Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 227/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Gamesa Energía, S.A., con enderezo na Avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, de Santiago de Compostela, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

Subestación eléctrica, tipo intemperie, a 66 kV, denominada Treito, constituída por 2 posicións de liña para entrada-saída, 1 posición de liña para conexión ó parque eólico de Monte Treito e 1 posi

ción de medida de tensión en barras e un transformador para servicios auxiliares de 66/0,380 kV, nos aparellos para protección, telemando, telecontrol e medida (expediente 227/1999).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten e examina-lo proxecto nesta delegación, Sección 3ª Enerxía, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15701 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 2 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº expediente: 227/1999.

Subestación eléctrica de Treito-Rois.

Predios:

Nº: 1.

Lugar: Cova da Mina.

Cultivo: monte.

Propietario:

Nome e apelidos: monte veciñal de Loroño.

Prste.: Enrique Vilas Freire.

Afección:

Enderezo: Loroño s/n Rois.

Solo: 300m