Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.462

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (1010/1999).

Por medio deste edicto faise saber que o recurso contencioso-administrativo nº 1010/1999, seguido neste xulgado por instancia de María Esther García Fernández, contra resolución da Universidade de Santiago de Compostela, se dictou resolución xudicial no día da data, na que se acorda a publicación deste edicto, co fin de notifica-la resolución do teor literal seguinte:

«Providencia maxistrado-xuíz Ramírez Sineiro. A Coruña, 24 de setembro de 1999. Pola que, tendo en conta o contido dos autos núm. P.A. 1010/1999-V, do Xulgado de Contencioso-Administrativo número un da Coruña e que resulta aplicable a vía procedemental correspodente ó procedemento abreviado, omitida aquela preceptiva interposición directa de demanda, de conformidade contrario sensu cos artigos 78.2º e 45.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda outorga-lo oportuno prazo de dez (10) días, co fin de que aquel promovente corrixa semellante omisión procedemental, con expresa advertencia de arquivo das actuacións.

Mándao e asínao, do que, como titular da súa secretaría, dou fe».

E para que lle sirva de notificación en forma á recorrente María Esther García Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto na Coruña o 27 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado