Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e por tramitación anticipada de expediente de gasto, para o arrendamento (modalidade Renting) de 90 vehículos para a realización das funcións dos servicios de Inspección de Saúde Pública (C-2/2000).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono: 54 57 65; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto do arrendamento: nas distintas provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza, cantidade ou valor dos productos que se van arrendar:

-Nº CPA CPV: 34114300.-Consumo: 90 vehículos.

-Orzamento total: pesetas: douscentos cincuenta e nove millóns duascentas mil pesetas (259.200.000 ptas., IVE incluído).

Euros: 1.557.823,37 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

4. Plazo de execución: catro anos.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 3 de decembro de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 11 de decembro de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (División de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte) ás 9.30 horas do quinto día natural contado desde

o seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Fianzas e garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación:

-Pesetas: cinco millóns cento oitenta e catro mil pesetas (5.184.000 ptas.).-Euros: 31.156,47.

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo arrendador: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas, punto 6.

14. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15. Outras informacións: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención de non estar publicado: 7-7-1999.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 5 de novembro de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos