Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.182

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 199/1999, interposto por José Luis Castro Núñez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número dous

da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 199/1999, interposto por José Luis Castro Núñez, contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de xuño de 1999, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Xunta de Galicia (DOG nº 124, do 30 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública