Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 19 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de iniciación do expediente sancionador S-28/99 seguido contra Hamburguesería Portos.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, (BOE do 27), faise público o acordo de iniciación recaído no expediente sancionador que se indica e que se segue nesta delegación provincial de ó presunto infractor que no anexo se sinala, xa que, intentándose a súa notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70.

Contra o dito acordo de iniciación poderá formular alegacións e presenta-las probas que coide pertinente en defensa dos seus dereitos, no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Ó mesmo tempo advírteselle que, transcorrido o dito prazo, seguirá o expediente o trámite ordinario podendo ser considerado o acordo de iniciación como proposta de resolución, no caso de que non se fagan alegacións (artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE do 9).

ANEXO

Expediente: S-28/99.

1. Interesado e domicilio coñecido: Hamburguesería Portos (Marcos Porto Veiga), DNI 33.328.914. r/ 18 de Xullo, nº 128, 27004 Lugo.

2. Feitos imputados: o día 24 de abril de 1999 os Servicios Veterinarios Oficiais de Saúde Pública da zona de Lugo levantaron neste establecemento acta de inspección serie A-I nº 98186, de comprobación das actas serie A-I nº 97668 do 5 de febreiro de 1999 e serie A-I nº 98723 do 24 de febreiro de 1999, nas que se fan consta-las seguintes irregu

laridades, incumprindo a normativa sanitaria dos comedores colectivos: 1. Necesidade de mellora-la limpeza xeral, e 2. Incapacidade para poñer en funcionamento a cambota extractora de fumes.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.A).3ª da Lei 14/1986, de 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º 1 e 2.2º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; capítulo I, puntos 1 e 5; 1º parágrafo e punto b) do capítulo V do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios; artigos 4.5º, 5.3º, 6.1º e 6.2º do Real decreto 2817/1983, do 13 de outubro, polo que se aproba a regulación técnico-sanitaria dos comedores colectivos.

De acordo co artigo 35.A).30 da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade, este feito constitúe unha infracción sanitaria que pode ser cualificada como leve, e polo tanto de acordo co artigo 36.1º a) da citada lei, sancionarse con multa de ata cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.).

Lugo, 19 de outubro de 1999.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo