Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/157-2, 5063 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. e enlace con R.B.T. nas Leiras. Montouto (Abadín).

Situación: Abadín.

Características técnicas: L.M.T., aérea ó C.T. de Montouto de 10 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. L.M.T. aérea ó C.T. das Leiras de 1.278 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. C.T. de intemperie de Montouto de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. C.T. intemperie das Leiras de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aéreas en Montouto e As Leiras a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. para enlace coas redes existentes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Lugo, 27 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo