jorge9252300115770 Pr. Inst. e Instr. nº 1 Santiago de Compostela9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela31.08931.08900
32423423Álvarez Area Salgado, Mª Dolores9252300115770 Pr. Inst. e Instr. nº 1 Santiago de Compostela9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela20.32211.32263
32651003Anca Feal, Mª Magdalena9252300015580 Xdo. 1 I. e Instr. Ordes9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela12.7673.76763
32640618Arnoso Calvo, Luz Marina9092601828001 Xdo. do Social nº 18. Madrid9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela12.7673.76763

36030555Barandela Cid, Clara Marina9252100636560 Xdo. Prim. Inst. nº 6 Vigo9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra. Vigo17.58110.58143

DNIApelidos e nomeDestino actualDestino adxudicadoPuntuaciónAntigüidadeIdiomasInformática

36147977Carnero Blanco, María Belén9092502428001 Xdo. do Penal nº 24. Madrid9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela12.7673.76763
349977473González García, Susana9252300215770 Pr. Inst. e Instr. nº 2 Santiago de Compostela9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra. Vigo15.7646.76463
36081075Losada Vispo, Mª José9252100936560 Xdo. Prim. Inst. nº 9 Vigo9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra. Vigo16.8007.80063
36083968Otero Álvarez, Eva Mª9252100236560 Xdo. Prim. Inst. nº 2 Vigo9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra. Vigo18.32211.32243
76620697Recarey Linares, Mª Isabel9092600828001 Xdo. do Social nº 8. Madrid9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela12.7673.76763
34729201Rodríguez Carballal, Milagros9252600136560 Xdo. do Social nº 1. Vigo9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra. Vigo17.58110.58143
32638579Calvo Galdo, Mª José9252300027060 Xdo. 1 I. e Instr. Becerreá9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela9.7613.76160
33246535Míguez Ramos, Ermitas9252300136001 Pr. Inst. e Instr. nº 1. Pontevedra9251200015770 Aud. Prov., Sección 6ª da Coruña. Santiago de Compostela12.5586.55860
35551133Pereira Iglesias, Manuel9252900036180 Xdo. de Paz Forcarei9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra. Vigo10.5586.55840
35992886Silveira Romero, Mª Carmen9252100536560 Xdo. Prim. Inst. nº 5. Vigo9251200036560 Aud. Prov., Sección 5ª de Pontevedra. Vigo12.5586.55860

ANEXO II

Excluídos por non levar un ano no seu destino:-Auxiliares: Rodríguez Cid, Sandra.-Axentes: Barreira Fernández, Mª Elena.