Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.403

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 99/028 de profesor titular de universidade, convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que xulgarán os concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que xulgará o concurso de méritos convocado por Resolución do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto).

A comisión deberá constituirse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da publicación.

A Coruña, 27 de outubro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: ciencias e técnicas da navegación.

Praza nº: 99/028.

-Comisión titular:

Presidente: Bastida Tirado, José, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.-Secretario: Camblor Ordiz, Abel, profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocais:

Achutegui Rodríguez, Juan José, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

González Pino, Enrique, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Mari Sagarra, Ricard, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

-Comisión suplente:

Presidente: García Melón, Enrique, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Secretario: Apraiz Anchustegui, Francisco, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

Vocais:

Eguia López, Emilio, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Carbonell Relat, Laureano, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Coin Cuenta, Luis Miguel, profesor titular de universidade. Universidade de Cádiz.