Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.503

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (777/1999).

Por medio deste edicto faise saber que no recurso contencioso-administrativo número 777/1999, seguido neste xulgado por instancia de Obrascón Huarte, S.A., representada polo procurador Gonzalo Lousa Gayoso, contra o Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola desestimación presunta por silencio negativo da reclamación de xuros de demora, interposta o 22 de xaneiro de 1998, e certificación de acto presunto interposto o 17 de marzo de 1999, se dictou resolución xudicial no día da data, na que se acorda a publicación deste edicto, polo que se lles fai saber a cantas persoas a prol das cales puidese derivarse algún dereito do acto administrativo impugnado, e ás que tivesen interese directo no mantemento do recurso contencioso-administrativo antes citado, que poden comparecer en autos, en legal forma, no prazo de nove días desde a publicación deste edicto, na súa condición de codemandados, se ó seu dereito lles conviñese, baixo apercibimento de que, no caso de non compareceren, se seguirá a

tramitación do recurso na súa ausencia.

Na Coruña o 17 de setembro de 1999.

Ramón Fernández Agra

Secretario