Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de outubro de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Mª Pilar González Peña e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38-Ent., Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 25 de outubro de 1999.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado Procedemento

Mª Pilar González Peña

NIF: 10.461.795 S

Cardeal Marcelo Spinola, 54-10º B

Madrid

Acordos de devolución de ingresos indebidos.

Expediente: 4123/1994

Autoliq.: 600300804086

Mª Pilar González Peña

NIF: 10.461.795 S

Cardeal Marcelo Spinola 54-10º

Madrid

Acordos de devolución de ingresos indebidos.

Expediente: 4123/1994

Autoliq.: 600300728911

Eladio Manuel Pérez Sabud

NIF: 34.938.103 E

Rivera, 46

A Coruña

Acordos de devolución de ingresos indebidos.

Expediente: 438/1997

Autoliq.: 002970010514