1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazo das liñas eléctricas de referencia, que
contan coas características técnicas básicas que se relatan a continuación:
a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
b) Emprazamento: concellos de Riós e Castrelo do Val (Ourense).
c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.
d) Trazado e datos básicos:
-L.M.T. aérea núa a 20 kV, de 2.051 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. a San Pedro Trasverea, e final na L.M.T. a Piornedo.
e) Orzamento: 5.462.972 ptas.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do
20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.
3. Alegacións.
A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amistoso coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou xuros económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, a presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.
Ourense, 24 de setembro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 99/79Provincia: Ourense
L.M.T. Enlace Riós-Castrelo do ValTermo municipal: Castrelo do Val
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
32890 A Valenzá
24 Poulón Prado Amalia Martínez Barja Avda. de Celanova, 17-1º A,
11 1 80 800
Expediente: 99/79Provincia: Ourense
L.M.T. Enlace Riós-Castrelo do ValTermo municipal: Riós
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
32611-Sampaio, Vigo
33 Pombeira Monte baixo Rosendo Crespo Vaz Casal de Arriba, 21,
11 110