Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Salceda-A Paxariña.
Situación: Salceda de Caselas.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 1.078 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a L.M.T. Salceda-Praza, rematando no C.T. que se proxecta na Paxariña, Concello de Salceda
de Caselas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 72 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 24 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra