Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 136/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícase á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído por esta delegación provincial, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral

de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 136/1999.

Denunciado/a: Salgado Frutas, S.L.

Derradeiro enderezo coñecido: San Fins, Vimianzo.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: quince mil pesetas.

A Coruña, 8 de setembro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña