1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización
de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazo das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se relatan a continuación:
a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
b) Emprazamento: concello de Porqueira (Ourense).
c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.
d) Trazado e datos básicos:
-L.M.T. aérea núa a 20 kV, de 163 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio existente da L.M.T. As Conchas-Xinzo, e final no C.T. proxectado de Faramontaos.
-C.T. intemperie de Faramontaos, de 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V.
-C.T. no edificio de Faramontaos en Faramiñás, de 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V.
R.B.T.S. aéreas de 1.415 m de loxnitude do C.T. de Faramontaos e 1.760 m de lonxitude do C.T. de Faramiñás.
e) Orzamento: 14.770.439 ptas.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento
da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.
3. Alegacións.
A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amistoso coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou xuros económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, a presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.
Ourense, 4 de outubro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 99/80Provincia: Ourense
L.M.T., C.T. e R.B.T. Faramontaos-TelladasTermo municipal: Porqueira
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo Provincia nº apoio m ml m
Llobregat-Barcelona
1 Pousadoiro Labradío Alfredo Casal González Pasajes Llunas, 11-7º-4º D 08906-Hospitalet de
- - 22 220
3 Pousadoira Labradío Martín Rodríguez Salgado A Torre, s/n 32643-Porqueira - - - 12
9 Senra Prado Manuel González Rivera r/ Glarigliano, 38-1º-2º D 08042-Barcelona - - 6 60
16 Senra Labradío Manuel Ranaino Ranaino Faramontaos, 9 32643-Porqueira-Ourense 2 6 22 220