Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T., R.B.T. Casar, Forno, O Cereixal, no concello de Becerreá. (Expediente 11/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45 Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Visto que na fase de información pública presentáronse neste expediente as seguintes alegacións:

1º Unha de Carmen Souto Fontela, quen manifesta que o predio nº 1 dos afectados por este proxecto de execución no tramo da L.M.T. derivación a Furco, lugar da Penela, con respecto ó cal foi proposta a alegante como propietaria, non é da súa propiedade.

2º Outra de Carmen Souto Fontela, quen manifesta, con respecto ó predio nº 2 dos afectados polo presente proxecto de execución no tramo derivación ó C.T. de Forno da Cal, o seu rexeitamento ó trazado da liña por atravesar de maneira transversal o citado predio cando se podería traza-la liña polos lindeiros do predio ou por un lateral co que o prexuízo sería moi inferior.

Esta delegación provincial entende que as devanditas alegacións non impiden proseguir coa tramitación do expediente nin deben ser tidas en conta por canto:

1º Con respecto á primeira alegación de Carmen Souto Fontela, porque unha vez identificado o predio no terreo, se aclarou que este é propiedade da alegante.

2º Con respecto á segunda alegación de Carmen Souto Fontela, ó observarse que o trazado da liña no tramo derivación ó C.T. de Forno da Cal, segundo

os planos que constan no proxecto, segue efectivamente o lindeiro dos predios 1 e 2 e non cruza transversalmente o predio da alegante.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polo decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea derivación ó C.T. de Forno da Cal, de 20 kV, con orixe na L.M.T. Becerreá-Baralla e remate no C.T. de Forno da Cal, cunha lonxitude de 0,051 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, nº apoio/tipo 1/H.V.H. e largo de afección 10 m.

2. Liña de media tensión aérea, derivación ó C.T. de Furco, de 20 kV, con orixe na L.M.T. Becerreá-Baralla e remate no C.T. de Furco, cunha lonxitude de 0,345 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, nº de apoio/tipo 3/H.V.-H.V.H. e largo de afección 10 m.

3. Centro de transformación intemperie de Forno da Cal, situado en Forno da Cal, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie de Furco, situado en Furco-Casar, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Centro de transformación non prefabricado do Cereixal, situado no Cereixal, cunha poten-

cia de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

6. Liña de baixa tensión aérea en Forno da Cal, con orixe no C.T. de Forno da Cal, cunha lonxitude de 1,13 km e nº de apoios/tipo 21/H.V.

7. Liña de baixa tensión aérea en Furco-Casar con orixe no C.T. de Furco, cunha lonxitude de 1,99 km e nº de apoio/tipo 24/H.V.

8. Liña de baixa tensión aérea no Cereixal-Arco con orixe no C.T. do Cereixal cunha lonxitude de 3,4 km e nº de apoios/tipo 45/H.V.-MAD.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia

ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 11 de maio de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 12 de xuño de 1999, DOG do 17 de xuño de 1999 e no diario El Progreso do 8 de xuño de 1999, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante este delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 7 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo