Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.265

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal xulgador do proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal estatutario das institucións sanitarias do Sergas do grupo de xestión da función administrativa, polo que se convocan os aspirantes á lectura do terceiro exercicio da fase de oposición.

O parágrafo 3º da letra B) do anexo III, da Resolución do 28 de decembro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se convocou o concurso-oposicón para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, estableceu, con referencia ó 3º exercicio da fase de oposición que, con posterioridade á súa realización, «os aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública ante o tribunal, que poderá dialogar co opositor durante 10 minutos sobre aspectos dos temas desenvoltos».

Adoptado acordo polo tribunal sobre o lugar, a data e a hora en que dará comezo á lectura do terceiro exercicio, de conformidade co punto 7 da letra A) da súa base sexta,

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar para a lectura do terceiro exercicio que terá comezo o vindeiro luns, 15 de novembro de 1999, ás 16.30 horas na sala A, do edificio administrativo do Servicio Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, os seguintes aspirantes: Barbazán Iglesias, María Salomé; Barreiro Esperón, María Pilar; Barreiro Ponte, Ana Isabel; Barros Martínez, Manuel; Blanco Socas, María Isabel.

Segundo.-O chamamento será único e quedarán excluídos os aspirantes que non comparezan nel.

Recórdaselles ós aspirantes que deberán ir provistos de documento nacional de identidade.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Sergas