Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999 pola que se fai pública a proposta gañadora do concurso, con intervención de xurado e participación limitada, de ideas no nivel de anteproxectos para as obras da Cidade da Cultura de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Edificio administrativo San Caetano. 15771 Santiago de Compostela. A Coruña.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: concurso de ideas no nivel de anteproxectos, con intervención de xurado e participación restrinxida, en virtude do artigo 216 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Descrición do obxecto: propostas arquitectónicas no nivel de anteproxectos, para as obras da Cidade da Cultura de Galicia, que se situará en Santiago de Compostela.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación.

-DOCE de vintecinco (25) de febreiro de 1999.

-BOE de vintecatro (24) de febreiro de 1999.

-DOG de catro (4) de marzo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación : ordinaria.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: concurso de ideas.

4. Adxudicación.

a) Data: vinteseis (26) de agosto de 1999.

b) Gañador do concurso: Eisenman Architects, PC.

c) Nacionalidade: estadounidense.

d) Premio: dezaoito millóns cincocentas mil pesetas (18.500.000 ptas.) e adxudicación do contrato de redacción do proxecto de execución.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1999.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo