Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1999, da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3º do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio, (DOG do 11 de abril), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-la reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para os días 10 e 11 do mes de decembro de 1999 en Santiago de Compostela.

Segundo.-A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1999.

Fernando Amarelo de Castro

Secretario xeral para as Relacións coas

Comunidades Galegas

ANEXO

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

1. Constitución da comisión.

2. Informe das actuacións realizadas en favor da Galicia exterior en 1999. Presentación da memoria anual.

3. Informe sobrea as liñas de actuación para o ano 2000, con especial referencia á realización e preparación do VI Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

4. Intervención e informe dos representantes das comunidades galegas na comisión delegada.