Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (expediente 1435/1998-2ª).

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso, polo procedemento aberto e tramitación declarada de urxencia, para a adxudicación polo concello de Marín da obra da rede de saneamento en Cabodevila, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a execución das obras de rede de saneamento en Cabodevila.

2. Duración do contrato: cuatro meses (4).

3. Tipo de licitación: 11.670.334 ptas. (IVE incluído).

4. Garantías: a provisional, que alcanzará o 2% do tipo de licitación e a definitiva, polo 4% do importe da adxudicación.

5. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas de 9 a 14 , agás o sábado, que será de 9 a 13 horas, durante o prazo de trece días naturais (13), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, (tomarase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

6. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións, que se atopa á diposición dos interesados na Secretaría do Concello para o seu exame.

7. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica, abrirase na sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 10 horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado realizarase o seguinte día hábil.

Marín, 8 de novembro de 1999.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde