Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores OU 127/98C e OU 131/98C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 133 do 11 de xullo).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo, procederase á cobranza pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999,

de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 13 de outubro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 127/98-C.

Denunciado: Felipe Diéguez Castro.

DNI: 34.922.427.

Último enderezo coñecido: Avda. de Zamora, 69-5º. (Ourense).

Feito probado: participar nunha batida sen responsable e sen relación de cazadores.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 57.28º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 ptas.

ANEXO II

Expediente: OU 131/98-C.

Denunciado: Baldomero Vasallo González.

DNI: 34.932.827.

Último enderezo coñecido: Avda. de Zamora, 9-1º A. (Ourense).

Feito probado: participar nunha batida sen responsable e sen relación de cazadores.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 57.28º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 ptas.