Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/115-2, 5221 A.T.).

Ós efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Ciudad de Viveiro, 4. 27002-Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. Praza do Rei (Lugo)

Situación: Lugo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea o C.T. da Praza do Rei de 61 metros a 20 kV baixo tubo en conductor D.H.Z.1. C.T.I. subterránea prefabricado da Praza do Rei de 630 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V. R.B.T. subterránea do C.T. Praza do Rei de 116 metros a 380/220 V baixo tubo en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presneta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo