Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 8 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do recurso de alzada interposto contra o expediente sancionador Secretaría 286/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notíficase á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do conselleiro de Sanidade e Sercicios Sociais, do 3-9-1999 pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a resolución desta delegación provincial, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, segundo o artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1998, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998

Expediente sancionador: Secretaría 286/1998.

Denunciado: Manuel Abucide Ferreiro, Mesón Fontiñas.

DNI/CIF: 33.163.567 M.

Último enderezo coñecido: Estocolmo, Santiago de Compostela.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.

A Coruña, 8 de outubro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña