Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde

de 23 de decembro de 19993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Actuacións complementarias na nova estrada de unión de Cambados coa vía rápida do Salnés.

Adxudicatario: UTE CIMSA-Constructora San José, S.A.

Orzamento: 73.745.200 ptas.

-Nova estrada de enlace desde AC-543 a N-550 Vidán-A Rocha. Conexións novo hospital clínico.

Adxudicatario: Francisco Gómez y Cía, S.L.

Orzamento: 34.463.255 ptas.

-Mellora do trazado da estrada PO-300 (Pontevedra-Cambados) p.k. 12,000.

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 52.527.225 ptas.

-Acondicionamento da estrada LU-212. Treito: Monterroso-Taboada.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 374.655.688 ptas.

-Acondicionamento da plataforma e reforzo do firme con mestura bituminosa en quente. Camiño de Santiago C-535 Becerreá-Vendas de Narón. Treito: Sarria-Paradela.

Adxudicatario: Francisco Gómez y Cía, S.L.

Orzamento: 140.542.000 ptas.

-Acondicionamento da plataforma e reforzo do firme con mestura bituminosa en quente. Camiño de Santiago C-535 Becerreá-Vendas de Narón. Treito: Paradela-Portomarín.

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 121.821.818 ptas.

-Acondicionamento da travesía de Malpica na estrada AC-420 de Buño a Malpica, 2ª fase entre p.k. 16,850/17,600 e p.k. 17,923/18,096.

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 23.210.092 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto por fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda