Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 4 de outubro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea J.D. III.

Visto o expediente incoado por Mª Carmen Silva Vázquez, no que se solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón deno

minado J.D. III, outorgado pola orde ministerial do 6-4-1966, situado na cuadrícula nº 52, do polígono B de Cambados, rematando a concesión o 10-5-2006, e do que eran titulares Antonio Romay Pérez e Mª Carmen Silva Vázquez.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1º do Decreto 406/1966, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración notarial de herdeiros ab intestato, a relación de bens e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e da batea de que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª Carmen Silva Vázquez (35.412.810); José-Manuel Romay Silva (35.448.888) e Antonio Romay Silva (35.451.761).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase inteproñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 4 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo