Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da contratación dunha asistencia técnica sobre a execución dos traballos de informes técnicos sobre a execución das obras subvencionadas polo fondo de cooperación coas entidades locais para 1999 correspondentes á provincia de Ourense.

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Econó

mica e Fondos Comunitarios, convoca o seguinte concurso público aberto.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Número de expediente: 99/05/1133.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: realización do traballo de informes técnicos sobre a execución das obras subvencionadas polo fondo de cooperación coas entidades locais para 1999.

Lugar de execución: provincia de Ourense.

Prazo de execución: desde a formalización do contrato seis meses naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 16.894.345 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 337.887 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento da licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Domicilio: San Caetano, s/n.

Localidade: 15702 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 51 32.

Telefax: 981 54 51 33.

Data límite da obtención: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clafisificación e categoría: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicacion desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como anexo II ó prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: mesa de contratación da Consellería de Economía e Facenda.

Domicilio: San Caetano, s/n.

Localidade: Santiago de Compostela.

Data: ás dez horas do décimo primeiro día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda