Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dunha subministración.

Obxecto: subministración de tres vehículos todoterreo, novos e de recente fabricación, coas características técnicas que constan no anexo ó prego de condicións.

Orzamento: 8.000.000 de pesetas.

Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no Rexistro Xeral, Negociado de Contratación, ata as 14 horas dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 3 de novembro de 1999.

Antonio Campo Fernández

Alcalde