Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos expedientes sancionadores 1/1999 e tres máis, en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial nº 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías, 18-1º, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Maila o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 26 de outubro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

1/1999Francisco Javier Fernández Álvarez 9.726.841Avda. Sta. Cristina, Perillo

Oleiros

Discoteca Class26-e) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

67/1999Francisco Javier Fernández Álvarez 9.726.841Avda. Sta. Cristina, Perillo

Oleiros

Discoteca Class26-e) LO 1/199228 LO 1/199250.000 ptas.

86/1999José Luis Saavedra Pérez32.369.693R/ Hortas, nº 5-baixo

A Coruña

Discoteca Pirámide26-e) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser

185/1999Manuel Castro Añón32.363.152R/ Xuncal, nº 10-4º Dta., Sta. Cristina

Oleiros

Pub Andrómeda26-d) LO 1/199228 LO 1/199215.000 ptas.