Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 30/1999).

A Alcaldía presidencia, con data do 3 de novembro de 1999, resolveu:

1. Avocar para si a competencia delegada na Comisión de Goberno, con data do 16 de xullo de 1999, unicamente para o Plan especial de ordenación da zona de servicio do porto da Coruña, sen prexuízo de que se lle dea coñecemento á Comisión de Goberno na próxima sesión que se realice.

2. Aprobar inicialmente o Plan especial de ordenación da zona de servicio do porto da Coruña, que deberá complementarse segundo informe dos técnicos municipais.

3. Publica-lo acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente que permanecerá exposto ó público de luns a venres, na oficina de planeamento do Servicio Municipal de Urbanismo, desde as 12 ata as 14 horas, poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os gastos de publicación deste anuncio satisfaraos o interesado: Autoridade Portuaria da Coruña.

A Coruña, 4 de novembro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado