Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso de asistencia técnica para a realización dun estudio de avaliación da viabilidade técnica e económica da implantación dun tren lixeiro na conurbación de Vigo, polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización dun estudio de avaliación da viabilidade técnica e económica da implantación dun tren lixeiro na Conurbación de Vigo.

b) Prazo de execución : cinco (5) meses.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: odinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado: 20.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 400.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, e o prego de prescripcións técnicas poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da C.P.T.O.P.V.; e na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non é necesaria.

b) Outros requisitos.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira precisamente referido ó traballo obxecto de licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1º. Copias autenticadas das titulacións do persoal do equipo redactor do estudio, especificado no apartado 17 (equipo do consultor), do prego de prescricións técnicas.

2º. Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúan importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Alternativamente poderase acredita-la solvencia mediante certificación vixente de esta-la empresa clasificada no grupo I, subgrupo 1, categoría B.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; pediu enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de Contratación do Estado.

Domicilio: San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás doce horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG do 21)

José Antonio Fernández Vázquez.

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda