Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1999 pola que se convoca un curso de actualización en confección e tratamento de documentos para persoal de Administración local.

No uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de actualización en confección e tratamento de documentos para persoal de Administración local, que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Trátase de actualizar e avanzar nos coñecementos adquiridos polos asistentes ós cursos de iniciación á informática e procesador de textos da EGAP e resolve-las dúbidas e problemas que se puideran presentar no traballo cotián.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal de corporacións locais integrados nos grupos C e D ou asimilados.

Terceira.-Desenvolvemento.

Duración: 30 h.

Lugares e datas de realización:

Santiago:EGAP, 29 e 30 de novembro, 1, 2, 9, 16, 20, 21, 22 e 23 de decembro.

A Coruña: 9, 10, 13, 14, 15, 16, 17, 20, 21 e 22 de decembro.

Lugo: 29 e 30 de novembro, 1, 2, 3, 13, 14, 15, 16 e 17 de decembro.

Ourense: 29 e 30 de novembro, 1, 2, 3, 13, 14, 15, 16 e 17 de decembro.

Pontevedra: 2, 3, 9, 10, 13, 14, 15, 16, 17 e 20 de decembro.

Horario: de 17 a 20 h.

Prazas: máximo de 20 en cada localidade.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo o modelo oficial figura como anexo I desta resolución, e cubrila en tódolos epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, r/Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 22 de novembro de 1999.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada que supere o 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa do curso con perda de tódolos dereitos.

Oitava.-Contido.

Sistema operativo: Concepto de arquivo. Tipos de arquivos. Cómo se organizan as unidades de almacenamento. Configuración do contorno de traballo. Imprimir e configurar impresoras. Configuración do monitor. Personalización do sistema. Salvagarda da información. Procesador de textos: automatización en canto ó formato dos parágrafos. Estilos. Automatizacion no deseño dos documentos. Modelos. Rápida localización de documentos antigos. Traballo con documentos de varias columnas. Manexo de documentos longos. Esquema e táboa de contido. Uso de campos e creación de formularios. Impresión de sobres e etiquetas. Combinación de correspondencia (mailing).

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública