Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente 38/1999).

Expediente nº: 38/1999.

Obxecto: equipamento de laboratorios para a escola universitaria de Fisioterapia en Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Importe licitación: 23.227.757 ptas. IVE incluído.

Prazo entrega: 30 días.

Expediente nº: 43/1999.

Obxecto: dotación aula informática na escola universitaria de Formación de Profesorado de EXB de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Importe de licitación: 2.400.000 ptas. IVE incluído.

Prazo entrega: 15 días.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías: provisionais: 2% dos importes de licitación. Definitivas: 4% dos importes de licitación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 38 57. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG b) Documentación que hay que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado edificio anexo r/ Oporto nº 1- planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas. a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora. 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 3 de novembro de 1999.

P.D. (Resolución 3-3-1999

Julio Taboada Pérez

Xerente