Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. aparcamento hospital (Ramón Puga Noguerol).
Situación: Ourense.
Características técnicas: liña a 20 kV subterránea, en conductor R.H.V. 12/20, de 40 m de lonxitude, con orixe e remate na L.M.T. C.T. residencia-2 a C.T. hospital e alimentao C.T. prefabricado de 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión do aparcamento.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega
cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 13 de outubro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense