Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, tramitado como expediente anticipado de gasto, dunha asistencia técnica para a introducción de datos informáticos do fondo de acción social da Xunta de Galicia.

Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a introducción de datos informáticos do fondo de acción social da Xunta de Galicia.

Orzamento de licitación: 6.659.415 pesetas (40.024 euros).

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 133.188 pesetas (800 euros).

Fianza definitiva: 266.376 pesetas (1.600 euros).

Modelo de proposición: o que figura no anexo I do prego de cláusulas administrativas.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre cerrado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 13 de novembro de 1999.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do día 15 de decembro de 1999.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá de aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1999.

P.D.(Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública