Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.349

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 290/1999, do 30 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en traballos forestais e de conservación do medio natural.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1713/1996, do 12 de xullo, establece o título de técnico en traballos forestais e de conservación do medio natural e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na prác

tica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de setembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en traballos forestais e de conservación do medio natural, regulado polo Real decreto 1713/1996, do 12 de xullo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no parágrafo 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de setembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: traballos forestais e de conservación do medio natural.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realiza-los traballos propios da actividade forestal e os de vixilancia, mantemento e protección do medio natural, en condicións adecuadas de seguridade e hixiene e conservando o medio productivo.

* Manexar e manter en uso a maquinaria e equipos necesarios.

* Organizar e xestionar unha explotación forestal de tipo familiar.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Interpretar e comprender correctamente a información e a linguaxe propias das operacións de producción forestal.

* Interpreta-lo planificado sobre o terreo, realizando posteriormente os traballos para a reproducción de plantas forestais, a súa implantación no medio natural, o mantemento, a ordenación, a defensa e o aproveitamento dos recursos forestais.

* Realiza-los traballos de mantemento, mellora e aproveitamento de bosques e zonas forestais.

* Realiza-los traballos de rexeneración de masas arborizadas naturais e artificiais.

* Realiza-la execución de censos, mostraxes e tomas de datos de campo.

* Realiza-los traballos de control, de vixilancia e de mellora, dentro do medio natural e as actividades relacionadas co uso público dos espacios naturais.

* Realiza-los labores e operacións para a obtención de plantas en viveiro.

* Manexar e prepara-la maquinaria, apeiros, ferramentas, equipos e instrumental técnico básico propio da actividade forestal, realizando tamén os traballos de mantemento e as súas pequenas reparacións, con adopción de medidas de seguridade adecuadas.

* Ter unha visión global e integrada das operacións de producción e relaciona-las distintas fases do proceso productivo, tendo en conta os obxectivos propostos e comprendendo a función das diversas máquinas e equipos para logralos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Decidir con rapidez e con coherencia as medidas que se deben adoptar ante unha avaría nos medios de producción que manexa ou ante circunstancias meteorolóxicas ou ambientais adversas, realizando as modificacións oportunas para restablece-la normalidade nos traballos que realiza ou, se é o caso, emiti-lo correspondente informe.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Distribuír, coordinar e supervisa-lo traballo dun grupo de traballadores asignados ó seu equipo comprobando que cumpre os criterios de seguridade, calidade e economía establecidos.

* Transmitir ordes concretas ó persoal ó seu cargo, precisas, rápidas e adecuadas, para as operacións que teñan que levarse a cabo.

* Xestionar e administrar unha explotación agraria de tipo familiar, mellorando as súas estructuras, e comercializa-los productos coñecendo e cumprindo a normativa legal.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo, en especial en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os mem

bros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitando axuda ós membros que proceda do equipo, cando se produzan continxencias na operación.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros de igual ou inferior nivel de cualificación.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou procedementos definidos dentro do ámbito da súa competencia e consultando esas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas relacionadas coa súa profesión.

* Executar un conxunto de accións de contido politécnico e/ou polifuncional de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, baixo métodos establecidos.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Organización e vixilancia do traballo realizado polo persoal baixo a súa responsabilidade.

* Detección das desviacións cualitativas e/ou cuantitativas nas actividades que realiza e toma de decisións concretas canto ós parámetros de restitución sobre os que pode actuar.

* Toma de mostras para o control do medio natural e sinalización do espacio natural obxecto de actuación.

* Situacións ou elementos que afecten á seguridade ou ás condicións ambientais no ámbito das súas competencias.

* Mantemento e reparacións de primeiro nivel da maquinaria, equipos, ferramentas e materiais que utiliza para a realización dos seus traballos, así como a substitución de elementos avariados ou desgastados deses equipos.

* Xestión e administración dunha explotación agraria de tipo familiar.

2.4. Unidades de competencia:

1. Organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

2. Preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

3. Realiza-los procesos e traballos necesarios para a obtención de productos forestais, explotándoos racionalmente.

4. Realiza-los labores e operacións de reproducción, propagación e producción de plantas en viveiro.

5. Realiza-los procesos e traballos necesarios para a implantación de árbores e arbustos no monte, así como os de mantemento, conservación, inventario e defensa das masas forestais.

6. Realiza-los labores de control e vixilancia do medio natural, así como as actividades de uso público dos espacios naturais.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha explotación familiar agraria:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Valora-la posibilidade de implantación ou incorporación dunha explotación en función da súa actividade e os obxectivos de producción.* Selecciónase a forma xurídica de acceso á explotación tendo en conta as características das actividades que se van desenvolver.

* Realízase a análise previa á implantación valorando:

-O réxime de tenza da terra (herdanza, compra, arrendamento, parcería).
-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos de producción da explotación.
-A localización física e o ámbito de comercialización (zona, distancia, canles de distribución).
-Os plans de incorporación para agricultores novos establecidos polas diferentes administracións públicas.
-O estudio técnico económico tendo en conta:
-A viabilidade da explotación (marxe bruta e marxe neta).
-As necesidades de financiamento para a forma máis rendible.
-A rendibilidade dos investimentos.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas das administracións públicas.
* Determínase adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, man de obra fixa, eventual e contratada temporal, así como a súa experiencia segundo as funcións e actividades da explotación.
* Establécense as necesidades de edificacións, instalacións, equipos e apeiros, tendo en conta as súas características técnicas e os labores e operacións que hai que realizar.

1.2.Organiza-lo plan xeral de actividades da explotación en función dos seus obxectivos e dos medios de producción dispoñibles.* Obtense e interprétase a documentación relativa ó sector e, en concreto, sobre a explotación familiar agraria.
* Na programación xeral establécese:
-A rotación de cultivos na explotación.
-As especies e variedades que se van cultivar e/ou explotar.
-A man de obra necesaria para cumpri-los obxectivos da explotación.
-Os recursos materiais necesarios.
-As canles de comercialización dos productos.
-O programa de xestión técnico-económica da explotación.
* Prevese a axuda técnica que se ha de recibir.
* Formalízanse e envíanselles ós órganos de xestión técnica os documentos previamente establecidos.

RealizaciónsCriterios de realización

* As orientacións técnicas emitidas polo órgano de xestión téñense presentes para a nova planificación.
* Téñense en conta as directrices sobre política agraria e as esixencias do mercado.

1.3.Xestionar, organizar e cubri-la documentación necesaria para a constitución ou incorporación a unha explotación.* Establécese un sistema de organización da información do sector adecuado, que proporcione a actualización sobre a situación técnico-económica da explotación.
* Identifícase e tramítase a documentación necesaria para a constitución ou incorporación á explotación (escrituras, rexistros, impostos) de acordo cos requisitos legais.
* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade agraria de acordo coa lexislación vixente.

1.4.Realiza-la promoción e comercialización dos productos da explotación atendendo ás súas esixencias e optimizando os recursos dispoñibles.* Na promoción e comercialización dos productos tense en conta a capacidade productiva e os clientes potenciais (cooperativas, utilización na mesma explotación ou outras explotacións).
* Selecciónanse e tipifícanse os productos para mellora-la calidade da oferta.
* Selecciónase o tipo de promoción que optimiza a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.
* Establécense relacións coas asociacións e/ou cooperativas de productores para a distribución dos productos ó mercado.

1.5.Xestionar e organiza-la adquisición e almacenamento de materiais, productos, útiles e repostos propios da explotación.* Prevense coa antelación suficiente as necesidades de material, productos, útiles e repostos atopándose dispoñibles en cantidade e calidade no momento da súa utilización.
* Efectúase o pedido correspondente comprobando no momento da súa recepción que o material recibido se axusta en cantidade e calidade co solicitado.
* Compróbase que as embalaxes e envases que protexen os productos se atopan en bo estado, sen deterioracións que poidan condiciona-la súa calidade.
* A descarga lévase a cabo no lugar e modo axeitados, de forma que as mercadorías e materiais non sufran alteracións.
* As operacións de manipulación e transporte realízanse cos medios adecuados de forma que non se deterioren os productos e aplicando as normas de seguridade e hixiene.
* A distribución dos medios de producción propios da explotación e dos productos adquiridos realízase atendendo ás súas características e seguindo os criterios establecidos para acadar un óptimo aproveitamento do almacenamento dispoñible.
* Verifícase que os medios de producción propios da explotación están na situación asignada e nas condicións que require cada un deles.

1.6.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas na adquisición de medios e venda de productos da explotación.* Tense en conta na negociación cos provedores:-Os prezos de mercado.-Os prazos e condicións de entrega.-A calidade dos productos.
-As condicións de pagamento.
-Os medios de transporte, se procede.
-Os descontos en función do volume de pedido.
-O servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de comercialización dos productos da explotación, téñense en conta:

RealizaciónsCriterios de realización

-As marxes de beneficio.
-O prezo de custo.
-O tipo de cliente.
-O volume de venda.
-As condicións de cobro e descontos.
-Os prazos de entrega.
-Os medios de transporte, se procede.
-A manipulación dos productos para almacenar ou envasar.
-A garantía e calidade.
* Desenvólvense e mantéñense boas relacións cos clientes.

1.7.Realizar en tempo e forma as accións derivadas das obrigas legais e das actividades productivas da explotación.* Establécese un plan de anotacións contables (contabilidade simple) tendo en conta as actividades que se van desenvolver.
* A formalización dos documentos establecidos e a esixida pola normativa vixente realízanse de forma periódica e cumprindo os prazos.
* Cúmprese o calendario fiscal correspondente á actividade productiva desenvolvida.
* Realízanse en tempo e forma as obrigas legais sobre:
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.
-Tipos de contratos.

1.8.Aplica-las normas de hixiene e seguridade persoal e no traballo e cumpri-las normas de protección do medio natural.* Compróbase que se cumpren as normas de hixiene establecidas en:-Os locais e instalacións.-A manipulación dos productos.
-O manexo de maquinaria, útiles e apeiros.
-A aplicación de productos fitosanitarios e desinfección de locais e instalacións.
-O equipo persoal de traballo.
* Durante a estadía na instalación, cúmprense as medidas de protección e precaución que indica a normativa vixente.
* O equipo de protección persoal e os medios dispoñibles para previr ou controla-los riscos, requiridos nalgúns labores e operacións e no manexo de maquinaria, utilízanse correctamente.
* Os labores realizados no traballo execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas.
* Verifícase o cumprimento das normas establecidas sobre a protección do medio natural.
* Os materiais e productos de refugallo colócanse nos lugares asignados ó respecto, reciclándoos, tratándoos ou eliminándoos segundo a normativa vixente.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Trámites administrativos e de xestión para a organización e mantemento dunha explotación agraria, ben realizados de maneira directa ou ben a través da utilización de servicios de persoas ou empresas especializadas. Documentación de carácter xeral (arquivos de clientes, provedores e concesionarios). Información sobre evolución de prezos e mercados agropecuarios, fichas de almacén, plan de compras). Documentación de carácter administrativo (permisos e autorizacións en xeral e de circulación e inscrición de maquinaria). Solicitudes de axudas e subvencións, formularios administrativos). Documentación contable (libros de contabilidade, facturas, albarás, notas de pedido e entrega, letras de cambio, cheques, inventarios e balances, formularios contables). Escrituras. Impostos

de actividades económicas. Réxime de tenza da terra. Documentación fiscal e de persoal (declaracións fiscais, nóminas, retencións, IVE). Contratos (de persoal, de arrendamento, de parcería, de compravenda, de seguros, de colleitas e formularios laborais). Fichas técnicas de cultivos con especificación de (fertilizantes, sementes, produccións e técnicas de producción recomendadas). Relación de equipos dispoñibles. Equipos de protección de instalacións. Almacéns, silos. Programas de reproducción de gando. Regulamentación sobre seguridade e hixiene no traballo.

-Productos ou resultados do traballo:

Xestión técnica e administrativa dunha explotación agropecuaria (declaracións e documentación fiscal, contabilidade). Análise de grupo de xestión de explotacións. Declaracións periódicas en materia fiscal e/ou administrativa para acceder a determinadas axudas e subvencións.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos contables (Plan Xeral de Contabilidade). Procedementos de xestión técnica. Análise de grupos de xestión de explotacións.

Métodos de valoración de tempos e actividades. Procedementos de control, organización e administración de almacéns. Procedementos de promoción e comercialización de productos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Información sobre prezos e mercados. Obrigas administrativas e fiscais, de persoal, sobre salarios, seguridade, hixiene e contratos.

Revistas e outras publicacións especializadas. Textos legais. Ibertex e paquetes informáticos de nivel básico. Normativa de seguridade e hixiene no traballo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Titulares de explotacións agropecuarias a título principal (ATP) ou non. Autónomos. Xefes de explotación. Provedores e clientes. Xestorías. Comunidades de bens. Cooperativas de cultivo. Sociedades agrarias de transformación (SAT). Agrupacións de comercialización. Mercos. Conserveiras. Casas comerciais de sementes, fertilizantes, pesticidas e productos sanitarios.

2.5.2. Unidade de competencia 2: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Controlar e supervisa-lo acondicionamento, limpeza, desinfección e desinsectación dos locais e instalacións de cría e/ou producción.* Compróbase que as instalacións e locais están libres de residuos, programando e/ou aplicando, en caso contrario, os procedementos de limpeza, desinfección e desinsectación necesarios.
* Prepáranse os equipos de limpeza, desinfección e desinsectación de acordo co labor que haxa que realizar e seguindo as instruccións de traballo.
* Selecciónanse e aplícanse nas doses adecuadas os productos de limpeza, desinfección e desinsectación, seguindo técnicas indicadas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Prepáranse as camas do gando e acondiciónanse os locais seguindo o plan establecido previamente.
* Verifícase o estado da instalación eléctrica, da subministración de augas e dos sistemas de climatización das instalacións.
* Compróbase que a eliminación dos residuos e refugallos en locais e instalacións se leva a cabo en tempo e forma indicados, depositándose nos sitios axeitados para cada un deles.

2.2.Realiza-lo mantemento de primeiro nivel das máquinas e equipos da explotación, efectuando as operacións básicas de mecanizado, soldadura e montaxe/desmontaxe requiridas.* Efectúase a revisión dos tractores, maquinaria e equipos coa periodicidade indicada nos manuais de mantemento e operación, realizando as operacións de cambio e reposición de aceites e líquidos, de engraxamento, de substitución e limpeza de filtros e pezas e de lastrado de rodas.
* Compróbase que o taller está ordenado e as ferramentas dispoñibles para a súa inmediata utilización.
* Realízase un control continuo dos equipos, maquinaria e instalacións, detectando e identificando as avarías producidas e efectuando o seguimento dos gastos de mantemento e reparación.
* Substitúense os elementos avariados ou desgastados das máquinas, equipos e instalacións polos repostos axeitados.
* Compróbase que a maquinaria e equipos, tralo seu uso, están en condicións para a súa próxima utilización.
* Para efectua-las operacións de montaxe, desmontaxe e mecanizado (tradeado, limado, esmerilado, roscado e corte), selecciónanse os equipos e ferramentas adecuados.
* Nas operacións básicas de soldadura eléctrica:
-Selecciónanse os equipos e ferramentas adecuados ó material que se vai soldar.
-Regúlase a intensidade da corrente en función do electrodo e do material que se vai unir.
-As conexións eléctricas á masa realízanse limpando as zonas de contacto.
-Prepáranse e límpanse os bordos que se van unir, situándoos á distancia adecuada para o tipo de soldadura e electrodo utilizado.
* Lévanse a cabo as operacións básicas e de mantemento de primeiro nivel dos equipos e máquinas seguindo os manuais e fichas de equipos e máquinas seguindo os manuais e fichas de mantemento e coa periodicidade indicada neles.

2.3.Preparar e manexa-los tractores, maquinaria, equipos, instalacións e outros útiles da explotación para a súa utilización nas operacións e os labores programados e para a circulación por vías públicas.* Selecciónanse, engánchanse e regúlanse os apeiros e maquinaria tendo en conta o labor que se vai realizar (preparación do solo, sementeira, fertilizado, labores culturais, aplicación de fitosanitarios ou recolección) e contrólanse o seu funcionamento e manexo en consonancia co que se consideran boas prácticas agrícolas.
* Regúlanse os equipos e instalacións tendo en conta os plans e actividades da producción agraria.
* Prepárase o tractor e a maquinaria adaptándoos e sinalizándoos convenientemente, cumprindo o código de circulación e a normativa complementaria referente a circulación de vehículos agrícolas por vías públicas.

RealizaciónsCriterios de realización

* A selección, preparación e manexo da maquinaria, tractores, equipos e apeiros específicos realízase conforme os requirimentos de cada labor e ó ritmo de traballo establecido.
* Verifícase que o abastecemento dos productos (sementes, fertilizantes, fitosanitarios) que necesitan as máquinas na xornada de traballo se realiza adecuadamente evitando as interrupcións e tempos de espera.

2.4.Actuar baixo normas de seguridade durante a estadía nas instalacións e nas operacións con máquinas, equipos e ferramentas para previ-los riscos persoais e xerais.* Durante a estadía nas instalacións e no manexo de equipos e ferramentas, cúmprense as medidas de precaución e protección establecidas pola normativa ó respecto.
* Utilízanse correctamente os equipos de protección persoal requiridos para o traballo que se pretende realizar.
* As tarefas realizadas coas máquinas, equipos e ferramentas execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas para cada un deles.
* A manipulación de productos e materiais lévase a cabo tomando as medidas de protección adecuadas a cada caso.
* En caso de accidente aplícanse as técnicas sanitarias básicas e os primeiros auxilios rapidamente.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Tractores agrícolas e forestais, máquinas autopropulsadas e accionadas para o traballo do solo, para a implantación dos cultivos, para a distribución do fertilizante mineral e orgánico, para a rega, para a aplicación dos productos fitosanitarios, para a recolección de forraxes (feo, silo e palla), para a recolección de gra e sementes, para a recolección de tubérculos e raíces, para a recolección de cultivos industriais, para a recolección de froitas e hortalizas, para a carga, a descarga e o transporte de colleitas e materias primas, para a limpeza, clasificación e secado das colleitas e para a gandería (alimentación e extracción e conservación de productos gandeiros). Equipos e instrumentos de taller para mantemento e reparacións de tractores e máquinas, como bancos de traballo, depósitos de elevación e desprazamento, xogos de ferramentas, extractores, equipos de soldadura, forxa, trade, gatos hidráulicos, equipos de engraxamento, compresor e depósito para o almacenamento de

combustibles e lubricantes. Máquinas, equipos e instalacións gandeiras.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Labores agrícolas e forestais realizados de conformidade coas necesidades do cultivo e en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas. Operacións de manexo gandeiro realizadas en conformidade coas necesidades dos animais.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos para o traballo con tractores agrícolas e máquinas autopropulsadas ou con motor térmico. Procedementos para o uso de maquinaria de traballo do solo. Procedementos de traballo para os equipos de distribución de fertilizantes e emendas,

de sementeira, plantación e transplante, de rega, de aplicación de fitosanitarios e praguicidas, de recolección e de transporte. Métodos de uso e mantemento para as máquinas, equipos e instalacións fixas. Métodos de uso e mantemento dos equipos de muxidura e refrixeración do leite. Métodos para calibrar, axustar e manexa-las máquinas de acordo co estado da parcela (solo e cultivo) ou as necesidades do gando, para conseguir un traballo en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas e gandeiras.

-Información utilizada e/ou xerada:

Manuais de servicio e de taller de tractores, máquinas e equipos e información técnica sobre prestacións de traballo, sobre posibilidades e limitacións das máquinas que se van utilizar e sobre procesos de mantemento de tractores e máquinas agrícolas e instalacións gandeiras. Normativa de seguridade e hixiene no traballo. Código da circulación e normativa complementaria.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Xefe de explotación, empresarios e encargados das empresas para as que realizan os servicios. Operadores de tractores e máquinas agrícolas. Provedores de equipos e elementos funxibles necesarios para o funcionamento da explotación agraria.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realiza-los procesos e traballos necesarios para a obtención de productos forestais, explotándoos racionalmente:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Realiza-las operacións necesarias incluídas nos traballos de corta, desembosque, carga e transporte de madeiras, segundo o planificado e previsto nos plans técnicos de ordenación dos aproveitamentos forestais.* Interprétase correctamente a planificación dos traballos (cortas silvícolas e cortas finais), tendo unha visión global e integrada deles e identificándoos posteriormente sobre o terreo.

* Colabórase, se é o caso, na valoración, medición e no sinalamento das existencias e dos productos que se pretenden obter.

