Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Sobreira-Arbor, no concello de Vilamarín. (Expediente IN407A 99/82).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazo das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Emprazamento: concello de Vilamarín (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

-L.M.T.S. aéreas núas a 20 kV, de 636 m de lonxitude do C.T. de Sobreira a 519 m de lonxitude do C.T. de Arbor, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 30 da L.M.T. Bouzas-Cea, e final nos C.T.S. proxectados de Sobreira e Arbor.

-C.T. intemperie de Sobreira, de 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

C.T. intemperie de Arbor, de 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

-R.B.T.S. aéreas de 2.375 m de lonxitude do C.T. de Sobreira e 660 m de lonxitude do C.T. de Arbor en conductor R.Z.

e) Orzamento: 15.206.259 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amistoso coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou xuros económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, a presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 13 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/82Provincia: Ourense

L.M.T. a C.T. de ArborTermo municipal: Vilamarín

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1XunqueiraLabradíoMariano Méndez NovoaR/ Bedoya, 2-3º B, 32004 Ourense---16

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3XunqueiraMonte altoMariano Méndez NovoaR/ Bedoya, 2-3º B, 32004 Ourense--16220

8XunqueiraMonte baixoTeresa Guzmán VázquezR/ Río Sil, 31-1º, 32001 Ourense--50500

11XunqueiraLabradíoCarmen Rodríguez SánchezSobreira, 32101 Vilamarín---2

12XunqueiraPradoCarmen Rodríguez SánchezSobreira, 32101 Vilamarín--40380

13XunqueiraMonte baixoManuel Rodríguez SánchezSobreira, 32101 Vilamarín--46380

Expediente: 99/82Provincia: Ourense

L.M.T. a C.T. de SobreiraTermo municipal: Vilamarín

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1XunqueiraLabradíoMariano Méndez NovoaR/ Bedoya, 2-3º B, 32004 Ourense-1210

5ReboiroPradoMariano Méndez NovoaR/ Bedoya, 2-3º B, 32004 Ourense221701.700

6Seara PequenaPrado e carballoMariano Méndez NovoaR/ Bedoya, 2-3º B, 32004 Ourense3, 4, 563.3453.700

10Seara PequenaMonte baixoJosé e Francisco Novoa CastroSobreira, 32101 Vilamarín--20110