Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Cortella, situado en Melón (provincia de Ourense) e promovido por Eléctrica de Melón, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos

ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Cortella, situado en Melón (Ourense) e promovido por Eléctrica de Melón, S.L.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

-Concello de Melón.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contando a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental