Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 194, do 7 de outubro de 1999, publicáronse as bases para a convocatoria de oposición libre para provisión dunha praza de limpadora, vacante no cadro de persoal laboral fixa deste concello, incluída na oferta de emprego de 1999.

Así mesmo, no BOP de Pontevedra nº 196, do 11 de outubro de 1999, publicáronse as bases para as convocatorias por oposición restrinxida por promoción interna e por concurso-oposición libre de dúas prazas de conductor vacantes no cadro de persoal deste concello incluídas na oferta de emprego de 1999.

O que se fai público para os efectos oportunos.

A Estrada, 15 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado