Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 14 de outubro de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre prestacións de LISMI, Real decreto 383/1984, que se relacionan no anexo.

En uso das competencias sobre as prestacións da LISMI atribuídas no artigo 43 do Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro e polo Real decreto 258/1985, do 23 de xaneiro, ó resultaren falidas as anteriores notificacións por correo e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle a cada un dos abaixo citados a resolución dictada tras ser revisados os seus expedientes pola delegación provincial.

Contra esta resolución poderán interpoñer reclamación por escrito perante esta delegación provincial formulando as alegacións e presentando as probas que coiden convenientes no prazo de 15 días a partir do seguinte a esta publicación. Se no prazo indicado non presentan reclamación poderán interpoñer, dentro do mes seguinte, recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, directamente ou a través desta delegación provincial, conforme o artigo 114 da Lei 4/1999 antes citada.

A Coruña, 14 de outubro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

SolicitanteDNIResoluciónCausaFundamentos

Fernández Somoza, Mónica32.817.439Suspensión e reclamación importesNon comunicar modificación de situaciónArt. 30 e 41 R.D. 383/1984

Mosquera Carquijero, M. Victoria32.606.532Suspensión e reclamación importesNon comunicar modificación de situaciónDisposición Tra. 11ª

R.D. 1/1998

Varela Espiñeira, M. América76.380.244Suspensión e reclamación importesNon comunicar modificación de situaciónLei 3/1997