* Realízanse adecuadamente os traballos predefinidos para o aproveitamento dos productos intermedios (leñas) ou finais (madeiras), utilizando para iso as técnicas adecuadas de apeo, espola, clasificación, rozamento e amorea, cumprindo a normativa de seguridade e hixiene no traballo.
* Selecciónanse correcta e oportunamente os traballos de extracción de leñas e madeiras procedentes dos traballos de corta, adaptándose ó planificado previamente, velándose, se é o caso, pola integridade dos pés que permanecerán no monte, e minimizando en tódolos casos os danos ecolóxicos na zona de traballo.
* Realízanse os traballos de extracción e desembosque, aplicando as técnicas específicas e en condicións adecuadas de seguridade e hixiene no traballo.
* Realízanse de forma apropiada os traballos de amoreamento no propio monte ou nas praias de desembosque, clasificando a madeira e os productos en función do seu futuro uso industrial, seguindo os procedementos establecidos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Aplícanse adecuadamente as técnicas e os métodos de tratamento establecidos para os residuos procedentes das cortas, para a súa posterior comercialización, se procede, ou para a súa incorporación, tralo proceso de descomposición, ó solo do monte.
* Aplícanse correctamente os sistemas de cubicación, medida, peso e aforo dos productos obtidos, segundo o procedemento establecido.
* Realízase a carga e o transporte dos productos obtidos na explotación, utilizando os medios adecuados.

3.2.Realiza-las operacións para a obtención de productos forestais tales como casca, resinas, froitos e outros productos silvestres segundo o planificado e previsto nos plans técnicos de ordenación dos aproveitamentos forestais.* Realízanse oportuna e adecuadamente os traballos de explotación da casca, utilizando as técnicas e ferramentas adecuadas para a súa extracción da árbore.

* Prevense os medios e utilízanse as vereas ou vías de saca da casca desde o pé productor ata os lugares nos que se leva a cabo o seu amoreamento, segundo o establecido.

* Clasifícase e amoréase a casca obtida segundo cualidades, seguindo o procedemento establecido, quedando disposto para realiza-la carga e transporte á planta de transformación.
* Aplícanse os productos estimulantes, as técnicas de preparación dos pés que hai que resinar, os métodos de resinación, as ferramentas e utensilios propios do aproveitamento resineiro, segundo os procedementos establecidos e en condicións adecuadas de seguridade e hixiene.
* Revísanse periodicamente os potes, colleitando no momento oportuno e envasando adecuadamente a mera para a súa posterior comercialización.
* Realízanse oportuna e correctamente os traballos de colleita de froitos, utilizando os medios de producción e ferramentas adecuados.
* Selecciónanse e utilízanse os medios idóneos para a saca dos froitos obtidos no monte, ata o seu lugar de almacenamento ou de transformación.
* Aplícanse as técnicas adecuadas e utilízanse as ferramentas e materiais propios para a colleita de plantas silvestres aromáticas, medicinais, de ornamento ou arranxos florais, cogomelos e outros productos presentes de forma natural no monte ou en parcelas de cultivo.
* Realízanse oportuna e correctamente os traballos para a distribución e venda dos productos silvestres, ou se é o caso de almacenamento e conservación nos envases e lugares adecuados.
* Aplícanse correctamente os sistemas de medida, peso, cubicación ou aforo dos productos obtidos (casca, resinas, froitos, plantas), segundo o procedemento establecido.

3.3.Realiza-los traballos de vixilancia, control e seguimento das reses e especies cinexéticas en réxime de liberdade, así como os traballos relacionados coa mellora do espacio cinexético.* Identifícanse as especies cinexéticas conforme os principais aspectos da súa bioloxía e a súa distribución rexional e comarcal.

* Recóllese e ordénase a información obtida no campo, identificando e acondicionando o material faunístico (restos, exemplares mortos, pegadas, sinais,...).

* Aplícanse correctamente as técnicas de captura de especies cinexéticas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Aplícanse as técnicas para o control das especies prexudiciais para a caza, seguindo os métodos establecidos e as instruccións de traballo e respectando a normativa legal vixente e o equilibrio ecolóxico.
* Realízanse as tarefas de vixilancia e protección das poboacións, durante as épocas máis vulnerables na comarca ou zona de traballo.
* Detéctanse, se é o caso, a aparición de enfermidades e epizootias máis comúns, emitindo o informe correspondente ós técnicos sanitarios e colaborando se procede, na aplicación de medidas profilácticas e/ou terapéuticas.
* Realízanse correctamente os traballos programados para a mellora do hábitat das especies cinexéticas (cercas, sementeiras, comedeiros, bebedeiras, refuxios, mellora da vexetación arbustiva e arbórea).
* Colabórase en repoboacións de caza menor e maior no espacio cinexético, colaborando posteriormente no seguimento e control desas poboacións.
* Valóranse correctamente, segundo os baremos oficiais, os distintos trofeos de caza (en man e en campo).
* Emítese o correspondente informe ás autoridades competentes da presencia de furtivos, prácticas ilegais de caza e outros aspectos que interfiran no normal desenvolvemento da xestión do espacio cinexético.
* Vixíase o cumprimento da lexislación vixente nas actividades de caza e de xestión cinexética do espacio ou couto.

3.4.Realiza-los traballos propios do aproveitamento dos recursos piscícolas.* Identifícanse as especies piscícolas, os aspectos básicos da súa bioloxía e ecoloxía, así como a súa área de distribución nos ríos da rexión.
* Vixíase o cumprimento da lexislación vixente en materia de pesca continental, en aspectos básicos como:
-Útiles e modalidades de pesca legais e ilegais.
-Vixilancia de treitos de ríos.
-Control de actividades de pesca.
-Control de furtivos.
-Control de agresións sobre os ecosistemas fluviais.
* Tómanse datos de campo, segundo instruccións de traballo, para o seguimento das poboacións piscícolas.
* Realízanse os traballos de repoboación artificial, seguindo os procedementos e instruccións recibidas.
* Realízanse no seu momento os traballos programados para a mellora do hábitat das especies de augas continentais (refuxios, treitos para reproducción, escalas salmoeiras, reixas,...).
* Realízanse adecuadamente as capturas de exemplares reproductores, as técnicas de marcaxe, o seguimento de peixes e o seu transporte, seguindo as instruccións de traballo.
* Realízanse os traballos de repoboación artificial seguindo as instruccións recibidas.
* Realízanse, seguindo instruccións, os traballos de plantación e/ou conservación da vexetación de ribeira e acuática, para o seu uso como refuxio ou zona de alimentación.

RealizaciónsCriterios de realización

* Aplícanse e utilízanse, baixo supervisión técnica e con autorización oportuna da administración competente, técnicas e materiais de pesca (nasas, eléctricas) con fins de estudio das poboacións, eliminación de especies competidoras ou non desexables (exóticas) e para descastes.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Maquinaria e ferramentas para a corta de árbores: motoserras, procesadores tradeadores e espoladores, escascadoras mecánicas. Maquinaria de desembosque: tractores agrícolas e forestais, autocargadores, cables de arrastre, teleféricos, equipos de carga-descarga, camións, guindastres cargadores de troncos. Equipos e maquinaria para o tratamento de residuos forestais: queimadores de facho, esteladoras, trituradoras, grades. Ferramentas e equipos para a resinación e o a descasca: machados, alisadores, trazadores, escodas, burxas e rozadoras. Instrumental de medida: forcípulas, calibradores de casca, barrena de crecemento, hipsómetro. Instrumental de orientación, agrimensura e topografía: compás de man, alidadas, escuadro de agrimensor, prisma óptico, cintas métricas, estereoscopios de peto. Equipos, ferramentas e materiais para a colleita de froitos, plantas aromáticas e medicinais. Equipos, ferramentas e materiais para o mantemento e reparación de maquinaria e equipos de traballo.

Equipos de protección persoal. Prismáticos, emisoras, hydes, armas, planos, fotogramas aéreos e pares estereoscópicos.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Explotación de materias primas como madeiras, leñas, casca, resinas, froitos, plantas medicinais, aromáticas e ornamentais, así como a súa extracción do monte. Adecuación e ordenación dos recursos cinexéticos e piscícolas, para o seu aproveitamento racional.

-Procesos, métodos e procedementos:

Execución do proxectado e planificado, aplicando os sistemas, técnicas e procedementos de explotación, empregando os medios e equipos idóneos para a obtención dos distintos productos. Procesos de explotación e producción forestal. Métodos de corta, desembosque, carga e transporte de madeiras. Técnicas e procedementos de cubicación, medida, peso e aforo de productos forestais. Métodos de obtención de productos forestais (casca, resinas, froitos,...). Métodos de aproveitamento de recursos piscícolas. Procedementos de control e seguimento de especies cinexéticas.

-Información utilizada e/ou xerada:

Planificación dos traballos. Información técnica e manuais de operario sobre maquinaria forestal e o seu mantemento. Información técnica sobre os métodos e procesos para a obtención dos distintos productos forestais. Tarifas de rendementos para as distintas operacións. Normas de seguridade e hixiene nos traballos forestais. Táboas de cubicación e valoración de productos forestais. Lexislación vixente en actividades

relacionadas co aproveitamento dos recursos forestais: madeira, froitos, casca, caza, pesca. Cartografía e fotografía aérea.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Administracións con competencia en temas forestais: estatal, autonómica, provincial e local. Empresas forestais privadas ou públicas.

Propietarios forestais. Comunidades.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-los labores e operacións de reproducción, propagación e producción de plantas en viveiro:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Colleitar, manipular, almacenar e adquirir, se é o caso, sementes e material vexetal para a súa reproducción e propagación vexetativa.* Efectúanse e/ou contrólanse as normas establecidas para a provisión de sementes en cantidade e calidade suficiente, colleitándoas no medio físico ou adquiríndoas en establecementos ou organismos oficiais autorizados.
* Procédese correctamente á extracción, manipulación e almacenamento das sementes segundo as súas características específicas.
* Obtense o material vexetal seguindo as técnicas establecidas, tanto para o material escollido como para as especies requiridas, almacenándoo adecuadamente.
* O material de reproducción e propagación (sementes, material de reproducción in vitro, xemas para enxerto) reúne as condicións adecuadas e cumpre as normas establecidas.
* Extráense os meristemos correctamente segundo o procedemento preestablecido para inicia-lo proceso de micropropagación in vitro, dos distintos cultivos.
* Compróbase que a adaptación do implante ó medio de cultivo, temperatura e fotoperíodo na sala de cultivo son os correctos.
* A preparación, desinfección e sementeira da semente realízase coa densidade axeitada e tendo en conta a especie que se vai cultivar.

4.2.Realiza-los labores de preparación do solo e/ou os substratos específicos aplicando e supervisando, de se-lo caso, as correccións oportunas, a súa desinfección e a fertilización, e utilizando as maquinarias e apeiros necesarios en función do cultivo.* Realízanse correctamente as emendas necesarias para axeita-lo solo destinado a sementeira ou á implantación vexetal.

* Realízanse as operacións de desinfección do solo e dos substratos de cultivo, seguindo o procedemento preestablecido.

* Efectúase o proceso de fertilización seguindo o método adecuado e usando as fórmulas, doses e tipos de fertilizante recomendadas en función da análise do solo.
* Utilízanse, dosifícanse e líganse os compoñentes idóneos para a fabricación de distintos substratos de sementeira específicos, segundo os diferentes tipos de cultivos.
* Selecciónase e utilízase o apeiro adecuado segundo os labores de preparación do solo que se vaian realizar (alzado, binado, enareado e aportación de substrato).
* Prepárase adecuadamente o terreo (alombado, chan, en eiras, en socalcos), tendo en conta o cultivo que se vai desenvolver.
* Prepáranse correctamente os distintos medios de cultivo (terreos) destinados á micropropagación in vitro, aplicando as técnicas máis avanzadas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Esterilízanse correctamente os tarros que conteñen os medios nutritivos dos distintos cultivos en producción, seguindo o procedemento establecido.
* Compróbase que a xelificación é correcta.
* Compróbase que non existen contaminacións por fungos e/ou bacterias no almacenamento durante o prazo de espera.

4.3.Realiza-la implantación do cultivo elixido, aplicando as técnicas de reproducción e propagación axeitadas e específicas para cada especie.* Realízanse as multiplicacións necesarias na sala estéril para inicia-lo programa de producción en número e data establecidos para cada cultivo micropropagado.
* Compróbase que se manteñen as temperaturas e fotoperíodos adecuados nas salas de cultivo.
* Compróbase que non existen contaminacións nos tarros cos implantes dos distintos cultivos nos procesos de multiplicación, elongación e radiación.
* Realízanse os tratamentos adecuados e específicos de presementeira de sementes, tendo en conta a especie que se vai sementar.
* Aplícanse as técnicas de semente axeitadas a cada especie, utilizando o tipo de envase ou contedor idóneo, tapando e protexendo as sementes contra os seus inimigos naturais e a radiación solar.
* Selecciónanse as varas e escallos, en cada caso, para a propagación das especies elixidas.
* Compróbase que o marco de plantación ou sementeira é o axeitado e fixado previamente.
* Avalíase correctamente o número de marras nos cultivos.
* Realízanse os tratamentos fitosanitarios e hormonais adecuados para cultivo de escallos e varas elixidos para a súa propagación.
* Selecciónase o soporte de implantación (bandexas, sucos) axeitado para o varado e tendo en conta a especie que hai que propagar.
* Aplícanse correctamente as técnicas de enxertos específicos para cada especie e variedade, seguindo o procedemento establecido.
* Selecciónanse e tratan adecuadamente os patróns, pés e o material vexetativo doador de pugas ou xemas.
* Sobre os pés de plantas seleccionadas no campo, aplícanse correctamente as técnicas de enxertado en viveiro, segundo o procedemento establecido para cada variedade.

4.4.Realiza-los labores culturais e de protección dos cultivos, utilizando as técnicas máis avanzadas.* Realízanse as limpezas adecuadas, con regularidade e cos productos necesarios para mante-la asepsia total nas distintas dependencias do laboratorio de micropropagación.
* Realízanse as operacións de repicado e transplante especificas, así como as podas de formación segundo o cultivo que se vai desenvolver.
* Instálanse os titores adecuados (redes, mallas, arames) para o cultivo.
* Compróbase, por análise foliar, que as achegas de nutrientes son as adecuadas para as diferentes especies de cultivos.
* Compróbase periodicamente o estado sanitario das plantas, para aplicar, se é o caso, o tratamento preventivo fitosanitario preventivo correctamente (funxicidas e insecticidas).
* Utilízanse adecuadamente os métodos de loita biolóxica e os productos fitosanitarios de baixa toxicidade.

RealizaciónsCriterios de realización

* Compróbase que o solo está libre de malas herbas e, en caso contrario, elíxense e utilízanse adecuadamente os herbicidas preemerxentes e postemerxentes segundo o cultivo que se vai desenvolver.
* Compróbase que as condicións de temperatura e humidade de cultivo forzado e do substrato en cultivo de cama quente son as establecidas para cada especie de cultivo.

4.5.Preparar e utiliza-los equipos, ferramentas e materiais específicos da reproducción e propagación vexetal.* Selecciónanse, prepáranse e manéxanse os equipos e ferramentas específicas conforme os requirimentos da operación que se vai realizar.
* Revísanse e regúlanse os equipos e material específico segundo as actividades que se vaian realizar, comprobándose que tralo seu uso están en condicións para a súa próxima utilización.
* Os traballos realizados coas máquinas, equipos e ferramentas específicas execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas para cada un deles.

4.6.Instalar e utilizar eficazmente o sistema de rega elixido tendo en conta os cultivos que se vaian implantar.* As regas dos cultivos realízanse tendo en conta o estado do terreo, a época, frecuencia e duración as necesidades específicas.
* Utilízase a dotación de auga por m axeitada ó cultivo que se vaia regar, de acordo co sistema de rega elixido.
* Compróbase que a auga de rega cumpre coas condicións de salubridade axeitadas, tendo en conta o cultivo que hai que regar.
* Elíxense os sistemas de fertirrigación de acordo cos cultivos establecidos.
* Compróbase que tódolos elementos do sistema de rega funcionan correctamente e, de se-lo caso, arránxanse ou substitúense os elementos avariados ou desgastados.

4.7.Recoller, transportar e almacena-los productos cultivados, segundo a época máis conveniente e a demanda do mercado.* Realízase a colleita segundo o desenvolvemento do cultivo e de acordo coas perspectivas de comercialización do producto.
* Selecciónanse e úsanse adecuadamente as ferramentas, maquinaria e envases utilizados na recolección e no almacenamento do producto.
* Durante a recolección evítanse os malos tratos ó producto para que non afecten á súa calidade.
* Transpórtase o producto co medio adecuado e específico para cada un deles, de maneira que non se deteriore durante o seu traslado.
* Os almacéns de conservación reúnen as condicións hixiénicas de acordo coa lexislación vixente e os requisitos imprescindibles sobre acceso, carga e descarga.
* Prevese a utilización de cámaras frigoríficas para a conservación dos productos que necesitan refrixeración ata a súa venda.

4.8.Realiza-la instalación e mantemento de invernadoiros sinxelos, túneles e acolchados, utilizando os materiais adecuados e seguindo as instruccións do fabricante.* Elíxese o tipo de invernadoiro para instalar e a súa localización, tendo en conta os ventos de maior intensidade que se dan na zona e o cultivo que se pretende implantar.
* Téñense en conta a estructura, os elementos auxiliares e a natureza dos materiais empregados para:
-Evita-la formación de bolsas de auga na cuberta durante a época de chuvias.
-Conseguir un sistema de aireación axeitado.
-Unha luminosidade correcta.

RealizaciónsCriterios de realización

-Un control da temperatura efectivo durante tódolos ciclos do proceso de cultivo.
* Interprétanse correctamente os planos de construcción do invernadoiro.
* Utilízanse a cuberta, estructura e materiais adecuados ó cultivo e ó sistema de protección.
* Téñense en conta as dimensións do invernadoiro en función da mecanización dos cultivos.
* Substitúense os elementos avariados ou desgastados do invernadoiro polos materiais adecuados.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Maquinaria, apeiros e ferramentas propios do traballo en viveiros: tractores, motocultores, plantadoras e sementadoras, arrincadeiras, aporcadoras e grades, motoaixadas, navallas de enxertar, tesoiras de poda de diversos tipos, equipos pneumáticos de poda, serróns, esparto, cintas de plástico, mástique, cobre-enxertos, rafia. Fertilizadoras. Mesturadoras de substratos. Sementadoras de ferrón. Mallas antipulgón e mallas de sombreado. Equipos e mesas de propagación: de enraizamento, de sementeiro. Tarros e bandexas. Contedores. Drenes e equipos de drenaxe. Equipos e medios para a multiplicación in vitro: vitrinas, máscaras, termóstatos, autoclaves, medidores de pH. Agarizadores. Cabinas de fluxo laminar. Instalacións cubertas para o cultivo: invernadoiros, túneles de aclimatación e endurecemento, microinvernadoiros de propagación. Acolchados. Materiais de soporte estructural para invernadoiros. Equipos de rega: sistemas de bombeo e de distribución. Diferentes sistemas de rega:

aspersión, goteo, nebulización, canle ou sucos, inundación ou a manta. Equipos de fertirrigación (normais e informatizados). Protectores e titores: rodrigóns, redes, arames. Plásticos, tirantes, cremalleiras, policarbonatos, arames, aperturas cenitais. Equipos de recolección de colleitas. Equipos de limpeza e clasificación de productos colleitados. Almacéns. Instalacións de secado e ventilación. Instalacións de frío, medidores de humidade e temperatura.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Sementes. Material vexetativo: escallos, varas, xemas de enxerto, embrións, portaenxertos. Elementos para composición dos substratos: peroliña, vermiculita, casca de piñeiro, humus, turba, area de río. Productos fitosanitarios e fitotóxicos. Productos hormonais. Fertilizantes sólidos, líquidos e de liberación lenta. Xeles.

Plantas de distintas especies destinadas á repoboación, producción de plantas de flor para flor cortada, producción de plantas ornamentais de interior e exterior, producción de plantas para reproducción en invernadoiros, producción de plantas hortícolas para a agricultura intensiva e extensiva. Colleitas preparadas para a súa conservación.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos de reproducción e propagación dependendo das especies que se vaian cultivar e as súas características. Métodos de cultivo, de rega, fertilización, control da temperatura. Procedementos de cultivo adecuados á especie que se vai propagar. Métodos de tratamentos das especies obxecto de cultivo. Procedementos de coidado e mantemento dos cultivos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Métodos de cultivo das especies que se vaian reproducir. Tratamento das sementes: recolección, extracción, manipulación. Reproducción vexetativa. Solos, substratos e fertilizantes: tipos. Detección de enfermidades e pragas. Tratamentos adecuados. Prazos de seguridade. Malherboloxía aplicada ós cultivos. Analítica foliar, de solos e de augas de rega. Sistemas de rega. Fisioloxía das plantas que se cultivarán. Variedades. Sementes (tipos). Pés e material vexetativo. Catálogos e relación de asociacións de productores, nacionais e internacionais.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Cultivadores e agricultores. Autónomos. Cooperativas de producción e sociedades agrarias de transformación (SAT). Comunidades de bens. Empresas de cultivos intensivos e extensivos de flor cortada, de repoboación forestal, de florería. Centros de xardinería. Viveiros forestais. Empresas públicas e privadas de xardinería. Empresas de horticultura e fructicultura.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realiza-los procesos e traballos necesarios para a implantación de árbores e arbustos no monte, así como os de mantemento, conservación, inventario e defensa das masas forestais:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Realiza-las operacións necesarias para a forestación segundo o planificado e previsto nos proxectos de repoboación forestal e en condicións de seguridade e hixiene no traballo.* Interprétase correctamente a planificación dos traballos, cunha visión global e integrada deles, identificándoos posteriormente sobre a zona de actuación.

* Colabórase, se é o caso, na delimitación da superficie e nos traballos preliminares á repoboación forestal.

* Aplícanse oportuna e adecuadamente os traballos de tratamento sobre o tapiz herbáceo e/ou sobre a matogueira competidora, actuando segundo os niveis de intensidade, de acordo co proxectado.
* Aplícanse correctamente as técnicas de preparación do solo en función do proxectado, utilizando a maquinaria e apeiros idóneos.
* Aplícanse adecuada e oportunamente as técnicas e traballos de sementeira e plantacións manuais e/ou mecanizadas sobre solos previamente preparados ou non, utilizando a maquinaria, medios mecánicos e ferramentas apropiadas, conforme o planificado.
* Vixíase o cumprimento e aplicación da lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene e ambiental nos traballos de forestación.

RealizaciónsCriterios de realización

* Aplícanse adecuadamente as técnicas de corrección hidrolóxica, utilizando os materiais, medios e maquinaria apropiados, de acordo co planificado nos proxectos de restauración hidrolóxico-forestal.

5.2.Realiza-los procesos oportunos e as operacións necesarias, incluídos nos tratamentos silviculturais, das masas forestais no solo e o voo, segundo o proxectado e en condicións de seguridade e hixiene no traballo.* Interprétase correctamente a planificación dos traballos silviculturais que se deben aplicar no solo e no voo das masas forestais, cunha visión global e integrada deles, identificándoos posteriormente na zona de actuación.
* Colabórase nos traballos preliminares ás prácticas silvícolas.
* Realízanse correcta e oportunamente os traballos proxectados, manexando a maquinaria e apeiros agrícola-forestais específicos para o laboreo do solo, a súa fertilización e emenda.
* Realízanse oportuna e adecuadamente os traballos programados, previstos para o tratamento silvícola do voo das masas forestais.

5.3.Realiza-los traballos básicos de toma de datos no monte para o inventario e ordenación das masas forestais.* Realízanse correctamente os traballos auxiliares básicos de toma de datos, seguindo as instruccións de traballo.
* Realízase o sinalamento das masas forestais para o seu inventario e ordenación, seguindo o plan establecido.
* Elabóranse informes sinxelos segundo o protocolo normalizado.
* Vixíase o cumprimento da normativa de seguridade e hixiene no traballo.

5.4.Realiza-los traballos propios da prevención, vixilancia e extinción de incendios forestais en condicións de seguridade e hixiene no traballo.* Realízanse adecuada e oportunamente os traballos culturais preventivos aplicados sobre o solo e voo das masas forestais, para a construcción e/ou o mantemento de áreas e faixas cortalumes, faixas auxiliares de pistas, e, en xeral, para a ordenación do combustible forestal de alto risco.
* Manéxanse adecuadamente os medios técnicos comunmente utilizados para a vixilancia, detección, localización, identificación e transmisión do lume no medio natural, cunha visión global e integrada do sistema de alerta do que forma parte activa.
* Recompílase a información precisa sobre a situación e funcionamento da rede de vixilancia e detección de incendios, en postos fixos e móbiles.
* Aplícanse as técnicas de extinción de incendios e a utilización dos medios técnicos e mecánicos, ferramentas, materiais e equipos que interveñen neles, conforme os procedementos establecidos.
* Aplícanse as operacións tácticas de extinción adecuadas a cada situación, optimizando os recursos humanos e materiais dispoñibles e aplicando os criterios de seguridade para o persoal e nos traballos de extinción.
* Ante situacións non previstas, aplícanse adecuadamente os métodos de loita máis eficaces, actuando de forma coordinada con outros equipos e medios que interveñen na extinción.
* Cúbrense correctamente os partes e fichas relativos ás incidencias, danos e estatísticas relacionados coa extinción do incendio.

5.5.Realiza-las operacións necesarias para controla-las pragas e enfermidades no medio natural.* Detéctase e identifícase a presencia de pragas e enfermidades e outros danos de procedencia biolóxica ou mecánica que afecten ás masas forestais, realizando o informe con rapidez.

RealizaciónsCriterios de realización

* Contrólase e realízase, de se-lo caso, a utilización axeitada dos medios de aplicación, productos e doses para tratamentos localizados de pequenas zonas, colaborándose nos tratamentos aéreos de grandes superficies.
* Practícanse as recontaxes ou contaxes de niveis de pragas e fauna útil en cada punto de control.
* As contaxes e tomas de mostras realízanse no momento e co instrumental axeitado, seguindo o ciclo biolóxico de cada praga, parásita ou predador.
* Cóbrense as fichas/bosquexos de campo para as diferentes zonas segundo o programa establecido previamente.
* Revísase e actualízase a información técnica e económica relacionadas coas técnicas de aplicación e cos productos fitosanitarios que se rexistran oficialmente, para mellora-los procedementos.
* Utilízanse correctamente os equipos persoais requiridos para cada tipo de tratamento e producto que hai que empregar.
* Cúmprese en todo momento a normativa de seguridade e hixiene no traballo.
* Utilízanse as formulacións praguicidas en función das características das pragas que se teñen que combater, de maneira que se minimicen os efectos sobre o medio natural.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Maquinaria para o tratamento da matogueira e o tapiz herbáceo: angledozer, grades de desmonte, rozadoras mecánicas, trituradoras, motorrozadoras, calabozos, fachos de goteo. Medios mecánicos e apeiros para a preparación do solo: Angle-tilldozer, TTAE, arados, subsoladores, esburacadores, aixadas. Maquinaria e medios para a implantación: Plantadoras mecánicas, retroescavadoras, arados bisuco, esburacadoras, aixadas de plantación, pottipukki. Instrumental de medida dasométrico: forcípulas, calibradoras de casca, barrena Pressler, hipsómetros. Instrumental de agrimensura e topografía: cinta métrica, prisma óptico, alidadas de pínula, clisímetros, clinómetros, compás de man. Cadeas e escuadros de agrimensor. Instrumental de medicións sobre plano: escalímetros, curvímetros, planímetros. Maquinaria e apeiros para os labores culturais do solo: aixadas, grades lixeiras, medias e pesadas, cultivadores, arados de veso e desmonte, tractores de rodas e eirugas, fertilizadoras. Maquinaria e

equipos para o tratamento do voo: calabozos, rozadoras, tesoiras, machados, serras de poda, podadoras hidráulicas e pneumáticas, motoserras, equipos para gabear por árbores. Equipos, ferramentas e materiais destinados á loita contra incendios: batelumes, machados, aixadas, pas, motorrozadoras, motoserras, vehículos contra incendios, motobombas, mochilas impulsadoras de auga, prismáticos, equipos de comunicación. Equipos de protección persoal e de primeiros auxilios. Equipos de detección e control de aplicación de pragas e enfermidades. Equipos de tratamentos fitosanitarios. Material vexetal para a súa plantación e/ou sementeira. Protectores de plantas. Productos fitosanitarios e para a loita biolóxica contra parasitas forestais. Mástique protector de feridas de

poda. Aceites e combustibles. Ferramentas para o mantemento e reparacións pequenas. Fertilizantes, insecticidas, funxicidas. Materiais diversos de construcción.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Reforestación ou repoboación de superficies forestais. Achega de datos para a inventariación e ordenación dos recursos forestais. Masas forestais melloradas culturalmente. Prevención, vixilancia e defensa contra incendios forestais. Correccións hidrolóxico-forestais e de terreos inestables. Masas forestais protexidas contra enfermidades e pragas e sen risco para o medio ambiente.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas e métodos de repoboación forestal. Técnicas de corrección hidrolóxico-forestal. Técnicas silviculturais aplicadas sobre o solo e o voo das masas forestais. Métodos de mostraxe e inventario dos recursos forestais. Silvicultura preventiva contra incendios forestais. Técnicas de detección e extinción de incendios. Técnicas de aplicación de productos fitosanitarios e colocación de trampas biolóxicas contra as parasitas forestais. Técnicas para o control das pragas e enfermidades. Métodos de mantemento das máquinas e equipos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Planificación dos traballos. Información técnica e manuais de operario sobre maquinaria utilizada en traballos forestais e o seu mantemento.

Información técnica sobre os procesos e métodos utilizados en repoboación forestal, traballos silviculturais e de defensa das masas forestais. Tarifas de rendemento para distintas operacións. Criterios de mostraxe e táboas de cubicación e valoración de productos forestais. Lexislación vixente en materia de reforestación, tratamentos silviculturais e loita contra incendios. Cartografía e fotografía aérea. Normas de seguridade e hixiene nos traballos forestais. Normativa de seguridade no traballo e utilización de productos fitosanitarios, limitacións de emprego e niveis tolerables de residuos. Fichas de campo. Manual de productos fitosanitarios coa súa materia activa e toxicidade. Regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, comercialización e utilización de praguicidas.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Administracións con competencias en materia forestal (central, autonómica, provincial e local). Empresas forestais privadas e públicas.

Propietarios forestais. Comunidades. Xefes de tratamentos. Persoal auxiliar de aplicación. Manipuladores.

2.5.6. Unidade de competencia 6: realiza-los labores de control e vixilancia do medio natural, así como as actividades de uso público dos espacios naturais:

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Controlar e vixia-las diferentes especies vexetais e animais do espacio natural co obxecto de mante-lo equilibrio ecolóxico emitindo os informes pertinentes.* Emítense os informes pertinentes en que se fan consta-los datos requiridos sobre diversidade e densidade da flora do espacio segundo as instruccións recibidas.
* Realízase un informe sobre a fauna do espacio natural, seguindo as instruccións recibidas, no que conste:

RealizaciónsCriterios de realización

-Área de distribución.
-Comportamento.
-Relacións intra e interespecífica.
-Estado sanitario observado.
* Realízanse correctamente as mostraxes para achega-los datos precisos requiridos no plano de actuación preestablecido.
* Aplícanse as medidas establecidas tendentes a manter e conserva-lo equilibrio ecolóxico do espacio natural.

6.2.Realiza-las medidas periódicas e rutineiras, así como os controis sanitarios oportunos respecto das especies do espacio natural segundo o plan establecido.* Realízanse as medidas adecuadas para controla-las parasitas e pragas máis comúns no espacio natural, seguindo o plan establecido.

* Emítese o informe en que se fai consta-lo estado fitosanitario actual das especies máis comúns.

* Aplícanse as medidas de prevención e acción correctora en función dos informes e as instruccións recibidas.
* Aplícanse correctamente as técnicas de anelamento e/ou colocación de marcadores para o control das diferentes especies animais segundo as instruccións recibidas.
* Cénsanse correctamente as poboacións das diferentes especies animais nos diferentes espacios segundo os procedementos establecidos para cada caso e seguindo as instruccións recibidas.
* Efectúase o seguimento patolóxico das diferentes especies animais do espacio natural obxecto de actuación seguindo os procedementos marcados.
* Aplícanse os tratamentos adecuados, en función das instruccións recibidas, con fins profilácticos e/ou terapéuticos.
* Realízase adecuadamente a captura en función do estado dos animais, para o seu posterior sacrificio ou traslado ó centro de recuperación ou ó laboratorio.

6.3.Tomar correctamente as mostras de vertidos e/ou residuos vexetais e animais do espacio natural seguindo as normas establecidas ó respecto.* A recolla dos distintos tipos de vertidos ou residuos realízase seguindo os procedementos establecidos para cada un deles.

* Tómanse as mostras na forma, puntos e contía indicados, identificándose e enviándose para a súa análise, seguindo o procedemento establecido.

* Selecciónase e elíxese o recipiente adecuado para a toma de mostras, segundo o tipo de mostra que se vai tomar.
* O volume de mostra tomado é o adecuado a cada tipo de residuo ou vertido que se debe analizar.
* Localízase correctamente a zona de toma de mostras para que esta sexa representativa do vertido contaminante.
* Tómanse as medidas adecuadas para que a mostra non se altere durante a súa conservación e o seu transporte.
* Elabóranse informes sinxelos a partir das observacións visuais in situ, segundo protocolo normalizado.

6.4.Realizar e/ou controla-la vixilancia do espacio que se vaia protexer e das súas zonas máis sensibles seguindo as normas establecidas no plan xeral de protección.* Establécense adecuadamente os controis necesarios para a protección do espacio en función de:-Acceso de visitantes.-Acceso de intrusos.
-Vertidos contaminantes.

RealizaciónsCriterios de realización

-Focos de lume.
* Manéxanse correctamente os medios necesarios, ópticos, cartográficos, de transmisión, de orientación e de transporte, segundo a operación que se vai realizar.
* Aplícase e cúmprese a lexislación vixente en seguridade e hixiene nos traballos de control e vixilancia do medio natural.
* Emítense os correspondentes informes sobre as infraccións observadas das normas establecidas para a protección do medio natural.

6.5.Recibi-los visitantes do espacio natural e informar sobre as características do contorno e dos itinerarios, así como da infraestructura dispoñible, sensibilizando o visitante cara ós aspectos de conservación do medio natural.* O grupo recibe información previamente no centro de interpretación e acollida, se procede, que lle permita coñece-los aspectos máis significativos sobre:-Itinerarios: trazados, etapas, tempos, horarios e lugares de interese ou dificultade que se poden visitar.
-Flora, fauna e características do espacio natural protexido e ecosistema.
* A comunicación realízase de forma amena e comprensible, orientando a información cara ás normas que se deben cumprir na visita e mantendo o interese do grupo.
* Mantéñense en todo momento recursos informativos suficientes, xestionándose previamente a súa utilización.
* Infórmase sobre as normas vixentes de protección de espacios naturais asegurándose de que en todo momento se cumpre a regulamentación ó respecto.

6.6.Organizar e acompaña-lo grupo tendo en conta as características dos seus integrantes e as condicións do medio.* Infórmase previamente sobre vestimenta e calzado que se debe utilizar para realiza-lo itinerario establecido.
* Acompáñase o grupo polo itinerario, explicando as características máis significativas, coa axuda da información previamente entregada.
* Nas actividades realizadas no espacio natural, aplícanse as normas de seguridade e prevención establecidas en función das características do terreo.
* Aplícanse os primeiros auxilios de emerxencia a accidentados seguindo os protocolos e pautas de actuación establecidos.
* Emítese o informe correspondente sobre o estado de conservación, deficiencias e anomalías detectadas nos itinerarios e centros de información e de envíos ó departamento correspondente.

6.7.Construír de maneira tradicional pequenos elementos de servicio para o uso público do espacio e colaborar no trazado e sinalización dos itinerarios de visita.* Aplícanse os procedementos e técnicas de traballo establecidos para os materiais naturais que se empregan tradicionalmente na zona.
* Compróbase que se cumpren as normas establecidas para a construcción dos diferentes elementos de servicio (bancos, grellas, papeleiras, cercas).
* Cúmprense correctamente as normas de seguridade e hixiene durante a realización dos traballos.
* No establecemento dos itinerarios téñense en conta as condicións topográficas do terreo, a flora, a fauna e a paisaxe, así como as condicións de uso.
* Detéctanse os lugares idóneos para as sinalizacións do itinerario e para establece-lo tipo de equipamento e material.
* Compróbase que as sinalizacións se colocan correctamente nos sitios determinados previamente.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Bibliografía de campo: guías de flora e fauna. Equipo óptico: prismáticos, anteollos. Equipo de comunicación: portófono e radio. Recipientes para a toma de mostras. Material de marcaxe de especies: aneis, marcadores radioactivos, radiotransmisores, marcadores forestais, martelos marcadores e de sinalamento. Vehículos. Uniformes distintivos. Sinais indicativos. Materiais de natureza rústica empregados na construcción tradicional.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Datos para o control do espacio natural. Mostras. Atención ó público. Vixilancia do espacio físico. Informes sobre o estado da flora e fauna. Informes sobre o estado do espacio natural (pragas, estado fitosanitario, furtivismo, itinerarios, conservación). Materiais tradicionais da zona. Cartografía elaborada.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de control e vixilancia de flora e fauna. Técnicas e métodos de control sanitario de flora e fauna. Métodos de tomas de mostras de vertidos e de restos. Técnicas de construcción autóctonas.

-Información utilizada e/ou xerada:

Cartografía. Guías de campo. Plans de ordenación do espacio natural. Plans de uso e xestión do espacio natural. Lexislación supranacional, nacional e autonómica. Instruccións elaboradas polos organismos superiores responsables do espacio físico. Informes e fichas sobre o estado de flora e fauna. Informes e fichas sobre vertidos e residuos.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Público usuario do espacio natural. Persoal ó seu cargo. Persoal de centros de Interpretación. Institucións e organismos oficiais.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Os bosques caracterizáronse tradicionalmente por ser unha gran fonte de recursos naturais que permitiu ó home a obtención de materias primas básicas que utiliza para o seu consumo e que forman así parte do seu contorno doméstico.

Como consecuencia diso foron, e son na actualidade, unha fonte xeradora de emprego, fundamental en ocasións, ó situarse en lugares e zonas deprimidas social e economicamente.

Inmerso na crise de emprego que afecta ó sector agrario en xeral dentro da Unión Europea, con incidencia especialmente dura en subsectores como o gandeiro e o cerealista no noso país, o subsector forestal mantense sen embargo en niveis de emprego máis que aceptables.

Ante as medidas restrictivas, que fomentan o abandono de explotacións agrícolas/gandeiras de baixa ou dubidosa competitividade dentro do esixente mer

cado europeo, o subsector forestal mantén expectativas máis optimistas, non só desde o punto de vista dos aproveitamentos dos recursos forestais tradicionais (madeira, froitos, leñas, cortiza, resina), algúns deles fortemente deficitarios como é o caso da madeira, senón tamén reorientándose e evolucionando cara a actividades relacionadas coa conservación do medio natural, tal é o caso da loita contra os incendios e a erosión, ou a conservación dos ecosistemas característicos e da diversidade biolóxica ante a demanda dunha sociedade máis sensibilizada e esixente. Así mesmo, evoluciónase cara a outras fórmulas de aproveitamentos dentro dunha ordenación integral dos montes, nas que se prevén respostas para as demandas sociais en aspectos como o seu uso para lecer e recreo, educación ambiental e aulas da natureza.

Esta capacidade de adaptación que ten o subsector forestal xunto á firme e decidida aposta da política agraria común (PAC) para potencialo cunha lexislación axeitada, que incluso favorece a reutilización de solos agrícolas excedentarios ou pouco productivos, fan que a actividade forestal teña unha proxección de futuro esperanzadora, que animará os investidores cara á creación de empresas, contribuíndo á aplicación de novas tecnoloxías, todo iso conformando un sector dinámico, rendible e con futuro. Así, prevese un cambio nas tecnoloxías aplicadas ó ámbito forestal e á protección do espacio natural, tales como novas variedades forestais, fertilización forestal, melloras no manexo do monte, novas formas de loita contra o lume, informática aplicada á xestión, cartografía automática, sistemas de información xeográfica, teledetección, telemática e simulación asistida de incendios.

Como expoñente dunha realidade xa palpable, o Real decreto 378/1993, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, establece un réxime de axudas para o fomento dos investimentos forestais en explotacións agrarias e accións de desenvolvemento e aproveitamento dos bosques en zonas rurais. Tamén é importante a posta en marcha de ambiciosos plans forestais a longo prazo nas distintas comunidades autónomas.

A rapidez na evolución previsible dos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos está fortemente condicionada polas decisións que se toman nos diferentes países sobre política forestal, derivadas do grao de posta en práctica das decisións do Acordo Xeral de Aranceis e Comercio (GATT) e da política agrícola comunitaria da Unión Europea (UE).

A crecente preocupación social pola protección do medio natural e a incorporación á Unión Europea (UE) propiciaron o desenvolvemento dunha normativa a través de directivas de obrigado cumprimento que afectan ó sector. A utilización de tecnoloxías limpas, o aforro enerxético e de auga, a limitación no emprego de productos contaminantes, a xestión dos residuos sólidos e o control de vertidos líquidos e gasosos son os principais aspectos que deberá asumir rapidamente este sector.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

Ás actividades tradicionais pódenselles sumar outras como consecuencia da reorientación doutras actividades agrarias e da demanda actual da sociedade, sen seren necesariamente rupturas traumáticas, xa que o subsector forestal ofrece unha grande flexibilidade para integrar e compatibiliza-la triple función económico-recreativo-protectora do medio natural, polo que, máis que cambios na actividade, se podería considerar que se dá unha ampliación en canto ás diferentes actividades profesionais como consecuencia da realidade actual.

A necesaria asunción dos sistemas de protección do medio natural vai implica-la aparición de novas actividades relacionadas coa conservación do medio rural.

Orientativamente, é previsible:

* A recuperación forestal de superficies agrícolas de baixo rendemento ou excedentarias, seguindo a normativa española e europea en materia forestal.

* Restauracións hidrolóxico-forestais en zonas críticas, inestables ou fráxiles.

* A potenciación da oferta cinexética como actividade rendible económica e socialmente para algunhas comunidades autónomas.

* A ampliación de espacios naturais á rede xa existente, favorecendo a conservación da paisaxe natural.

* A potenciación da oferta de turismo rural e do uso e goce de espacios naturais.

En definitiva, as actividades profesionais dentro do ámbito forestal serán reguladas por plans de ordenación integral dos montes, que compatibilizarán e racionalizarán os aproveitamentos e o uso dos seus recursos e velarán pola súa conservación e mellora.

2.6.3. Cambios na formación:

Non se prevén cambios significativos canto á formación a curto prazo nestas actividades, aínda que si é previsible a adaptación ás novas tecnoloxías, basicamente no referente á incorporación de medios mecánicos e á adaptación da filosofía de ordenación integral dos recursos.

É previsible unha forte demanda social en formación sobre protección e conservación do espacio físico.

A diversidade de procesos que interveñen na producción forestal e a súa complexidade, como consecuencia de estaren integrados por fenómenos naturais, obrigará no futuro a un maior grao de especialización do profesional sobre unha formación de base en común.

A formación global deste profesional no proceso de producción forestal e conservación do medio natural haberá que completala cunha formación continua e especializada en campos moi diversos, polo que a partir da súa formación específica deberá estar preparado para a busca e utilización dunha información en continua e rápida evolución. Na formación

profesional inicial deberase potenciar cada vez con máis intensidade os aspectos de:

* Informática e as súas aplicacións no sector a nivel de usuario.

* Traballos de explotación racional do monte.

* Protección e conservación do medio natural e procedementos para o seu control.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Este técnico poderá exerce-lo seu labor profesional dentro do ámbito das distintas administracións con competencias nestas materias, así como en empresas privadas ou públicas, podéndose tamén establecer como pequeno empresario autónomo no sector de servicios forestais.

O campo profesional onde pode desenvolve-la súa actividade concrétase na realización de traballos de producción de plantas, a súa implantación no medio natural, o mantemento, a conservación e a defensa das masas forestais, así como no racional aproveitamento dos recursos presentes no medio forestal. Así mesmo, en empresas dedicadas á explotación racional do monte, en empresas de servicios de mecanización agraria e en centros de investigación aplicada á área forestal.

Terá tamén o seu ámbito de traballo en actividades relacionadas coa protección, conservación e uso do medio natural, así como na organización e xestión da explotación forestal de tipo familiar.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Poderá formar parte do equipo de supervisión e execución de traballos e obras nos que as técnicas e coñecementos tecnolóxicos están relacionados con:

* A producción de plantas en viveiros.

* As especies arbóreas e a súa implantación no medio natural ou forestal.

* O mantemento, a conservación e a defensa das masas forestais.

* O aproveitamento dos recursos forestais.

* As especies cinexéticas e piscícolas do hábitat forestal.

* Traballos relacionados coa conservación e restauración do medio físico.

* Traballos relacionados coa xestión de áreas recreativas e de lecer.

* Traballos de vixilancia do patrimonio natural e sobre os posibles impactos agresores sobre o medio natural.

* Actividades ambientais.

Pódese integrar en empresas de servicios de mecanización, actuando tamén como operador de grandes equipos e maquinaria forestal.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional enuméranse a continuación

as ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados por este profesional unha vez adquirida a competencia profesional definida no perfil do título:

* Motoserrista/rozador.

* Maquinista forestal, tractorista.

* Silvicultor.

* Repoboador.

* Viveirista.

* Escascador.

* Resineiro.

* Bombeiro forestal.

* Colaborador de espacios cinexéticos e piscifactorías.

* Axente forestal (espacios naturais, parques naturais, parques nacionais).

* Axente do ambiente.

* Colaborador en centros de interpretación da natureza, de turismo rural e de educación ambiental.

* Guía da natureza.

Posibles especializacións:

* Este técnico, ó incorporarse ás ocupacións/postos de traballo indicados, necesita un período de adaptación/formación para consegui-la especialización requirida.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Seleccionar, comprender e expresa-la información técnica relacionada coa profesión, analizando e valorando o seu contido e utilizando a terminoloxía e simboloxía axeitadas.

* Analiza-los procesos e efectúa-las operacións de aproveitamento de productos forestais e gandeiros, identificando as técnicas e condicións de realización e relacionándoas coa maquinaria e equipos requiridos.

* Analiza-los procesos e efectua-las operacións de xestión e mellora dos hábitats e poboacións dos espacios cinexéticos e de augas continentais, identificando as técnicas e condicións de realización e relacionándoas coa maquinaria e equipos adecuados.

* Analiza-los procesos e efectúa-las operacións de producción de planta e restauración forestal e hidrolóxico forestal, tratamentos silvícolas e inventariación das masas forestais, identificando as técnicas e condicións de realización e relacionándoos coa maquinaria e equipos requiridos.

* Analiza-los procesos e efectua-las operacións de prevención e loita contra o lume e alteracións das masas forestais, identificando as técnicas e condicións de realización e relacionándoas coa maquinaria e equipos requiridos.

* Valora-los resultados do seu traballo na execución das distintas operacións, verificando o nivel

de cumprimento dos requisitos e calidade establecidos.

* Utiliza-las aplicacións informáticas a nivel de usuario como medio de adquisición e comunicación de datos e de xestión.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona o funcionamento da explotación, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poden presentar.

* Sensibilizarse respecto dos efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctivas e proteccións axeitadas.

* Utilizar e buscar canles de información e formación relacionadas co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos.

* Establecer unha eficaz comunicación verbal, escrita e xestual para transmitir e recibir unha correcta información e resolver situacións conflictivas, tanto no ámbito das relacións laborais como nas que, se é o caso, poida desenvolver con visitantes dos espacios naturais.

* Analiza-las consecuencias derivadas da falta de hixiene e seguridade nas máquinas, equipos e instalacións da explotación, ou da actuación dos procesos durante a manipulación dos equipos, e aplica-las normas e medidas necesarias para minimiza-los riscos sobre persoas, máquinas e ambiente.

* Valora-los requirimentos de instalacións e equipos de taller para o mantemento de uso e reparación básica de máquinas, equipos e instalacións, preparándoos e utilizándoos correctamente.

* Analizar e executa-las operacións mecanizadas da explotación, preparando e operando correctamente coas máquinas, equipos e instalacións correspondentes e controlando os seus procesos operativos.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión dunha explotación agraria familiar:

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los recursos técnicos, comerciais, económicos e financeiros dispoñibles nunha explotación agraria para poder establece-la súa viabilidade.

* Determina-la orientación productiva da explotación en función da análise dos recursos dispoñibles.

* Elabora-los estudios económicos precisos para a determinación da viabilidade actual e potencial da explotación.

* Analiza-los procedementos para a posta en marcha e organización dunha empresa familiar agraria.

* Determina-lo programa de xestión integral máis axeitado ás características e actividades da explotación.

* Analiza-la necesidade de medios persoais e materiais na explotación e cuantifica-la realización de investimentos para levar a cabo.

* Establece-lo plan de xestión técnica en función dos medios dispoñibles e os obxectivos previstos.

* Selecciona-la combinación de recursos existentes na explotación co obxectivo de obte-la máxima rendibilidade.

* Elaborar un plan de promoción e comercialización dos productos da explotación.

* Analiza-las diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha explotación agraria familiar, sinalando as máis axeitadas de acordo coa actividade económica e os recursos dispoñibles.

* Elaborar un plan xeral de actividades dunha explotación agraria en función dos recursos dispoñibles.

* Analiza-los documentos necesarios para a posta en marcha e desenvolvemento das actividades dunha explotación agraria e elabora-la documentación segundo a lexislación vixente.

* Analiza-las formas máis usuais no sector agrario, de promoción, adquisición e comercialización de productos ou servicios.

* Analiza-los procedementos de control, manipulación e almacenamento de productos e elaboración de inventarios.

* Leva-la contabilidade dunha explotación, orientada á mellora dos seus resultados económicos.

* Analiza-las normas de seguridade e hixiene que se aplican durante o traballo relacionándoas coas medidas preventivas que hai que adoptar para a protección do medio natural.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Organización e planificación:

* Determinación da viabilidade actual e potencial dunha explotación con base na súa orientación productiva.

* Elaboración de estudios técnico-económicos de explotacións familiares agrarias con determinación previa da súa orientación productiva.

* Establecemento de características, medios necesarios e previsibles resultados económicos dunha explotación tipo.

* Interrelación dos tipos de xestión levados a cabo nunha empresa agraria (técnica, comercial, financeira, económica, contable, organizativa e administrativa).

Xestión e comercialización:

* Análise das liñas de financiamento.

* Elaboración e tramitación de documentos requiridos para a implantación e posta en marcha dunha explotación.

* Enchido de impresos de ofertas de emprego, altas e baixas laborais, liquidación á Seguridade Social, contratos e partes de accidentes.

* Comercialización de productos ou servicios. Negociación de prezos do mercado, prazos e condicións de entrega, calidade, descontos, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Control, manipulación e almacenamento de productos. Carga, descarga e transporte.

* Utilización de aplicacións informáticas para anotacións contables, determinación de datos económicos, obtención de índices e elaboración de informes de diagnóstico e xestión.

Seguridade no traballo e protección ambiental:

* Aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

* Aplicación de técnicas básicas de recollida, eliminación e depuración de residuos.

Contidos conceptuais

Organización e planificación:

* Empresa. Elementos. Áreas funcionais. Clasificación.

* Empresa agraria. Actividade agraria (agrícola, gandeira, forestal e mixta). Réximes de tenencia.

* Normativa legal sobre explotacións agrarias. Sociedades e asociacións no ámbito do sector agrario. Formas xurídicas da empresa agraria.

Xestión e comercialización:

* Financiamento. Tipos.

* Xestión. Características. Fins. Fases.

* Contabilidade. Proceso contable.

* Obrigas fiscais.

* Contratación laboral.

* Comercialización. Normalización e tipificación.

* Almacenamento. Manipulación. Transporte.

* Informática básica (proceso de textos, folla de cálculo, base de datos).

Seguridade no traballo e protección ambiental:

* Saúde. Condicións de traballo. Riscos laborais. Prevención. Marco legal da prevención.

* Medidas xerais de prevención e protección. Condicións xerais dos locais. Equipos de protección individual. Protección fronte a equipos manuais e máquinas. Sinalización de seguridade.

* Medio ambiente: conservación e avaliación de impactos.

* Caracterización de residuos. Xestión de residuos. O delicto ecolóxico.

Contidos actitudinais

Organización e planificación:

* Valoración da planificación da empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de analiza-las diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de valora-los distintos sistemas de explotación.

* Recoñecemento da necesidade de relaciona-los distintos tipos de aproveitamentos coa localización xeográfica e co seu contorno socioeconómico.

Xestión e comercialización:

* Valoración da xestión da empresa agraria.

* Valoración das normas ou disposicións legais e da adquisición de hábitos na súa aplicación.

* Fomento dunha actitude pescudadora sobre os resultados económicos obtidos nunha empresa agraria en función das súas características, orientación productiva e medios empregados.

* Hábito de realizar cálculos nas operacións de interese agrícola.

* Hábito de seguimento das actividades productivas.

* Pulcritude e rigor no manexo de aparellos informáticos.

Seguridade no traballo e protección medioambiental:

* Recoñecemento da necesidade de protección do ambiente e valoración da normativa legal.

* Sensibilización cara á conservación e mellora do ambiente.

* Realización de accións persoais e colectivas para sensibiliza-lo respecto ó medio natural.

* Rigor na aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

3.2.2. Módulo profesional 2: instalacións agrarias:

Asociado á unidade de competencia 2: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los materiais de uso frecuente en construccións e instalacións agrarias, analizando as súas características técnicas e os criterios de calidade.

* Analiza-las infraestructuras e as instalacións dunha explotación agraria, relacionando os diferentes locais coas actividades nel desenvolvidas, co obxecto de elixi-las máis adecuadas para un caso determinado.

* Realizar instalacións sinxelas nunha explotación determinada, elixindo os materiais necesarios e uti

lizando con destreza e seguridade as ferramentas e os equipos axeitados.

* Analiza-las necesidades de acondicionamento, limpeza, desinfección e desparasitación en locais e instalacións agrarias, para elaborar un programa de actuación.

* Realizar con destreza e seguridade as operacións básicas de acondicionamento de locais, reparando pequenas deterioracións, repondo elementos deteriorados e aplicando productos de protección axeitados segundo os casos.

* Executa-las tarefas de limpeza, desinfección e desparasitación en instalacións e locais agrarios, seleccionando os equipos e productos idóneos, calculando as doses requiridas e actuando con seguridade e pulcritude.

* Analiza-las características dunha instalación eléctrica, localizando os diferentes circuítos e identificando os elementos de protección e control, coa finalidade de realizar de forma segura as operacións de uso e de mantemento primario.

* Analiza-las características dunha instalación de control ambiental, identificando os seus compoñentes e realizando con seguridade as operacións de regulación, mantemento primario e manexo.

* Realizar con destreza e seguridade as operacións de mantemento primario de instalacións de auga, identificando e controlando os seus elementos e reparando as posibles avarías.

* Organizar e executar de forma segura as actividades necesarias para o tratamento de residuos e subproductos xerados na explotación agraria, para o seu correcto aproveitamento ou eliminación se é o caso.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Locais e infraestructuras agrarias:

* Mantemento de locais.

* Realización de limpeza, desinfección e desparasitación en locais e instalacións agrarias.

* Montaxe e mantemento de instalacións para conducción e protección de cultivos.

* Tratamento de residuos e subproductos.

Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Realización de instalacións de conducción de auga.

* Mantemento e manexo de instalacións de auga.

* Reposición de elementos eléctricos sinxelos.

* Manobras en cadros eléctricos e en elementos de control e protección.

* Control e regulación de instalacións de climatización.

Seguridade nas instalacións:

* Revisión das instalacións agrícolas: identificación de deficiencias na seguridade e realización das medidas correctoras oportunas.

* Simulación de accidentes laborais e de incendios. Posta en práctica de medidas de emerxencia e de primeiros auxilios.

Contidos conceptuais

Locais e infraestructuras agrarias:

* Materiais básicos de construcción.

* Tipos e compoñentes das instalacións de producción agraria.

* Instalacións de almacenaxe e conservación.

* Equipos e material para a limpeza, desinfección e desparasitación.

* Instalacións para o aproveitamento de subproductos e eliminación de residuos.

* Outras instalacións e ferramentas.

Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Instalacións de auga. Captación. Grupos de bombeo. Conduccións. Medición de caudais. Equipos de tratamento.

* Instalacións eléctricas na explotación agraria: liñas de baixa tensión, de iluminación e de forza. Elementos de protección e medida. Tarifas eléctricas.

* Xeración autónoma de electricidade e enerxía.

* Instalacións de ventilación, climatización e acondicionamento ambiental: instalacións de gas, calefactores, humectadores e ventiladores, acondicionamento forzado.

Seguridade nas instalacións:

* Mecanismos perigosos e zonas de precaución das instalacións.

* Elementos de protección das instalacións e das persoas. Vestiario de protección.

* Manipulación e almacenaxe de productos tóxicos e perigosos: lubricantes e combustibles e productos inflamables.

* Normativa legal sobre aloxamentos e instalacións agrarias.

* Primeiros auxilios e situacións de emerxencia.

Contidos actitudinais

Locais e infraestructuras agrarias:

* Preocupación por mante-la orde e a limpeza nos locais.

* Hábito de observar e comunica-los danos que se aprecian nos locais de traballo habitual.

* Hábito de repara-las pequenas deterioracións que sofren os locais.

* Valoración das desinfeccións en locais que o requiren.

* Valoración das tarefas de tratamento de residuos e aproveitamento de subproductos na explotación agraria.

Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Rigor na limpeza de filtros.

* Hábito de calibrar periodicamente os parámetros de control ambiental.

* Aceptación de que a reposición de elementos debe realizarse con material de idénticas características.

Seguridade nas instalacións:

* Consciencia do perigo das instalacións de electricidade, calefacción e gas.

* Preocupación por adopta-las medidas de seguridade persoal e colectiva no contorno de traballo.

* Aceptación da necesidade de respecta-la normativa vixente sobre locais e instalacións de uso agrícola.

* Preocupación por realiza-las revisións dos elementos de protección.

3.2.3. Módulo profesional 3: mecanización agraria:

Asociado á unidade de competencia 2: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las necesidades de maquinaria e a súa idoneidade en función dos obxectivos de producción da explotación agraria e dos labores que se realicen.

* Manexar maquinaria agroforestal, cun rendemento razoable, nas debidas condicións de seguridade e hixiene.

* Realiza-las regulacións e axustes dos equipos en función das condicións de traballo e obxectivos perseguidos.

* Analiza-lo funcionamento e as necesidades de mantemento das máquinas e equipos da explotación agraria, seguindo as instruccións técnicas requiridas.

* Elaborar un programa de mantemento e de rexistro das operacións, tendo en conta as indicacións do fabricante, a carga e tipo de traballo da máquina, as incidencias, desgastes e avarías producidas.

* Executar operacións de mantemento de uso, reparacións básicas e adaptacións sinxelas na maquinaria agrícola e forestal, utilizando materiais e equipos de taller coa destreza requirida e de forma hixiénica e segura.

* Operar correctamente cos equipos de mecanizado manual e soldadura, conseguindo os niveis de calidade necesarios e traballando coa seguridade e hixiene adecuadas.

* Efectua-las diferentes medidas en elementos mecánicos coa precisión requirida, elixindo e manexando os instrumentos de medida axeitados, para realizar operacións de reposición, se procede.

* Aplica-las medidas de seguridade e hixiene no uso de maquinaria agroforestal, adaptándoas ás situacións de traballo.

* Identifica-los factores de incidencia sobre o medio ambiente derivados do uso da maquinaria agroforestal.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

Estructura, funcionamento e manexo do tractor:

* Análise da estructura dun tractor tipo e determinación das funcións que desempeñan nel os seus principais compoñentes.

* Clasificación dos tractores en función do tren de rodaxe, tipo de bastidor, emprego para o que foron deseñados, tipo de transmisión e tracción, ...

* Manexo correcto de tractores agrícolas, seguindo un proceso lóxico de aprendizaxe.

* Realización do mantemento periódico.

* Interpretación das notacións que expresan as dimensións, prestacións e resistencia das cubertas dos pneumáticos utilizados.

* Identificación dos principais elementos que integran o equipo eléctrico dun tractor.

O taller mecánico:

* Análise da estructura, superficie, máquinas e ferramentas necesarias dun taller básico para unha explotación agrícola ou forestal.

* Manexo e mantemento correctos das ferramentas e máquinas de taller.

* Realización das operacións de mecanizado manual utilizando os instrumentos axeitados.

* Execución de reparacións ou operacións de montaxe, desmontaxe ou axuste dos compoñentes das máquinas.

* Realización correcta da soldadura eléctrica, utilizando a técnica axeitada en cada caso.

* Aplicación da normativa de seguridade, tanto no referente ás dependencias do taller e instalación de máquinas, como no manexo de ferramentas, útiles e máquinas de taller.

Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Análise das repercusións que no traballador e no seu contorno familiar, na empresa e para a sociedade teñen os accidentes de traballo.

* Análise das medidas e procedementos que se poden utilizar para a prevención da accidentabilidade laboral no sector agrario, especialmente no manexo de maquinaria.

* Aplicación da normativa legal sobre prevención de riscos laborais, protección persoal e dos equipos.

* Identificación dos factores de risco máis comúns no uso de maquinaria agraria.

* Descrición das proteccións e dispositivos de seguridade utilizados en maquinaria.

* Aplicación das técnicas de primeiros auxilios na simulación de accidentes.

* Análise de métodos e precaucións para que no manexo e manipulación da maquinaria agraria se minimicen os efectos negativos sobre o ambiente.

Utilización e mantemento de motores e maquinaria:

* Análise dos distintos tipos de motores de combustión interna que se empregan na maquinaria agraria.

* Análise dos ciclos de funcionamento do motor diésel e de explosión, de catro e dous tempos.

* Identificación e funcionamento dos elementos fundamentais do motor diésel.

* Análise da constitución e funcionamento do sistema de distribución dos motores de catro tempos.

* Identificación de elementos do sistema de lubricación do motor e comprensión do seu funcionamento.

* Realización das operacións de mantemento básico de tractores e motores agrícolas.

* Detección de avarías.

* Identificación e utilización dos sistemas de arrinque en motores.

* Identificación e análise do funcionamento dos principais elementos do sistema de alimentación en motores de catro tempos.

* Identificación e análise do funcionamento dos sistemas de carburación e acendido no motor de explosión de dous tempos.

* Identificación de máquinas e apeiros de uso agroforestal.

* Manexo, mantemento e regulacións dos apeiros e máquinas agrícolas accionadas ou arrastradas polo tractor.

* Manexo, mantemento e regulacións de máquinas autopropulsadas e manuais.

* Reparación de avarías básicas.

* Elaboración dunha ficha ou parte para leva-lo control de mantemento.

* Elaboración dunha lista de repostos básicos de distintos tipos de máquinas, dos que se debe dispor no centro de traballo.

Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Enumeración das máquinas coas que se pode realizar cada una das fases de traballo sobre un

suposto práctico de mecanización de actividades agrícolas.

* Elección do equipo axeitado atendendo a factores económicos e operativos e mais en función das necesidades reais de producción da explotación.

Contidos conceptuais

Estructura e funcionamento do tractor:

* Clasificación dos tractores.

* Estructura fundamental dun tractor tipo.

* Transmisión ou tren de forza: embragues, caixa de cambios e diferencial.

* Sistemas de tracción.

* Lubricación da transmisión.

* Sistemas de dirección.

* Rodaxe dos tractores de rodas. Estructura dunha roda. Tipos de cubertas. Nomenclatura de dimensións e resistencia. Cadeas antiesvarantes. Lastrado e variación da vía. Mantemento de pneumáticos.

* Rodaxe dos tractores de cadeas. Estructura dos trens laterais. Tipos de cadeas segundo traballo. Axustes e mantemento.

* Sistemas de freos. Mantemento.

* Sistema hidráulico. Ideas xerais sobre hidrostática. Principio de Pascal. Mantemento do sistema. Aceites hidráulicos.

* Tomas de forza e cabrestante.

* Elementos de seguridade.

O taller mecánico:

* O taller mecánico na explotación agrícola e forestal. Necesidades mínimas.

* Ferramentas, útiles, equipos, máquinas e instrumentos de medida.

* Soldadura eléctrica: funcionamento, regulación e utilización. Técnicas aplicadas ás operacións de soldadura. Elementos de protección.

* Sistemas de roscas.

* Normas de seguridade no taller. Equipo de protección persoal.

Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Accidentes. Ponderación. Índices de frecuencia e de gravidade.

* Lei de prevención de riscos laborais e normativa específica sobre proteccións nas máquinas.

* Proteccións e dispositivos de seguridade en maquinaria.

* O equipo de protección persoal. Normalización da roupa ou material de seguridade.

* Normas de seguridade para traballos específicos realizados con maquinaria agroforestal.

* Técnicas de primeiros auxilios.

Utilización e mantemento de motores e máquinas:

* Principios físicos básicos: forza, traballo, par motor e reserva de par. Tipos de potencias utilizadas en motores e velocidade.

* Elementos constructivos fundamentais do motor.

* Clasificación e funcionamento dos motores de combustión interna.

* Aspectos teóricos e principios físicos aplicados (calibre ou diámetro, PMI, PMS, carreira, cilindrada, relación de compresión, ...).

* Aparellos e unidades de medida dos seguintes parámetros: presión, temperatura, intensidade eléctrica, ...

* Distribución do motor: tipos e variacións entre eles.

* Lubricación do motor.

* Sistemas de refrixeración.

* Sistema de alimentación.

* Sistema de admisión.

* Conceptos básicos de electricidade: corrente continua e alterna, tensión ou voltaxe, intensidade e resistencia, lei de Ohm, sobrecarga, curtocircuíto e inducción.

* Sistema eléctrico. Elementos.

* Sistemas hidráulicos.

* Normas de seguridade para cumprir na manipulación de motores de combustión interna.

* Símbolos pictográficos empregados en maquinaria.

* Mantemento periódico.

* Maquinaria agroforestal: sementadoras e plantadoras, fertilizadoras, de tratamentos, de labor, rozadoras, segadoras e colleitadoras, de aproveitamento forestal, motoserras, maquinaria de xardinería...

Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Fases de traballo mecanizables da actividade. Métodos de realización e máquinas que se poden empregar en cada unha delas.

* Características das máquinas. Interpretación.

* Rendementos e capacidades de utilización das distintas máquinas e equipos.

* Máquinas de uso específico e polivalentes. Vantaxes e inconvenientes de cada tipo.

Contidos actitudinais

Estructura e funcionamento do tractor:

* Responsabilidade no manexo do tractor.

* Preocupación por realiza-lo mantemento periódico.

* Interese por repara-las pequenas avarías.

O taller mecánico:

* Pulcritude e rigor no manexo de maquinaria e útiles de taller.

* Orde na colocación de ferramentas trala súa utilización.

* Hábito de limpeza do taller e material empregado.

* Interese pola correcta realización das actividades.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Hábito de aplica-las medidas obrigatorias e voluntarias de protección no manexo de maquinaria.

* Valoración das normas ou disposicións legais de seguridade no traballo con maquinaria.

* Concienciación das consecuencias que pode te-lo mal uso da maquinaria e aceptación das medidas precautorias que se deben adoptar.

Utilización e mantemento de motores e maquinaria:

* Responsabilidade no manexo de máquinas.

* Pulcritude e rigor no manexo de maquinaria.

* Preocupación por realiza-lo mantemento periódico das máquinas.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Valoración da importancia da mecanización nunha explotación agraria.

* Valoración da axeitada elección do equipo segundo factores de rendibilidade.

3.2.4. Módulo profesional 4: aproveitamentos forestais:

Asociado á unidade de competencia 3: realiza-los procesos e traballos necesarios para a obtención de productos forestais, explotándoos racionalmente.

Capacidades terminais elementais

* Interpreta-los documentos dun proxecto ou dun plan técnico de aproveitamento para segui-las súas directrices nos traballos que se realicen.

* Interpreta-los diferentes elementos representados nun plano (escalas, cotas, simboloxía), referentes a proxectos de aproveitamento.

* Analiza-los diferentes métodos de medición para desenvolver actividades recollidas no plan preestablecido.

* Seleccionar e utiliza-los diferentes instrumentos de medida empregados para os cálculos de aproveitamentos.

* Analiza-las operacións de aproveitamento de madeiras, leñas, cascas, resinas e froitos, determinando os momentos máis oportunos para realizalos.

* Aplica-los distintos sistemas de sinalización, medición e valoración de existencias de productos nun aproveitamento forestal.

* Analiza-las características e o trazado da rede de pistas, vías de saca e puntos de carga necesarios para a extracción e transporte de madeiras e outros productos do monte.

* Organizar e determina-los medios humanos e materiais necesarios para a realización de cada unha das fases do aproveitamento.

* Realizar de forma individual ou en grupo os traballos propios de cada unha das diferentes fases do aproveitamento de madeiras e leñas: apeo, espola, tronzado, desmalezado, desembosque, amoreamento, carga e transporte utilizando de forma segura a maquinaria e medios máis axeitados.

* Aplica-los diferentes sistemas de conservación, mellora e aproveitamento dos pastos, para manter un equilibrio silvopastoral.

* Analiza-las características do vestiario e equipos de seguridade e protección persoal propios dos traballos de aproveitamento de productos forestais.

* Aplica-las medidas de seguridade e hixiene durante os traballos de aproveitamento, utilizando os equipos de protección axeitados.

* Analiza-los distintos requirimentos comerciais esixidos ós productos forestais obtidos nun aproveitamento, para adaptalos ás demandas do mercado.

* Determina-los momentos oportunos de colleita de plantas aromáticas, medicinais, ornamentais e cogomelos, e aplica-las técnicas axeitadas de conservación e comercialización.

* Analiza-las características, funcionamento e técnicas de utilización das ferramentas, aparellos, materiais, equipos, medios e maquinaria propios dos traballos de aproveitamentos forestais e utilizalas con destreza e seguridade.

* Realizar operacións de mantemento e reparacións sinxelas en equipos e máquinas empregadas nestes traballos.

* Interpreta-la lexislación e normativa que fan referencia á realización dos traballos de aproveitamento dos diversos productos forestais.

* Analiza-lo impacto ambiental e danos ecolóxicos que poden orixina-los traballos de aproveitamento de productos forestais, así como as técnicas para os evitar ou corrixir.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Planificación dos aproveitamentos:

* Interpretación de proxectos de aproveitamento e plans técnicos.

* Interpretación de planos e o prego de condicións técnicas.

* Realización de bosquexos.

* Utilización dos instrumentos ou equipos empregados para medir diámetros, cascas, crecemento, idade e alturas das árbores, pendentes e distancias sobre o terreo.

* Aplicación dos distintos métodos de medición sobre o terreo.

* Identificación dos sistemas de valoración, medición e sinalamento.

* Aplicación da normativa vixente.

Pistas e vías de saca:

* Identificación dos distintos tipos de vías.

* Identificación dos sistemas de apertura e mantemento.

* Realización de trazas.

* Identificación dos equipos e máquinas empregadas na apertura e mantemento das vías.

* Aplicación da normativa vixente.

Ferramentas, aparellos, equipos e máquinas:

* Identificación dos materiais e partes das ferramentas, apeiros, equipos e máquinas.

* Realización de coidados periódicos e reparación de pequenas avarías.

* Manexo con seguridade e destreza.

Aproveitamentos de madeiras e de leñas:

* Realización de traballos nos aproveitamentos madeireiros e de leñas.

* Identificación das características e utilización dos equipos de seguridade e protección persoal.

* Descrición dos sistemas de comercialización.

* Aplicación da normativa básica.

Outros aproveitamentos:

* Realización de tarefas para efectuar aproveitamentos e conservación de pastos.

* Manexo do gando existente no monte.

* Manexo dos apeiros empregando as ferramentas e os equipos axeitados.

* Identificación de cogomelos, plantas aromáticas, medicinais e ornamentais.

* Realización de traballos nos aproveitamentos de resinas, cascas, froitos ...

* Utilización das ferramentas, equipos e máquinas necesarias.

* Conservación e comercialización de productos.

* Aplicación das medidas de seguridade e hixiene.

Contidos conceptuais

Planificación dos aproveitamentos:

* Normativa básica sobre aproveitamentos forestais.

* Plans técnicos e proxectos de aproveitamentos: partes, planos e prego de condicións técnicas.

* Instrumentos de medida.

-Para medir diámetros das árbores.

-Para medir cascas.

-Para medi-lo crecemento e idade das árbores.

-Para medir alturas das árbores.

-Para medir pendentes do terreo.

-Aparellos de topografía.

* Escalas e cotas.

* Sistemas de valoración, medición e sinalamento de existencias.

* Lexislación de carácter forestal e ambiental.

Pistas e vías de saca:

* Tipos de vías.

-Camiños.

-Pistas.

-Vías de saca.

* As trazas. Características.

* Sistemas de apertura e mantementos.

* Cargadoiros. Criterios de situación.

* Maquinaria axeitada.

-Follas explanadoras.

-Trelos, dúmpers, pas, motoniveladoras e compactadoras.

-Equipos para perforación de rochas.

* Normativa e impacto ambiental.

Ferramentas, aparellos, equipos e máquinas:

* Descrición.

* Características.

* Utilización.

* Mantemento.

* Máquinas para apeo, derrama e tronzado.

-Motoserra.

-Cortadora.

-Procesadora.

* Máquinas para escascar.

-Escascadoras.

-Partes dunha planta escascadora.

* Máquinas para a saca.

-Tractores forestais ou skidders.

-Autocargadores.

-Tractores agrícolas dotados con medios para a saca.

* Máquinas para aproveitamento de subproductos.

-Saca de leñas con skidders.

-Esteladoras.

-Rachadoras.

* Máquinas para o transporte, carga e descarga.

-Camións.

-Guindastres hidráulicos.

-Cargadores autopropulsados de pinza.

Aproveitamentos de madeiras e leñas:

* Sistemas de aproveitamentos madeireiros.

* Sistemas de traballo nos aproveitamentos de madeiras e leñas.

-Desmalezado. Modalidades.

-Apeo manual e mecanizado.

-Derrama con motoserra e mecanizado.

-Tronzado manual e mecanizado.

-Clasificación dos diferentes productos por tipos.

-Desembosque. Métodos.

-Amoreamento. Modalidades segundo o medio de transporte.

-Carga: modalidades segundo o medio de transporte e tipo de producto.

-Transporte.

-Medios humanos e materiais necesarios para cada fase ou traballo.

* Sistemas de comercialización.

* Normativa básica e impacto ambiental da actividade.

* Características dos equipos de seguridade e protección persoal.

Outros aproveitamentos:

* Aproveitamento de pastos.

-Ferramentas, equipos e máquinas necesarias para a mellora, aproveitamento e conservación de pastos.

-Gando susceptible de aproveitar estes pastos.

-Manexo do gando.

-Infraestructuras necesarias.

* Apicultura.

-Vantaxes ambientais da actividade apícola.

-Sistemas de producción e manexo.

-Ferramentas, equipos e máquinas empregadas.

* Cogomelos.

-Identificación.

-Colleita.

-Conservación.

-Comercialización.

* Outros.

-Cascas e cortiza.

-Resinas.

-Froitos silvestres.

-Plantas aromáticas, medicinais e ornamentais.

Contidos actitudinais

Planificación dos aproveitamentos:

* Rigor na aplicación da trigonometría, nos cálculos de áreas e volumes.

* Importancia da aplicación correcta das unidades de medida.

* Esforzo por utiliza-los aparellos de medida con delicadeza.

* Rigor no momento de face-las medicións co fin de obter resultados fiables.

* Preocupación polo cumprimento da normativa forestal e ambiental.

Pistas e vías de saca:

* Consciencia de adapta-las vías as condicións de uso.

* Preocupación por facerlle un bo mantemento.

* Interese polo impacto ambiental.

Ferramentas, aparellos, equipos e máquinas:

* Preocupación por manter e ter a punto os equipos e máquinas.

* Hábito de revisa-los elementos de seguridade.

* Rigor no manexo do material.

* Hábito de limpeza do material.

Aproveitamentos de madeiras e de leñas:

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

* Consciencia dos perigos derivados do manexo dos equipos e máquinas forestais.

* Hábito de empregar sempre os equipos de seguridade e protección persoal.

* Preocupación por minimiza-los riscos de accidente.

* Preocupación polo impacto ambiental que poden xerar estas actividades.

* Responsabilidade na execución dos traballos adaptándose ás directrices preestablecidas polo vendedor.

Outros aproveitamentos:

* Importancia da simbiose entre gandería e monte de forma ordenada.

* Sensibilidade pola conservación dos aproveitamentos tradicionais.

* Responsabilidade na recolleita de cogomelos.

* Preocupación por potencia-los productos complementarios do monte como unha fonte de ingresos adicional.

3.2.5. Módulo profesional 5: aproveitamentos cinexéticos e piscícolas:

Asociado á unidade de competencia 3: realiza-los procesos e traballos necesarios para a obtención de productos forestais, explotándoos racionalmente.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las principais especies cinexéticas e piscícolas de augas continentais que habitan en Galicia, para realiza-los traballos de campo relacionados coa súa conservación e aproveitamento.

* Analiza-los ciclos biolóxicos das principais especies cinexéticas e de augas continentais, relacionándoos coas súas pautas de comportamento e coas características dos seus hábitats, para defini-las estratexias de aproveitamento compatibles coa súa conservación.

* Realiza-las tarefas de vixilancia, captura e marcaxe de individuos, para efectua-lo seguimento das poboacións cinexéticas e piscícolas de auga doce.

* Analiza-la situación dos hábitats das especies de caza e pesca dunha zona, para defini-las actuacións e xestións oportunas.

* Analiza-las relacións de depredación e competencia entre as especies existentes nun determinado hábitat, coa finalidade de determina-las estratexias de actuación que posibiliten a conservación racional dos recursos cinexéticos e piscícolas.

* Identifica-las especies vexetais relacionadas cos ciclos biolóxicos das especies cinexéticas e de pesca continental, para telas en consideración nos plans e traballos de mellora e conservación dos hábitats.

* Realiza-las tarefas de campo necesarias para manter ou mellora-los hábitats das especies de caza e pesca continental, seguindo as instruccións dun plan de ordenación cinexético ou piscícola.

* Establece-las características das infraestructuras necesarias para desenvolve-los procesos de cría en catividade de especies obxecto de caza e pesca continental.

* Realiza-los labores básicos necesarios para a cría en catividade de especies cinexéticas e piscícolas utilizadas nas repoboacións.

* Realiza-las tarefas de repoboación de especies cinexéticas e piscícolas nunha zona de actuación, seguindo os procedementos e as épocas de realización preestablecidos.

* Interpreta-la lexislación e normativas específicas que regulan a xestión dos espacios cinexéticos e de pesca continental, así como as actividades de caza e pesca.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Especies cinexéticas e de augas continentais:

* Observación, recolla, acondicionamento e catalogación de materiais e sinais obtidos no campo.

* Identificación das especies.

* Análise dos ciclos biolóxicos e hábitos de comportamento.

Hábitat das especies cinexéticas e de augas continentais:

* Identificación dos elementos dun hábitat.

* Realización de toma de mostras nun determinado hábitat para a súa análise.

* Interpretación dos resultados das análises.

Poboacións de especies cinexéticas e piscícolas:

* Utilización e mantemento de equipos e medios para a vixilancia, protección e captura de especies.

* Realización de operacións de vixilancia, protección e captura de especies cinexéticas e piscícolas.

* Elaboración de inventarios.

Conservación e mellora do hábitat das especies cinexéticas e de augas continentais:

* Realización de construccións e instalacións sinxelas para mellora-lo hábitat de distintas especies.

* Implantación de cereais e outras especies herbáceas no espacio cinexético.

* Realización de traballos de conservación e mellora da vexetación arbustiva e arbórea.

* Conservación e mellora da vexetación de ribeira e acuática.

Repoboacións de especies cinexéticas e de augas continentais:

* Manexo de especies cinexéticas e de augas continentais criados en catividade.

* Realización de repoboacións.

* Mantemento das instalacións, maquinaria, equipos e medios relacionados coa cría en catividade e repoboación.

Caza e pesca:

* Interpretación da lexislación sobre caza e pesca.

* Interpretación da regulamentación das federacións e sociedades de cazadores e pescadores.

* Identificación de armas e municións de caza.

* Identificación das artes de pesca.

* Valoración dos trofeos de caza e pesca, segundo baremos e táboas oficiais.

* Elaboración e tramitación de infraccións nas prácticas de caza e pesca.

* Análise das medidas de seguridade nas prácticas de caza e pesca.

Contidos conceptuais

Especies cinexéticas e de augas continentais:

* Bioloxía.

* Hábitos de comportamento.

* Distribución xeográfica a nivel nacional e rexional.

* Especies de caza maior e menor.

Hábitat das especies cinexéticas e de augas continentais:

* Características.

* Elementos do hábitat.

* Parámetros para avalia-lo estado dun hábitat.

Poboacións de especies cinexéticas e piscícolas:

* Dinámica de poboacións. Técnicas de control e seguimento.

* Xestión das especies cinexéticas e piscícolas.

* Plans de aproveitamentos cinexético e piscícola.

* Enfermidades das especies cinexéticas e piscícolas.

* Especies depredadoras e competidoras. Sistemas de control.

Conservación e mellora do hábitat das especies cinexéticas e de augas continentais:

* Construccións e instalacións. Materiais utilizados.

* Ferramentas, equipos e medios. Técnicas de utilización e mantemento.

* Especies herbáceas do espacio cinexético. Ciclos vexetativos e técnicas de implantación.

* Vexetación arbustiva e arbórea do espacio cinexético. Ciclos biolóxicos e tratamentos de conservación e mellora.

* Vexetación de ribeira e acuática.

Repoboacións de especies cinexéticas e de augas continentais:

* Granxas cinexéticas e piscifactorías.

* Repoboacións. Sistemas e técnicas.

* Instalacións, maquinaria, equipos e medios.

Caza e pesca:

* Modalidades.

* Tipos de espacios cinexéticos e piscícolas. Regulamentación. Funcionamento.

* Federacións e sociedades de cazadores e pescadores. Características. Regulamentación. Funcionamento.

* Armamento. Tipos de armas e de municións. Licencias e revisións.

* Artes de pesca.

* Normativa estatal e autonómica sobre caza e pesca.

* Lexislación sobre seguridade e hixiene nas actividades de caza e pesca.

* Lexislación ambiental, de aplicación na xestión das especies cinexéticas e de augas continentais.

* Furtivismo. Prácticas ilegais de caza e pesca. Detección. Trámites das infracción.

* Concursos e trofeos de caza e pesca. Regulamentación. Baremos e táboas de valoración oficiais.

Contidos actitudinais

Especies cinexéticas e de augas continentais:

* Hábito de observación das especies no seu medio natural.

* Rigor na identificación das especies.

Hábitat das especies cinexéticas e de augas continentais:

* Consciencia da importancia da caracterización e avaliación dos hábitats para o desenvolvemento das especies.

* Rigor na realización de toma de mostras dos distintos elementos dun hábitat.

Poboacións de especies cinexéticas e piscícolas:

* Sensibilidade nas operacións de vixilancia e captura de animais.

* Hábito de respecta-los períodos de cría.

* Consciencia da importancia que as relacións de depredación e competencia teñen no mantemento dos recursos cinexéticos e piscícolas.

Conservación e mellora do hábitat das especies cinexéticas e de augas continentais:

* Consciencia de que a conservación e o desenvolvemento das especies de caza e pesca dependen do estado de conservación do hábitat.

* Consciencia da relación existente entre os espacios cinexéticos e piscícolas co contorno limítrofe e as actividades humanas desenvolvidas nel.

* Valoración da incidencia que certas actividades agrarias teñen na conservación dos recursos cinexéticos e piscícolas.

Repoboacións de especies cinexéticas e de augas continentais:

* Rigor e meticulosidade no manexo dos animais.

* Consciencia dos perigos ambientais derivados da introducción de especies foráneas nos espacios cinexéticos e piscícolas.

* Rigor e pulcritude nas operacións de limpeza e mantemento das instalacións de cría en catividade.

Caza e pesca:

* Consciencia da necesidade de regulamenta-las actividades de caza e pesca.

* Preocupación polas medidas de seguridade nas actividades de caza e pesca.

3.2.6. Módulo profesional 6: producción de plantas:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-los labores e operacións de reproducción, propagación e producción de plantas en viveiro.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las especies vexetais obxecto de propagación, atendendo a criterios morfolóxicos.

* Analiza-lo estado sanitario do material que se pretende reproducir para evitar contaxios de pragas ou enfermidades.

* Selecciona-las fontes de aprovisionamento do material vexetal, coa finalidade de consegui-la cantidade e calidade desexadas.

* Determina-la cantidade de semente necesaria para a sementeira ou de material vexetal para a multiplicación vexetativa.

* Planificar e efectua-las operacións de colleita e preparación do material vexetal para a súa posterior conservación ou propagación.

* Conserva-lo material vexetal en condicións axeitadas para asegura-lo éxito na súa propagación.

* Preparar mesturas coas cantidades e calidades axeitadas de substratos, emendas, fertilizantes e desinfectantes, para empregar como medio de cultivo.

* Manexa-los equipos, materiais e máquinas axeitadas para realiza-las distintas operacións de preparación do solo ou medio de cultivo.

* Selecciona-lo tipo de multiplicación que se debe aplicar nas especies de maior interese da comarca, en función das características da especie e instalacións dispoñibles.

* Realiza-las operacións necesarias para propaga-las plantas, utilizando os diferentes métodos (reproducción por semente, por escallos, bacelos, enxertos e multiplicación in vitro).

* Analiza-las necesidades de efectuar repicados e, se é o caso, aplica-las técnicas axeitadas para a súa realización.

* Utiliza-los equipos, máquinas e instalacións necesarias para as distintas operacións de reproducción e multiplicación.

* Realizar de forma secuencial as operacións de mantemento e protección dos cultivos, seleccionando os medios e as técnicas axeitadas a cada caso.

* Calcula-las doses ou cantidades precisas de producto necesarias para fertilizar, regar e aplicar productos fitosanitarios.

* Aplicar, tomando as correspondentes medidas de seguridade, os productos fitosanitarios axeitados para combater malas herbas, pragas e enfermidades.

* Seleccionar e manexa-los equipos, materiais, ferramentas e máquinas empregados nas operacións de mantemento e protección dos vexetais.

* Manexa-lo sistema de rega/fertirrega para proporcionarlle as cantidades axeitadas de auga e fertilizantes en función da especie e estado do cultivo, considerando as condicións climáticas e ambientais.

* Realiza-las operacións de preparación da planta para a súa venda, determinando o momento oportuno e aplicando as técnicas axeitadas.

* Aplica-las normas de calidade establecidas para a clasificación dos productos.

* Analiza-las condicións ambientais e os sistemas de almacenamento para a conservación dos productos.

* Realiza-las operacións de manipulación e envasado para a almacenaxe ou transporte dos diferentes productos.

* Aplica-la normativa de seguridade e hixiene na realización das distintas operacións de producción de planta.

* Analizar e selecciona-las instalacións de protección e forzado en función das necesidades do cultivo e das súas características e custo.

* Manexa-los dispositivos de control e automatización das instalacións para conseguir un rendemento óptimo.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

Colleita, manipulación e conservación do material vexetal:

* Identificación das especies obxecto da propagación.

* Preparación e selección da planta nai.

* Selección das épocas máis axeitadas para cada caso.

* Utilización do método de recolleita máis axeitado para cada caso.

* Cálculo da cantidade de material necesario.

* Extracción e limpeza de sementes, utilizando as ferramentas e utensilios axeitados.

* Aplicación dos tratamentos contra fungos e insectos.

* Realización de técnicas para rompe-lo letargo das sementes.

* Conservación do material en condicións axeitadas.

Preparación do solo ou medio de cultivo:

* Realización dos labores preparatorios do solo.

* Identificación dos productos utilizados como substratos. Preparación de mesturas.

* Selección dos productos para a desinfección, emendas e fertilizantes, en función das características do solo ou substrato e as necesidades das plantas.

* Cálculo das doses de productos que se necesiten.

* Realización de operacións utilizando as ferramentas, equipos e máquinas axeitadas.

Reproducción e propagación:

* Selección do tipo de multiplicación máis axeitada.

* Preparación de sementes e realización de sementeiros.

* Realización das operacións necesarias para escallos, enxertos e multiplicación in vitro.

* Utilización correcta de productos, ferramentas, equipos, máquinas e instalacións.

Mantemento e protección:

* Realización dos programas de rega.

* Aplicación de fertilizantes.

* Realización de podas.

* Realización de repicados e transplantes.

* Identificación e control de malas herbas, pragas e enfermidades.

* Selección e utilización de equipos, materiais, ferramentas e máquinas máis axeitadas para cada operación que se realice.

Colleita, selección, almacenamento e comercialización dos productos:

* Determinación das datas e circunstancias máis axeitadas para a colleita dos productos.

* Selección dos productos baseándose nas normas de calidade establecidas.

* Almacenaxe dos diferentes productos para a súa conservación en condicións óptimas.

* Realización de operacións de manipulación e envasado.

* Utilización de máquinas, equipos e ferramentas dispoñibles para a colleita, selección e almacenamento.

* Aplicación da normativa de seguridade e hixiene que rexen para as distintas operacións.

Instalacións de protección e forzado:

* Determinación dos materiais constructivos máis recomendables para cada caso.

* Interpretación de planos de instalacións.

* Montaxe de instalacións.

* Realización de mantementos periódicos.

Contidos conceptuais

Colleita, manipulación e conservación do material vexetal:

* Criterios de preparación e selección das plantas nai.

* Sanidade vexetal.

* Fontes de aprovisionamento de material para reproducir.

* Condicións de manipulación e conservación do material.

* Tecnoloxía de separación e limpeza de sementes.

* Letargo de sementes.

* Condicións ambientais para a conservación.

Preparación do solo ou medio de cultivo:

* Labores preparatorios.

* Substratos, emendas e fertilizantes.

* Desinfectantes de solos e substratos.

Reproducción e propagación:

* Reproducción por semente.

* Escallos.

* Enxertos.

* Cultivo in vitro.

Mantemento e protección:

* Regas.

* Fertilizantes.

* Malas herbas, pragas e enfermidades.

* Tratamentos fitosanitarios.

* Podas.

* Repicados e transplantes.

* Organización dos labores.

Colleita, selección, almacenamento e comercialización dos productos:

* Datas máis axeitadas.

* Normas de calidade para a selección de productos.

* Almacenamento de productos.

* Condicións ambientais.

* Operacións de manipulación e envasado.

* Normativa de seguridade e hixiene que rexe.

Instalacións de protección e forzado:

* Tipos.

* Materiais empregados.

Contidos actitudinais

Colleita, manipulación e conservación do material vexetal:

* Concienciación da importancia de utilizar un material vexetal san.

* Hábito de utilizar útiles de corte ben afiados.

* Preocupación por limpa-las ferramentas, apeiros, equipos e máquinas en xeral.

* Hábito de calcula-la cantidade de semente e/ou de material vexetal necesario para obte-lo número de individuos desexados.

* Esforzo por mante-las condicións ambientais axeitadas para a conservación do material.

Preparación do solo ou medio de cultivo:

* Conciencia da importancia de utilizar correctamente os desinfectantes do solo e substratos.

* Valoración das emendas para conseguir un solo ou substrato óptimo para os cultivos.

* Hábito de programa-las secuencias para realiza-las distintas operacións que se pretendan realizar.

Reproducción e propagación:

* Preocupación por efectuar unha preselección do material vexetal co fin de obter uns resultados uniformes.

* Esforzo por realiza-las sementeiras ou plantacións cunha distribución uniforme.

Mantemento e protección:

* Constancia en efectua-las operacións de mantemento no momento idóneo.

* Sensibilidade na prevención de ataques de malas herbas, pragas e enfermidades.

Colleita, selección, almacenamento e comercialización dos productos:

* Valoración da importancia de elixir correctamente a data de colleita dalgúns productos.

* Conciencia da importancia que ten o ser rigorosos coas normas de calidade.

* Compromiso co cumprimento da normativa de seguridade e hixiene nas distintas operacións para realizar.

Instalacións de protección e forzado:

* Consciencia da necesidade de segui-la orde preestablecida nas instruccións de montaxe.

* Valoración da importancia do aforro enerxético nas instalacións de protección e forzado e de reciclar ou reutiliza-los materiais empregados.

3.2.7. Módulo profesional 7: conservación e defensa das masas forestais:

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-los procesos e traballos necesarios para a implantación de árbores e arbustos no monte, así como os de mantemento, conservación, inventario e defensa das masas forestais.

Capacidades terminais elementais

* Interpreta-los documentos dun proxecto para realiza-los traballos de forestación, reforestación, restauración hidrolóxico-forestal, ordenación de montes e plans técnicos de xestión.

* Analiza-las características dos traballos de implantación de árbores e arbustos no monte e de restauración hidrolóxico-forestal conforme o planificado nos correspondentes proxectos.

* Organizar e executa-las diferentes fases dun proxecto de forestación, reforestación ou restauración hidrolóxica forestal describindo os sistemas, técnicas e procedementos de traballo segundo a lexislación aplicable de carácter forestal, ambiental e de seguridade e hixiene no traballo.

* Analiza-lo material vexetal para implantar, en función do proxecto e da silvicultura que se vaia aplicar, para logra-los obxectivos perseguidos: obtención de madeira, outros productos forestais, fixación de dunas e terreos forestais, restauración paisaxística, etc.

* Elixi-las especies forestais máis adecuadas para unha estación forestal predefinida, considerando a súa tolerancia ou temperamento.

* Executa-lo planeamento na parcela obxecto de actuación para levar a cabo os traballos previstos no proxecto.

* Organiza-las tarefas de retirada de maleza e preparación do solo para a realización da implantación forestal, en función dos obxectivos perseguidos.

* Comproba-lo material vexetal para formaliza-la súa recepción e manexalo axeitadamente ata a implantación, coa finalidade de minimiza-los fallos derivados do estado da planta.

* Manexar con destreza e seguridade a maquinaria, apeiros e outros utensilios necesarios para os labores de forestación, reforestación e restauración hidrolóxico-forestal.

* Organizar e realiza-la implantación do material vexetal seguindo as instruccións do proxecto.

* Organizar e executa-los traballos de mantemento posteriores á implantación para a consecución dos obxectivos do proxecto.

* Analiza-los tratamentos silviculturais do solo para propor posibles actuacións de conservación e defensa das masas forestais.

* Organizar e executa-los tratamentos silviculturais con base no proxecto de ordenación forestal ou plan técnico de xestión, manexando con destreza e seguridade a maquinaria e equipos idóneos.

* Analiza-las características dos traballos auxiliares para a inventariación e ordenación das masas forestais, e realizalos conforme o previsto nos proxectos ou plans técnicos prefixados.

* Analiza-los procedementos de detección e control de pragas e enfermidades nas masas forestais para determina-la estratexia de loita.

* Avalia-lo estado sanitario dunha masa forestal e, se procede, aplica-las técnicas axeitadas de loita (biolóxica, integrada e química).

* Analiza-la problemática dos tratamentos axeitados en espacios periurbanas e rurais, para a prevención de posibles riscos ambientais.

* Analiza-las causas dos incendios forestais e os factores de risco, para determina-las estratexias de prevención que deban ser recollidas nos plans de ordenación.

* Analiza-las operacións de prevención, vixilancia, alerta e extinción de incendios forestais para a súa organización e coordinación.

* Manexar con destreza e seguridade os equipos, medios e maquinaria para a prevención, vixilancia, alerta e extinción de incendios forestais.

* Analiza-lo comportamento do lume e a medición do perigo para aplica-la estratexia de loita máis conveniente.

* Interpreta-la lexislación de carácter forestal e medio ambiental para os traballos de reforestación, tratamentos silviculturais, inventarios, control de alteracións nas masas forestais e prevención e extinción de incendios.

* Interpretar e aplica-la normativa de seguridade e hixiene nos traballos de conservación e defensa das masas forestais, para minimiza-los riscos de accidentes.

* Identificar e valora-lo impacto e danos ecolóxicos causados pola realización dos traballos de conservación e defensa das masas forestais, para propo-las medidas correctoras oportunas.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Proxectos de forestación e planificación das operacións de execución:

* Identificación e interpretación dos documentos dun proxecto.

* Interpretación dos factores do medio que definen a estación forestal.

* Selección dos tipos de sementeira ou plantación.

* Determinación das épocas de plantación ou sementeira con base nos métodos utilizados, tipo de planta, condicións climáticas, man de obra, etc.

* Establecemento das densidades de introducción.

* Planificación dos distintos traballos e cálculos de medios materiais e humanos.

Traballos de forestación e reforestación:

* Execución dos tratamentos de control da vexetación existente.

* Realización de labores de preparación do solo.

* Planeamento da plantación ou sementeira.

* Recepción do material vexetal, control da súa calidade e coidados ata a implantación.

* Execución de plantación ou sementeira.

Coidados posteriores á plantación ou sementeira:

* Realización de operacións de protección das plantas ou predios forestados.

* Reposición de marras.

* Realización de labores de mantemento do solo e da planta (agradas, rozas, regas, podas, enxertos, fertilización, ...).

* Construcción de redes viarias.

* Realización das obras e traballos de corrección hidrolóxica.

Causalidade e investigación dos incendios forestais:

* Análise das actividades relacionadas coa orixe do incendio.

* Clasificación das causas dos incendios.

* Descrición dos pasos para seguir de cara á investigación das causas.

* Enchido dos partes da investigación técnica sobre as causas dos incendios.

* Análise dos danos producidos polos incendios forestais.

Comportamento do lume e medición do perigo:

* Descrición dos tipos de incendios forestais.

* Explicación dos factores que interveñen.

* Diferenciación e análise das fases dun incendio forestal.

* Relación entre os combustibles, a topografía e o tempo atmosférico.

* Diferenciación das partes dun incendio.

* Realización dos cálculos de índices de perigo.

* Análise dos diversos índices de perigo.

Prevención e extinción de incendios forestais:

* Análise dos sistemas de prevención utilizados.

* Identificación e manexo dos sistemas de comunicación utilizados nos incendios forestais.

* Localización e identificación do incendio forestal.

* Análise das operacións e actuacións no proceso de extinción.

* Identificación das ferramentas, máquinas e medios empregados, relacionándoos co traballo ó que están destinados.

* Análise dunha situación de incendio definida, deseñando un sinxelo plan de ataque, relacionando combustibles, tempo atmosférico, topografía, medios para empregar, tipo de ataque...

Fundamentos da silvicultura:

* Análise dos obxectivos básicos da silvicultura: productiva, conservacionista e social.

* Análise da silvicultura extensiva e intensiva.

* Formulación dos factores da localización, hábitat ou estación: o clima, factores fisiográficos, solo e factores bióticos.

* Análise da evolución dos ecosistemas forestais.

* Análise da competitividade, densidade, tolerancia e temperamento das especies forestais.

* Diferenciación da productividade entre as especies.

* Caracterización das masas forestais e das súas croas constituíntes.

Tratamentos silviculturais:

* Análise dos tratamentos xerais segundo o método de beneficio utilizado.

* Planificación dos distintos tratamentos en tempo e espacio.

* Relaciona-las especies arbóreas forestais cos tratamentos que se aplican.

* Execución dos tratamentos das masas forestais en función dos sistemas, técnicas e procedementos elixidos utilizando os instrumentos, aparellos, maquinaria, apeiros, ferramentas e equipo necesarios.

Corrección e restauración hidrolóxico-forestal:

* Descrición dun ciclo hidrolóxico identificando e distinguindo cada un dos seus elementos.

* Identificación dos elementos de hidroloxía.

* Descrición dos distintos tipos de erosión hídrica superficial e en profundidade.

* Interpretación dos distintos tipos de erosión.

* Cálculo do transporte de materiais en suspensión e carrexados.

* Interpretación das distintas accións para realizar na bacía para a corrección da erosión.

* Realización de obras sinxelas de corrección hidrolóxica.

* Implantación de especies vexetais en bacías hidrolóxicas.

* Realización de operacións de mantemento e limpeza de leitos.

Traballos auxiliares de inventariación:

* Identificación das partes dun inventario forestal.

* Identificación e planeamento das parcelas obxecto de inventario.

* Toma de datos e enchido de táboas de control.

* Realización de inventarios.

Ordenación de montes:

* Interpretación das partes dun proxecto ou plan técnico de ordenación de montes.

* Cálculo dos medios humanos necesarios para realizar cada un dos traballos do proxecto ou plan técnico.

* Selección de máquinas, ferramentas, materiais e outros medios precisos para levar a cabo os traballos.

* Execución das operacións necesarias para desenvolver un proxecto de ordenación ou plan técnico deseñado.

Lexislación:

* Interpretación da lexislación existente sobre:

* Repoboacións forestais.

* Conservación e mellora dos montes.

* Defensa dos montes contra as pragas e enfermidades.

* Agrupacións de defensa forestais.

* Comunidades de montes veciñais en man común e outras agrupacións.

* Prevención e extinción de incendios.

* Impacto ambiental.

* Aplicación das medidas administrativas de policía e fomento da conservación e defensa das masas forestais.

Impacto ambiental:

* Identificación e diferenciación dos tipos de impactos no ámbito forestal.

* Interpretación de resultados dos estudios sobre impactos ambientais na conservación e defensa das masas forestais.

* Identificación dos factores ambientais dun lugar determinado dando o seu valor en unidades de importancia dentro do medio físico, socioeconómico e cultural.

* Identificación das accións impactantes que unha actividade produce sobre o medio.

* Diferenciación das medidas protectoras, correctores e compensatorias.

* Análise das partes dun programa de vixilancia ambiental.

Bioloxía e identificación das pragas e enfermidades:

* Aplicación de técnicas de contaxe e utilización de trampas.

* Análise da información sobre condicións ambientais nas que se desenvolven as masas arbóreas e os axentes patóxenos.

* Observación dos danos producidos sobre a masa arbórea.

* Recoñecemento do patóxeno ou invasor.

Control fitosanitario:

* Realización de prácticas culturais.

* Utilización de medios mecánico-físicos.

* Aplicación de productos químicos, medios biolóxicos e loita integrada.

* Deseño dun programa de actuación, tendo en conta os prazos de seguridade, o contorno e o custo dos tratamentos fitosanitarios.

* Aplicación dos tratamentos fitosanitarios: preparación dos caldos, elección e preparación das máquinas adecuadas e realización das probas de dosificación dos productos.

* Utilización de recursos biolóxicos no control do nivel sanitario do cultivo.

* Realización da loita integrada como alternativa global ós tratamentos.

Control sanitario nos parques de madeira, espacios periurbanos e rurais:

* Realización de tratamentos en zonas cubertas, espacios urbanos, periurbanos o rurais.

* Aplicación de productos químicos.

* Deseño dun programa de actuación.

Contidos conceptuais

Proxectos de forestación e planificación das operacións de execución:

* Proxectos. Tipos. Obxectivos.

* Proxecto. Documentos: planos, medición e orzamentos, prego de condicións.

* Plan de execución: actividades, duración, coordinación.

* A estación forestal.

* Factores do medio: clima, solo.

* As especies forestais: clasificación.

* Factores para considerar na elección de especie: prezo, aprovisionamento, calidade, etc.

* Densidades de introducción. Factores silvícolas e económicos.

Traballos de forestación e reforestación:

* A vexetación existente: tapiz herbáceo ou matogueira. Técnicas de control.

* Preparación do solo. Sistemas e procedementos.

* A planta e a semente forestal. Criterios de calidade.

* Sementeira e plantación. Tipos. Vantaxes e inconvenientes.

Coidados posteriores á plantación ou sementeira:

* Cercas e protectores das plantacións.

* Marras. Causas.

* Agradas e rozas de matogueira.

* Regas.

* Recalce e aporcados.

* Podas.

* Enxertos.

* Control fitopatolóxico.

* Traballos complementarios: rede varia, devasas, obras de hidroloxía.

Causalidade e investigación dos incendios forestais:

* Os incendios forestais: causas.

* Orixe dos incendios: características.

* Importancia da investigación dos incendios forestais.

* Partes da investigación técnica.

* Danos causados polos incendios.

Comportamento do lume e medición do perigo:

* Os incendios forestais: tipos e características.

* Combustión da materia orgánica: fases.

* Factores que interveñen nos incendios: vento, temperatura, humidade, orografía, etc.

* Intencionalidade dos incendios.

* Forma e descrición dos combustibles.

* O tempo atmosférico: índices de perigo.

* Perigo dos incendios forestais: índices.

* Partes dun incendio e factores que interveñen.

* Prealerta, alerta e alarma dos incendios forestais.

Prevención e extinción dos incendios forestais:

* Infraestructuras da prevención e alerta.

* Sistemas de prevención.

* Postos de vixilancia: fixos e móbiles.

* Sistemas e tipos de comunicación.

* Dispositivos de alerta.

* Medios de prevención.

* Normas de uso dos aparellos de comunicación.

* O combustible forestal.

* Épocas de máximo perigo.

* Sistemas de extinción. Características.

* Ferramentas, máquinas e medios necesarios.

* Equipos de protección.

* Infraestructura de extinción: postos, puntos de auga, devasas, etc.

* Tipos de ataque.

* Características da coordinación de medios.

* Dirección das operacións: mando único ou colexiado.

* O parte de incendio forestal.

* Superficie queimada: dimensión e importancia.

* Primeiros auxilios: evacuación de accidentados.

* Modalidades organizativas.

Fundamentos da silvicultura:

* Silvicultura: obxectivos e características.

* Silvicultura productiva, proteccionista, conservacionista.

* Silvicultura extensiva e intensiva.

* A estación forestal.

* A comunidade forestal.

* Categorías de árbores na masa.

* Densidade da masa.

* Tolerancia ou temperamento das especies forestais.

* Productividade das especies.

Tratamentos silviculturais:

* Coidados culturais. Tipos e obxectivos.

* Tratamentos silvícolas das diferentes especies forestais.

Corrección e restauración hidrolóxico-forestal:

* Hidroloxía e ciclo hidrolóxico.

* Conca hidrográfica e balance hídrico.

* Elementos de hidroloxía. Precipitacións. Evapotranspiración.

* Erosión. Tipos.

* Transporte de materiais.

* Correccións en bacías. Forestación. Ordenación de cultivos. Control de auga. Defensa de incendios.

* Especies vexetais.

* Obras de defensa en canles.

Traballos auxiliares de inventariación:

* Inventarios: sistemas e modalidades.

* Sinalizacións. Técnicas de realización.

Ordenación de montes:

* Aspectos e principios fundamentais.

* Uso múltiple do monte. Importancia e características.

* Métodos de organización das masas forestais: regulares e irregulares.

* Métodos de ordenación de montes.

Lexislación:

* Lexislación sobre conservación e defensa das masas forestais.

* Medidas de fomento.

* Medidas de policía.

Impacto ambiental:

* Tipos de impacto. Clasificación.

* Intensidade, persistencia, recuperación, periodicidade, etc.

* Factores ambientais susceptibles de recibir impactos.

* Accións impactantes.

* Valoración cualitativa e cuantitativa.

* Medidas protectoras, correctoras e compensatorias.

* Vixilancia ambiental. Aspectos e métodos.

Bioloxía e identificación das pragas e enfermidades:

* Axentes parasitarios e non parasitarios das plantas.

* Pragas e enfermidades. Danos que producen.

* Ciclos biolóxicos correspondentes.

Control fitosanitario:

* Productos químicos. Loita biolóxica. Loita integrada.

* Maquinaria e equipos de aplicación de productos.

Control sanitario nos parques de madeira, espacios periurbanos e rurais:

* Normativa legal existente sobre o emprego de productos fitosanitarios.

* Repercusión sobre o medio ambiente.

* Toxicidade. Efecto letal. Prazo de seguridade.

Contidos actitudinais

Proxectos de forestación e planificación das operacións de execución:

* Valoración da importancia da forestación e reforestación.

* Preocupación pola realización das fases do proxecto con base no estipulado nel, tendo en conta a dirección de obra, así como os cambios posibles que se poidan dar na súa execución.

* Hábito de considera-las particularidades da estación forestal sobre a que se vai actuar.

* Concienciación da importancia da selección do método de repoboación en función dos factores condicionantes.

* Valoración da importancia dos obxectivos socioeconómicos do proxecto.

Traballos de forestación e reforestación:

* Valoración da necesidade de controla-la calidade do material vexetal recepcionado e coidalo adecuadamente ata a implantación.

* Rigor na realización dos traballos de implantación.

* Valoración da importancia de elimina-la matogueira ou herba na implantación.

Coidados posteriores á plantación ou sementeira:

* Hábito de valora-los resultados obtidos na implatación, analizando os posibles erros cometidos.

* Concienciación da importancia de realizar no momento oportuno os traballos posteriores á implantación.

Causalidade e investigación dos incendios forestais:

* Hábito de investiga-las causas dos incendios forestais.

* Preocupación por coñece-la orixe do incendio en desenvolvemento.

* Hábito de considera-las actitudes da poboación nos procesos de investigación das causas dos incendios forestais.

* Esforzo por utiliza-la metodoloxía de investigación de forma precisa.

* Preocupación pola intencionalidade dos incendios forestais.

Comportamento do lume e medición do perigo:

* Consciencia do perigo potencial do incendio.

* Preocupación por observa-lo comportamento do lume.

* Hábito de analizar a posteriori o resultado das estratexias de extinción, para corrixi-los defectos en futuras actuacións.

Prevención e extinción de incendios forestais:

* Valora-la importancia da prevención nos incendios forestais.

* Hábito por mante-los sistemas de comunicación, así como os aparellos necesarios en perfecto estado.

* Consciencia de extrema-las medidas preventivas en zonas de alto risco ou de alto valor ecolóxico ou económico.

* Consciencia da importancia das actividades humanas na prevención dos incendios.

* Prudencia nos traballos de extinción, especialmente nos casos de existencia de varios focos simultáneos.

* Preocupación por seguir tódalas directrices dadas polos centros respectivos de dirección.

* Preocupación polo estado físico dos medios humanos existentes.

* Consciencia da importancia de usa-lo material de extinción existente de forma correcta.

* Esforzo por levar a cabo a extinción de forma totalmente coordinada, optimizando o uso dos medios existentes e coas prioridades deseñadas.

Fundamentos da silvicultura:

* Valoración da silvicultura como ciencia que se ocupa da conservación e mantemento dos bosques e das masas forestais.

* Concienciación da importancia da silvicultura productiva e conservacionista como xeradora de rendas e conservación do medio.

* Preocupación por comprende-las diferencias existentes entre unha silvicultura extensiva e intensiva.

* Valoración da importancia da estación forestal como condicionante da silvicultura que se aplique.

* Preocupación por ve-la evolución das masas forestais segundo a silvicultura aplicada.

* Hábito de observa-las especies forestais e o seu comportamento no hábitat de estudio, comprobando o seu temperamento.

* Valoración das especies forestais na súa compoñente productiva ou conservacionista.

Tratamentos silviculturais:

* Esforzo por caracteriza-las masas forestais e croas.

* Valoración da importancia das actuacións silvícolas na evolución das masas.

* Rigor na realización dos distintos tratamentos en tempo e espacio.

Corrección e restauración hidrolóxico-forestal:

* Sensibilidade por considera-las medidas correctoras existentes desde a antigüidade para a corrección e restauración hidrolóxico-forestal.

* Consciencia da importancia do equilibrio agroforestal na reducción dos efectos erosivos.

* Sensibilidade por comproba-los efectos da erosión hídrica en función da área territorial motivo de estudio.

* Compromiso coa realización de actuacións preventivas e correctoras da erosión no momento oportuno.

Traballos auxiliares de inventariación:

* Hábito na utilización de planos e pronta localización das parcelas e croas para inventariar.

* Preocupación por dispor de todo o material en bo estado.

* Rigor na toma de datos necesarios para a realización da inventariación proxectada.

Ordenación de montes:

* Rigor na execución das directrices marcadas no proxecto ou plan técnico.

* Consciencia da importancia que ten o uso múltiple do monte, distinguindo os diversos bens que podemos obter del.

* Valoración da importancia que ten a ordenación das masas forestais para asegura-los obxectivos marcados no proxecto inicial.

* Preocupación por analiza-las causas da deterioración das masas forestais.

Lexislación:

* Responsabilidade do técnico forestal ante as normas lexislativas relacionadas coa conservación e defensa das masas forestais.

* Esforzo por cumprir e facer cumpri-las normas vixentes nas diferentes actuacións.

* Hábito de se actualizar con respecto á normativa de protección e defensa das masas forestais.

* Valoración da importancia das medidas de fomento, así como da divulgación das normas para o seu maior coñecemento.

Impacto ambiental:

* Consciencia de que a realización dos traballos proxectados xeran impacto.

* Esforzo por ver diferentes características ligadas ó impacto: intensidade, persistencia, recuperación, etc.

* Concienciación da necesidade de valoración dos impactos.

* Esforzo por evitar riscos ambientais derivados das actividades realizadas.

* Preocupación por corrixi-los posibles impactos producidos.

* Valoración da importancia dos programas de vixilancia ambiental.

* Preocupación por reduci-los impactos negativos.

Bioloxía e identificación das pragas e enfermidades:

* Hábito de relaciona-las condicións ambientais e os criterios bioecolóxicos co desenvolvemento das principais pragas e enfermidades de interese das especies forestais.

* Interese en identifica-los axentes causantes dos danos nas masas forestais.

Control fitosanitario:

* Valoración das consecuencias que pode te-la patoloxía das masas na producción e comercialización da madeira.

* Compromiso co cumprimento dun estricto programa de medidas profilácticas.

* Preocupación por determinar, en cada caso, a utilidade do tratamento máis adecuado na estratexia que se adopte.

* Valoración das características estructurais dos distintos tipos de maquinaria de tratamentos, condicións de emprego e obxectivos da operación.

* Esforzo por escolle-la máquina adecuada para cada tipo de tratamento.

* Preocupación pola identificación dos síntomas de enfermidade ou praga coa rapidez adecuada para evita-los danos ó cultivo.

* Hábito no establecemento de contaxes ou instalación de trampas para a xeración da información necesaria na diagnose correspondente.

* Actitude indagatoria sobre a obtención de información ambiental utilizando para isto os instrumentos adecuados.

* Actitude reflexiva sobre a correcta utilización dos medios fitosanitarios ó seu alcance.

* Conciencia na planificación dunha loita integrada ou global.

* Interese na elaboración dun programa de actuacións na loita fitopatolóxica.

Control en parques de madeira, espacios periurbanos e rurais:

* Compromiso coa problemática da desinfección de locais destinados a albergar productos forestais, así como coa eliminación de animais portadores de factores patóxenos.

* Conciencia da incidencia que ten a utilización racional dos productos fitosanitarios sobre o medio ambiente.

* Responsabilidade no manexo de productos fitosanitarios.

* Rigor por respecta-los prazos de seguridade dos productos.

* Preocupación polos riscos que ocasionan os productos fitosanitarios sobre a saúde humana.

* Indagación sobre os efectos que os pesticidas poden causar durante o seu manexo.

* Conciencia sobre a necesidade de actuacións rápidas e adecuadas en caso de accidente.

* Hábito de sinalizar e protexe-las zonas tratadas.

3.2.8. Módulo profesional 8: actividades de uso público en espacios naturais:

Asociado á unidade de competencia 6: realiza-los labores de control e vixilancia do medio natural, así como as actividades de uso público dos espacios naturais.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las diferentes especies animais e vexetais existentes nos espacios naturais de Galicia para realizar actividades de divulgación do medio natural.

* Analiza-la bioloxía, distribución e ecoloxía das diferentes especies animais e vexetais presentes nun espacio natural característico, para realizar actividades de conservación e defensa.

* Analiza-los métodos de mostraxe, seguimento e captura de especies para o posterior control e elaboración de censo.

* Identificar e analiza-los diferentes compoñentes que interveñen nun espacio natural para lograr un sistema equilibrado.

* Valora-las diferentes actuacións realizadas sobre un espacio natural, analizando a súa incidencia para corrixir posibles impactos e danos ecolóxicos.

* Realiza-las tarefas de control e mantemento das infraestructuras para a recolla, almacenamento, tratamento e evacuación de residuos e vertidos, situadas no espacio natural, seguindo instruccións preestablecidas.

* Interpreta-los planos e guías dos espacios naturais para estudiar, sinalando tódolos seus elementos para lograr unha utilización eficaz deles.

* Analizar e describi-las técnicas de vixilancia e control do medio natural para a súa protección e conservación, elaborando informes das incidencias observadas.

* Manexar con destreza os equipos e medios audiovisuais e as técnicas de comunicación axeitadas para realizar actividades de divulgación e información sobre os espacios naturais e educación ambiental.

* Analiza-los elementos de construcción, servicios, sinalización e itinerarios para uso público segundo a normativa vixente, considerando as construccións e materiais rústicos tradicionais da zona.

* Aplica-las técnicas de primeiros auxilios para actuar en casos de accidentes que poidan acontecer nas actividades de visita dos espacios naturais, respectando as normas de seguridade e hixiene.

* Interpreta-la lexislación sobre protección e xestión de espacios naturais de uso público, para a súa divulgación e aplicación.

Contidos (duración 90 horas)

Contidos procedementais

O medio natural:

* Identificación da flora e fauna dun espacio natural.

* Análise das relacións interespecíficas existentes nun espacio natural.

* Realización de censos e mostraxes. Estimación das poboacións.

* Interpretación dos factores que inflúen na evolución dun ecosistema dado. Análise das posibles causas de regresión.

Espacios naturais:

* Identificación dos diferentes espacios naturais e zonas protexidas.

* Análise das características ecolóxicas dos espacios naturais protexidos localizados en Galicia.

* Distribución das diferentes figuras de conservación dos espacios naturais.

* Análise das causas que inflúen na deterioración dos espacios naturais.

* Realización de actividades de conservación e restauración en espacios naturais.

Vixilancia e control:

* Comparación entre os distintos métodos de orientación nos espacios naturais.

* Interpretación de planos e guías da natureza: estática, disuasoria, educativa.

* Aplicación das técnicas de vixilancia e control.

* Localización dos puntos máis axeitados para visitantes, intrusos, vertidos e lumes.

Atención a grupos de visitantes:

* Localización dos puntos máis axeitados para a comunicación dentro do espacio natural considerado.

* Cálculo de medios materiais e humanos necesarios para atención a grupos de visitantes.

* Aplicación das técnicas de comunicación apoiándose nos medios auxiliares dispoñibles no espacio natural dado.

Infraestructuras e equipamentos:

* Identificación dos principais materiais de construcción, dos equipamentos e dos elementos de sinalización.

* Realización de obras sinxelas utilizando materiais rústicos e tradicionais da zona.

* Realización de tarefas de mantemento e mellora en infraestructuras e instalacións.

* Realización de trazados e sinalización de itinerarios.

Seguridade e prevención de accidentes:

* Aplicación das medidas de seguridade e hixiene no traballo.

* Prestación de primeiros auxilios.

Lexislación:

* Interpretación da lexislación existente sobre os espacios naturais e outras actividades de carácter ambiental.

Contidos conceptuais

O medio natural:

* Flora e fauna silvestres. Especies protexidas e en perigo de extinción.

* Dinámica das poboacións.

* Censos.

* Zonas de control especial.

Espacios naturais:

* Espacios naturais. Antecedentes históricos.

* Áreas de uso público: parques, reservas naturais, monumentos naturais e paisaxes protexidas.

* Instrumentos e órganos de xestión e goberno nos espacios naturais.

* Espacios naturais en Galicia. Características e ecosistemas existentes.

* Conservación da paisaxe.

Vixilancia e control:

* Cartografía característica do medio natural.

* Signos convencionais.

* Orientación na natureza.

* Técnicas e aparellos de vixilancia e control.

* Acceso de visitantes. Sistemas de control

* Zonas de especial prioridade.

Atención a grupos de visitantes:

* O inventario dos recursos: naturais, etnográficos, culturais, etc.

* Enclaves de interese: botánico, paisaxístico, zoolóxico, cultura, etc.

* Limitacións específicas de uso.

* Sinalización.

* O guía e o seu coñecemento do medio.

* Percorridos, tempos e distancias.

Infraestructuras e equipamentos:

* Materiais e equipos. Características.

* Construccións e materiais rústicos tradicionais na zona.

* Normativas sobre construccións e instalacións no medio natural.

Seguridade e prevención de accidentes:

* Tipos e causas de accidentes.

* Técnicas de primeiros auxilios.

Lexislación:

* Normativa existente sobre espacios naturais protexidos.

* Normativa sobre flora e fauna silvestre.

Contidos actitudinais

O medio natural:

* Hábito de inventaria-los elementos que forman parte dun hábitat obxecto de estudio.

* Consciencia da necesidade de analiza-las causas que provocan a deterioración do medio natural.

* Interese por coñece-los ciclos biolóxicos e a distribución das especies animais e vexetais presentes nun espacio natural.

* Preocupación por mante-los espacios naturais en equilibrio mediante actuacións correctas sobre o medio.

Espacios naturais:

* Interese na correcta identificación dos diferentes espacios naturais.

* Consciencia da importancia que teñen os espacios naturais na conservación do medio.

* Hábito de analiza-las causas que inciden negativamente na conservación dos espacios naturais.

* Vixilancia e control.

* Consciencia da importancia de sinalizar correctamente as distintas zonas de uso e áreas de servicio.

* Consciencia da necesidade de respecta-las normas establecidas nos espacios naturais.

Atención a grupos de visitantes:

* Hábito de informa-los visitantes sobre as normas de uso do espacio natural.

* Valoración da importancia que teñen os medios de información e comunicación na atención a grupos de visitantes.

* Preocupación por manter unha comunicación respectuosa cos visitantes e adaptarse ás súas diferentes idades e niveis culturais.

Infraestructuras e equipamentos:

* Preocupación por utilizar materiais rústicos e tradicionais da zona nos elementos constructivos que forman parte dos espacios naturais.

* Rigor na execución das tarefas seguindo as directrices marcadas no proxecto.

* Consciencia da importancia de manter en bo estado de uso as infraestructuras e equipamentos.

Seguridade e prevención de accidentes:

* Rigor no cumprimento das medidas de seguridade e de prevención de accidentes nas actividades de uso público.

* Hábito de analiza-las causas máis frecuentes que provocan accidentes no uso dos espacios naturais.

Lexislación:

* Hábito de se manter actualizado no coñecemento da lexislación sobre os espacios naturais.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 9: agrotecnoloxía:

Capacidades terminais elementais

* Selecciona-lo sistema de rega máis adecuado segundo as características dun solo, o cultivo para implantar e a súa fase e a climatoloxía da zona.

* Calcula-las necesidades de auga de rega, a doses e a frecuencia de aplicación para un cultivo determinado, a partir de datos climatolóxicos e edafolóxicos.

* Interpreta-las análises de auga de rega, para determina-la súa calidade e as correccións necesarias.

* Interpreta-los distintos tipos de solos e as súas características, para determina-las posibilidades de desenvolver nel un determinado cultivo e as necesidades de mellora.

* Realiza-la toma de mostras para efectuar unha análise do solo, utilizando as ferramentas de campo axeitadas.

* Interpreta-los resultados das análises dun solo para programa-la aplicación de fertilizantes e emendas segundo o cultivo que se implante.

* Programa-los labores do solo para mellorar e conserva-las súas características físicas.

* Interpreta-lo comportamento dos elementos fertilizantes no solo e a súa asimilación polas plantas, para telos en consideración nos programas de fertilización.

* Elixi-lo fertilizante máis idóneo para unha parcela determinada, en función do tipo de solo, do cultivo, da climatoloxía da zona e do sistema de aplicación.

* Analiza-la estructura, morfoloxía e fisioloxía dos vexetais, identificando órganos e tecidos e establecendo as súas relacións coas funcións fisiolóxicas das plantas.

* Analiza-los distintos fenómenos meteorolóxicos que afectan á agricultura da zona, coa finalidade de adopta-las estratexias oportunas de prevención de riscos ou mellora-las condicións ambientais dos cultivos.

* Realiza-la colleita de datos meteorolóxicos para efectua-la súa análise e interpretación, establecendo relacións entre a climatoloxía da zona e os cultivos que se poden desenvolver.

* Interpretar mapas de previsión meteorolóxica coa finalidade de planifica-las tarefas agrícolas que dependen das condicións atmosféricas.

* Relaciona-las condicións topográficas dunha parcela coas súas características edafolóxicas para determina-los seus usos agrarios.

* Elaborar planos de predios por métodos sinxelos, realizando as oportunas medicións en campo, utilizando as escalas adecuadas e aplicando as técnicas gráficas idóneas.

* Interpreta-la lexislación medioambiental aplicable ós distintos sistemas naturais, relacionando as condicións de aproveitamento e xestión coas medidas de protección.

* Analiza-las características da flora espontánea e da fauna silvestre máis importantes da zona, indicando as condicións necesarias para a súa conservación, prestando especial atención ás especies protexidas.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

O solo:

* Identificación das características dun solo a partir da súa composición física, química e biolóxica.

* Establecemento de conclusións sobre a evolución da materia orgánica.

* Realización das operacións de mostraxe para a elaboración de análises dun solo.

* Interpretación adecuada da analítica dun solo.

* Descrición dun solo a partir da súa analítica ou mostra física.

* Diferenciación do comportamento dos elementos fertilizantes no solo.

* Descrición dos métodos de mellora das propiedades fisicoquímicas e biolóxicas dun solo.

A auga:

* Explicación dos procesos da transpiración vexetal.

* Determinación do contido de auga no solo.

* Cálculo de necesidades e frecuencia de regas.

* Selección dos sistemas de rega máis idóneos en cada caso considerado.

* Formulación dos fundamentos e da metodoloxía do cultivo hidropónico.

Os fertilizantes:

* Descrición das funcións xerais dos elementos nutritivos.

* Realización de ensaios para a observación dos efectos dos nutrientes nas plantas.

* Establecemento de relacións entre a fertilización e as características do solo e cultivo.

* Elaboración dun programa de fertilización adecuado para un solo segundo a súa analítica e o cultivo que vaia soportar.

* Identificación de fertilizantes e dos sistemas de distribución.

* Manexo da fertirrigación.

* Experimentación sobre doses e fertilizantes diferentes actuando sobre o mesmo cultivo.

Botánica:

* Identificación das familias das principais especies de interese agrario.

* Identificación de células, tecidos e órganos vexetais.

* Elaboración de herbarios.

* Relación da fisioloxía coa estructura morfolóxica do vexetal.

Reproducción vexetal:

* Identificación dos diferentes tipos de reproducción.

* Identificación de partes da semente.

* Identificación de sementes.

* Explicación da fisioloxía da semente. Determinación de pureza e poder xerminativo.

* Realización de técnicas de reproducción vexetativa.

O clima:

* Identificación dos factores do clima. Análise da incidencia na producción vexetal.

* Descrición dos distintos tipos de meteoros que poden ter efecto sobre a agricultura da zona ou áreas de Galicia.

* Análise e interpretación de datos recollidos en aparellos meteorolóxicos.

* Interpretación de mapas meteorolóxicos para a diagnose do clima a curto prazo nunha zona determinada.

* Descrición e manexo das unidades utilizadas en meteoroloxía, así como dos aparellos e sistemas de información de obtención de datos meteorolóxicos.

* Planificación dos traballos agrícolas en función das previsións meteorolóxicas.

Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Interpretación da lexislación medioambiental referente ós sistemas naturais.

* Descrición das principais características das especies naturais de interese en Galicia.

* Análise sobre as diferentes actuacións para conserva-lo medio natural.

* Descrición dos principais parámetros que interveñen na avaliación do impacto ambiental.

* Explicación dos plans de ordenación do uso e xestión do medio natural.

* Interpretación das normas para a protección dos sistemas naturais.

Medición e planeamento do terreo:

* Realización de medicións planimétricas e altimétricas. Cálculos.

* Aplicación de diversas escalas para o cálculo de superficies.

* Elaboración de planos de predios como resultado da súa medición por métodos sinxelos e coas técnicas gráficas requiridas.

* Determinación de superficies e desniveis.

* Realización de planeamentos planimétricos e altimétricos.

Contidos conceptuais

O solo:

* Fase sólida. Compoñentes. Textura e estructura.

* Composición química do solo.

* Poder absorbente do solo. Complexo de intercambio catiónico.

* Acidez do solo. Salinidade e alcalinidade.

* Elementos nutritivos no sistema solo-planta. Fertilidade do solo.

* Orixe, formación e evolución dos solos agrícolas.

* Emendas. Labores. Conservación de solos. Loita contra a erosión.

A auga:

* A auga do solo. Formas. Movemento. Balance.

* Capacidade de retención. Capacidade de campo. Punto de murchamento. Auga utilizable.

* A evapotranspiración.

* A rega: volume, dotación, frecuencia, duración, caudais.

* Equipos e sistemas de aplicación.

* Fertirrigación.

* A drenaxe agrícola. Tipos.

Os fertilizantes:

* Funcións xerais dos elementos nutritivos.

* Características e utilización de fertilizantes orgánicos e minerais.

* Técnicas e sistemas de aplicación.

* Emendas: orgánicas e minerais.

* Fertilización de cultivos herbáceos, arbustivos e arbóreos.

* Fertilizantes en hidroponía.

Botánica:

* Características xerais dos vexetais.

* A célula e os tecidos vexetais.

* Estructura, morfoloxía e fisioloxía de vexetais e fungos.

* Crecemento e desenvolvemento dos vexetais e fungos. Interacción clima-solo-planta.

Reproducción vexetal:

* Tipos de reproducción.

* A semente. Morfoloxía e fisioloxía. Tipos. Pureza. Poder xerminativo. Estado sanitario.

* Factores internos e externos que inflúen na xerminación das sementes.

* Propagación vexetativa. Tipos.

O clima:

* Factores que compoñen o clima: temperatura, luz, auga, vento.

* Clasificacións climáticas.

* Microclimas: naturais e artificiais.

* Métodos e aparellos de medida.

Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Ecosistemas. Conceptos básicos.

* Tipos de sistemas naturais.

* Espacios naturais protexidos. Características.

* Plans de uso e xestión do medio natural.

* Lexislación medioambiental.

Medición e planeamento do terreo:

* Unidades de lonxitude, angulares e de superficie.

* Escalas.

* Planimetría e altimetría.

Contidos actitudinais

O solo:

* Consideración do solo como a base esencial de toda producción agrícola con terra.

* Actitude pescudadora sobre os procesos evolutivos do solo e o seu nivel potencial de fertilidade.

* Autocrítica sobre as formas de utilización do solo nos procesos productivos.

* Sensibilidade pola conservación do solo agrícola e polo mantemento da súa fertilidade.

* Preocupación por pescuda-lo comportamento dos nutrientes no solo.

* Actitude inquisitiva sobre os métodos de mellora das propiedades fisicoquímicas e biolóxicas dun solo.

A auga:

* Valoración da auga nos solos e o seu papel no desenvolvemento vexetal.

* Consciencia do papel que presenta a auga na composición dos seres vivos.

* Interese por coñece-los balances hídricos dos solos.

* Preocupación pola elección das opcións de rega.

* Actitude crítica sobre o uso da rega na obtención de productos de calidade.

* Sensibilidade na utilización racional da auga de rega.

* Consideración dos cultivos sen solo como posibilidade para utilizar.

* Valoración das drenaxes como forma de mellora da utilización dos solos.

Os fertilizantes:

* Hábito de control do nivel nutritivo dos solos.

* Interese pola interpretación da analítica dun solo e pola actuación de mellora no seu nivel de nutrientes.

* Hábito de realizar balances de nutrientes para a aplicación adecuada de fertilizantes.

* Consciencia da necesidade de selecciona-lo tipo de fertilizante adecuado.

* Rigor na avaliación de necesidades de emendas minerais e orgánicas.

* Sensibilidade pola posible salinización dos solos como consecuencia de utilización masiva de fertilizantes.

* Preocupación por coñece-los desequilibrios causados nos solos por utilización indiscriminada de métodos de fertilización ou emenda.

* Valora-la necesidade de considera-las formas de nutrición dos vexetais, así como as funcións xerais dos elementos nutritivos.

Botánica:

* Interese por coñece-lo desenvolvemento e ciclo agrícola dos vexetais.

* Valora-la importancia dos coñecementos botánicos na profesión.

* Esforzo por comprende-la interacción clima-solo-planta na obtención de determinados rendementos.

Reproducción vexetal:

* Valoración do material de reproducción como primeiro condicionante das produccións.

* Preocupación polas condicións de reproducción e pola realización dos coidados posteriores.

O clima:

* Interese por coñece-la actuación dos factores do clima sobre a producción vexetal.

* Hábito de recollida de datos meteorolóxicos como fonte de análise e interpretación.

* Valoración de mapas meteorolóxicos e climáticos como axuda na planificación de cultivos.

* Valoración das novas tecnoloxías referentes á recollida e transmisión de datos climáticos.

* Preocupación pola defensa do cultivo ante fenómenos meteorolóxicos adversos.

Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Sensibilidade cara ó medio natural como una peza básica na conservación do equilibrio nun sistema.

* Espírito crítico na conservación do contorno natural.

* Respecto polas zonas para conservar e consideración delas como o patrimonio cultural dunha rexión.

* Colaboración en propostas sobre a conservación do medio natural nunha zona determinada.

* Preocupación por coñece-los métodos e medios existentes en Galicia para a utilización do espacio natural.

* Consideración das actividades agrarias como elemento favorecedor ou de risco na conservación do medio natural.

* Consideración da necesidade de mantemento e conservación dos espacios protexidos e a integración das actividades agrarias neles.

Medición e planeamento do terreo:

* Rigor nas medicións e no uso adecuado das unidades.

* Valoración dos planos como elemento útil para a organización e manexo da explotación.

* Preocupación polo correcto planeamento.

3.3.2. Módulo profesional 10: relacións no equipo de traballo:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instruccións e información.

* Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

* Analiza-las relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.

* Analiza-los conflictos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

* Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, políticas e/ou directrices predeterminadas.

* Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Impulsa-lo proceso de motivación e analiza-la súa influencia no clima laboral.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

A comunicación na empresa:

* Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

* Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

* Identifica-las alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

Negociación e solución de problemas:

* Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflicto.

* Discriminar entre datos e opinións.

* Distingui-las diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

* Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

Equipos de traballo:

* Busca de información e análise dela, referida á formación e funcionamento de grupos.

* Identificación das pautas de conducta que deben adopta-los participantes dun grupo de traballo.

* Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

* Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

* Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

* Analiza-la actitude humana ante o traballo.

* Detecta-lo proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación das diferencias entre as principais teorías sobre a motivación.

* Distingui-los factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.

Contidos conceptuais

A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Técnicas de comunicación.

* Comunicación oral e escrita de instruccións.

* A mensaxe publicitaria.

* A comunicación como xeradora de comportamentos.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

Negociación e solución de problemas:

* Concepto e elementos dunha negociación.

* Tácticas negociadoras.

* Proceso de resolución de problemas.

* Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

As relacións humanas:

* As relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos, a solidariedade.

* As relacións laborais: teoría de Taylor, Ford, Mayo.

* As relacións humanas na empresa.

Equipos de traballo:

* Características dos grupos formais e informais.

* Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

* Roles dos comportamentos.

* Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

* A reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

Motivación no contorno laboral:

* Concepto de motivación.

* Principais teorías da motivación.

* O clima laboral.

* O clima laboral e a súa influencia na productividade da empresa.

Contidos actitudinais

A comunicación na empresa:

* Logra-la práctica da comunicación efectiva.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

* Capacidade para escoitar.

* Afacerse a falar en público.

* Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

Negociación e solución de problemas:

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Comportamento de maneira responsable e coherente.

* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

Equipos de traballo:

* Recoñece-las vantaxes do traballo en grupo fronte ó individual.

* Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Fomento do uso de reunións participativas.

Motivación no contorno laboral:

* Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Interese pola problemática que pode suscita-la falta de motivación e interese no traballo.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Elixi-las especies forestais en función das características climáticas e edafolóxicas, da calidade da súa madeira e doutros aproveitamentos.* Caracteriza-las distintas zonas do monte.

* Identifica-las especies arbóreas e arbustivas implantadas ou obxecto de repoboación.

* Caracteriza-las especies atendendo ás esixencias que presentan e os posibles aproveitamentos.
* Describi-los aproveitamentos actuais do monte.

2.Producir planta forestal a raíz núa ou con terrón.* Instalar invernadoiros e/ou alcouves.
* Colocar mallas antiherbas.
* Colocar mallas de protección aérea.
* Instalar elementos de rega no viveiro.
* Controlar, manexar e mante-las instalacións do viveiro.
* Prepara-los substratos de cultivo.
* Realiza-las tarefas de sementeira.
* Controla-las malas herbas, as pragas e as enfermidades das plantas de viveiro.
* Realiza-los repicados con maquinaria arrastrada polo tractor.
* Clasifica-la planta para a venda.
* Envasar e expedi-la planta.

3.Realiza-los labores de implantación de especies forestais.* Executar tarefas de limpeza utilizando motorrozadoras manuais ou accionados polo tractor.
* Efectuar queimas controladas.
* Elimina-los cachopos existentes ou controla-lo seu novo agromar.
* Subsola-las ringleiras de plantación.
* Fresa-lo terreo con rotocultivador forestal.
* Replantear segundo o marco de plantación preestablecido.
* Plantar árbores utilizando distintas técnicas.

4.Controla-las pragas e enfermidades das especies forestais.* Identificar pragas e enfermidades.
* Colocar trampas para pragas e realiza-lo seu seguimento.
* Aplicar tratamentos contra pragas e/ou enfermidades no monte.

5.Aplicar tratamentos silvícolas e participar na inventariación e avaliación das masas forestais.* Realizar traballos de desmalezado e limpeza.

* Realizar podas utilizando ferramentas manuais ou motoserras de poda.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Practicar rareos.
* Efectuar marcaxe e sinalización de árbores.
* Tomar datos de diámetros, alturas, grosor da casca, idade.
* Cubicar árbores.

6.Manexa-las máquinas e equipos de aproveitamento de madeiras e leñas.* Realizar cortas.

* Efectuar derrama e tronzado.

* Manexar maquinaria de desembosque, reunión e carga e transporte.

7.Realizar traballos de aproveitamento de subproductos forestais.* Aproveitar cascas e resinas.

* Aproveitar productos da apicultura.

* Aproveitar plantas aromáticas, medicinais e ornamentais, cogomelos e froitos.
* Aproveitar pastos e manexar gando no monte.

8.Realizar tarefas de prevención e control dos incendios forestais.* Abrir e mante-las devasas.

* Construír balsas de auga.

* Manexar equipos de extinción.
* Realizar funcións de vixilancia e aviso de incendios.
* Participar en tarefas de extinción, se se dá o caso.

9.Executar traballos de construcción e instalacións relacionados coa xestión e uso dos montes.* Construír e manter camiños, pistas e vías de saca.

* Conducir augas de escorrentía.

* Instalar e manter cercas.
* Instalar bancos, fontes, papeleiras e outros elementos propios das áreas recreativas.

10.Xestionar e aproveita-los recursos relacionados con actividades de uso público e social dos montes.* Realizar plantacións paisaxísticas en áreas decorativas do monte.

* Realiza-lo mantemento de áreas recreativas.

* Sinalizar e manter rutas de sendeirismo.
* Guiar grupos de visitantes.
* Controlar e xestionar visitas a espacios protexidos.
* Participar en tarefas de xestión e mellora dos hábitats das especies de caza e pesca.
* Participar na organización de actividades relacionadas coa micoloxía, a colleita de froitos da flora silvestre, etc.
* Vixia-lo furtivismo.
* Realizar tarefas en granxas cinexéticas ou en piscifactorías.
* Participar en repoboacións con especies cinexéticas ou piscícolas.

11.Mante-la maquinaria forestal en estado de uso.* Controlar e mante-los tractores: cambia-lo aceite, limpa-los filtros, engraxar, etc.
* Realiza-lo mantemento periódico das motoserras e motorrozadoras manuais: limpeza exterior, afiadura dos elementos de corte, posta a punto, limpeza de filtro do aire, engraxamento, etc.
* Regular, limpar e engraxar outras máquinas arrastradas ou accionadas polo tractor.
* Cubri-las oportunas fichas ou partes de mantemento.

12.Aplica-las normas de seguridade e hixiene no traballo.* Identificar e describi-los elementos de protección utilizados nas distintas tarefas.
* Emitir xuízos sobre o grao de seguridade no que se realizaron os traballos.
* Utiliza-los elementos de protección persoal en cada actividade desenvolvida.
* Verifica-los dispositivos de seguridade.
* Participar na recolleita e tratamento de residuos do monte.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións a seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socio-económica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción socio-laboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción socio-laboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socio-económica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de traballos forestais e de conservación do medio natural:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión dunha explotación agraria familiarProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

2Instalacións agrariasOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

3Mecanización agrariaOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

4Aproveitamentos forestaisOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

5Aproveitamentos cinexéticos e piscícolas Procesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

6Producción de plantasOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

7Conservación e defensa das masas forestaisOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

8Actividades de uso público en espacios naturaisProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

9AgrotecnoloxíaProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

10Relacións no equipo de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

11Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Bioloxía e xeoloxíaProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

Ciencias da terra e do medio ambienteProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia:

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Procesos de producción agraria-Enxeñeiro técnico agrícola, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico forestal, en tódalas súas especialidades

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de traballos forestais e de conservación do medio natural require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Laboratorio de análise90 m60 m20%

Taller agrario150 m120 m15 %

Predio: espacio natural (1)5 ha5 ha45 %

Aula polivalente60 m40 m20 %

(1) Espacio singular non necesariamente situado no centro.

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible redu

ci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Organización e xestión dunha explotación agraria familiar.

* Instalacións agrarias.

* Mecanización agraria.

* Producción de plantas.

* Conservación e defensa das masas forestais.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Instalacións agrarias.

* Mecanización agraria.

* Producción de plantas.

* Conservación e defensa das masas forestais.

* Actividades de uso público en espacios naturais.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

215Producción de plantas

185Aproveitamentos forestais

110Aproveitamentos cinexéticos e piscícolas

185Agrotecnoloxía

215Mecanización agraria

4º, 5º e 6º trimestre

110Instalacións agrarias

240Conservación e defensa das masas forestais

Horas totaisDenominación dos módulos

90Actividades de uso público en espacios naturais

110Organización e xestión dunha explotación agraria familiar

55Relacións no equipo de traballo

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 50 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.