Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento negociado 71/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, de 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde,Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: 71/1999.

2. Obxeto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministración.

Descrición do obxecto: enxertos vasculares de PFTEe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: restrinxido.

Forma: procedemento negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 32.955.144 ptas. (198.064,40 euros).

5. Adxudicación.

Data: 13 de outubro de 1999.

Contratistas:

W.L. Gore y Asociados, S.L. 32.955.144 ptas. (198.064,40 euros).

Orzamento total: 32.955.144 ptas. (198.064,40 euros).

A Coruña, 13 de outubro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña