A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, convoca o seguinte concurso público aberto.
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Economía e Facenda.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.
Número de expediente: 99/05/1131.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: realización do traballo de informes técnicos sobre a execución das obras subvencionadas polo fondo de cooperación coas entidades locais para 1999.
Lugar de execución: provincia de Pontevedra.
Prazo de execución: desde a formalización do contrato seis meses naturais.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 9.388.633 ptas., IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: 234.625 ptas.
Definitiva: 4% do orzamento da licitación.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.
Domicilio: San Caetano, s/n.
Localidade: 15702 Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 54 51 32.
Telefax: 981 54 51 33.
Data límite da obtención: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clafisificación e categoría: non se esixe.
8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.
Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicacion desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.
Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como
anexo II ó prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura de ofertas.
Entidade: mesa de contratación da Consellería de Economía e Facenda.
Domicilio: San Caetano, s/n.
Localidade: Santiago de Compostela.
Data: ás dez horas do décimo primeiro día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.
Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1999.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda