Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999 pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza no Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense, dependente desta consellería. (Expediente 12/1999).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 12/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e o IESP de Ourense, dependente desta consellería.

b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) e o IESP de Ourense.

c) Prazo de execución: desde o 1 de decembro de 1999 ata o 30 de xuño do 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 37.256.457 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

1. Información:

a) Entidade: oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n. Santiago de Compostela e delegacións provinciais.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Domicilio: San Caetano s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1999.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria